Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
Áreas: Psicoloxía Social
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Mostrar os procesos psicosociais básicos que activan as percepcións, actitudes e crenzas que facilitan a expresión de diferentes formas de violencia.
- Expoñer a relevancia da perspectiva psicosocial nas diferentes formas de violencia interpersoal e intergrupal.
- Explicar diferentes estratexias de prevención e intervención nas distintas formas de violencia.
Aproximación conceptual ao problema da violencia
1.- Os diferente rostros da violencia
Dimensións persoais, sociais e culturais da violencia. Contextos da Violencia. Niveis de prevención e intervención.
Violencia interpersoal e en grupo
2.- Violencia e xénero. A aprendizaxe do xénero e a violencia nos contextos de socialización. Masculinidade como factor de risco/ feminidade como factor de protección. Sexo, xénero e manifestacións da agresión. O factor xénero nos programas de prevención e intervención social.
3.- Violencia grupal e xuvenil.
Modelos teóricos da violencia de bandas e a violencia xuvenil. Violencia intergrupal xuvenil: bandas e cuadrillas. Programas de prevención e intervención en violencia grupal.
Violencia social e política
4.- Causas e prevención dos crimes de obediencia.
Do experimento de Stanford ao cárcere de Abu Graib. O poder da situación. Estratexias fronte ás influencias contextuais.
5.- Violencia política e terrorismo.
Conflito e violencia política. Crenzas lexitimadoras da violencia.
6.- Negociación e reconciliación Política.
Prevención e estratexias de negociación. Apoio ás vítimas e reconstrución social.
Contido para as sesións interactivas-seminarios
Están planificadas 8 sesións de 85 minutos de duración cada unha, que se realizará ao longo de 8 semanas, que corresponderán cos diferentes temas da materia.
As sesións interactivas farán uso de material audiovisual, textos, instrumentos de avaliación e programas de prevención e intervención. Parte das sesións interactivas dedicaráse a seminarios dedicados á elaboración dos proxectos finais do alumnado.
MANUAIS BÁSICOS:
Sabucedo, J.M. y Sanmartín, J. (2007). Los escenarios de la violencia. Barcelona: Ariel
Roca, N. y Masip, J. (2011). Violencia Sexista. Barcelona: Herder. [Dispoñible en Ebook]
MATERIAL COMPLEMENTARIO:
Alzate, M., Durán, M. & Sabucedo, J.M. (2015) Agresión y violencia. En J.M. Sabucedo y J.F. Morales. Psicología Social (pp. 217-237). Madrid: Editorial Médica Panamericana.
Alzate, M., Sabucedo, J. M. y Durán, M. (2014). Eight Cultures of Peace Indicators Applied to Colombian Conflict During 2002–2006. En Sacipa-Rodriguez, S. y Montero, M. (Eds.) Psychosocial Approaches to Peace-Building in Colombia. (pp. 137-152). Estados Unidos: Springer. [Dispoñible en Ebook]
Arias, A. (2007). Psicología Social de la Agresión. En J.F. Morales, M. Moya E. Gaviria, e I. Cuadrado (Eds.), Psicología social (3º edición). Madrid: McGraw Hill, pp. 415-440
Blanco, A., Del Águila, R. Y Sabucedo, J.M. (2005) Madrid 11-M : un análisis del mal y sus consecuencias. Madrid: Trotta
Baron, R.A. y Byrne, D.(2008): Agresión: su naturaleza, causas y control. En R.A. Baron y D. Byrne (Eds.), Psicología Social. Madrid: Pearson, pp. 445-485 [Dispoñible en Ebook]
Consejo general de colegios de psicólogos de España y Psicofundación (2019). Guía para una atención de calidad a víctimas del terrorismo. Madrid: Ministerio del Interior [Disponible on line]
Fernández- Villanueva, C. (ed). (1998). Jóvenes violentos. causas psicosociológicas de la violencia en grupo. Barcelona: Icaria-Antrazyt
García-Mina, A. y Carrasco, M. J. (Eds.) (2003). Violencia y género. Madrid: Universidad Pontificia Comillas
Kruglanski, A., Sharvit, K. Fishman, S. (2011) Woking of terrorist mind Its individual, group,and organizational psychologies. En D. Bar-Tal (Ed). Intergroup conflict and their resolution (pp.195-216). London: Psychology Press.
Milgram, S. (1979). Obediencia a la autoridad. Bilbao: Desclée de Brouwer, D.L.
Páez, D., Martín Beristain, C., González, J.L., Basabe, N., y de Rivera, J. (Eds.) (2011) Superando la violencia colectiva y construyendo culturas de paz. Madrid: Editorial Fundamentos.
Ruiz-Jarabo, C.(2004). La violencia contra las mujeres. Prevención y detección. Madrid: Díaz de Santos. [Dispoñible en Ebook]
Sabucedo, J. M., Durán, M., Alzate, M. y Dono, M. (2018). Intervención en violencia política. En AAVV. Formación Continuada a Distancia. Consejo General de Colegios Oficiales de Psicólogos. (pp. 1-27). España: FOCAD.
Scandroglio, B. (2009). Jóvenes, grupos y violencia. Barcelona: Icaria.
Scandroglio, B. y López-Martínez, J.S. (2013). la violencia grupal y juvenil. Psicología Política, 46, 95-115 [disponible on line]
Zimbardo, P. (2008). El efecto lucifer: el porqué de la maldad. Barcelona: Paidós
A súa vez, as/os estudantes terán a súa disposición, no Campus Virtual, diferentes seccións de apoio á docencia, nas que atoparán multitude de ferramentas e recursos.
Competencias específicas da titulación ás que contribúe a materia:
1. Coñecer as funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía.
5. Coñecer os principios psicosociais que interveñen no comportamento dos individuos e no funcionamento dos grupos e das organizacións.
8. Saber identificar as necesidades e demandas dos destinatarios nos diferentes campos de aplicación e establecer as metas da actuación psicolóxica.
12. Saber definir os obxectivos, elaborar o plan e as técnicas de intervención en función das necesidades e demandas dos destinatarios, e avaliar os seus resultados.
15. Axustarse ás obrigas deontolóxicas da Psicoloxía.
Específicas:
- Que os/as estudantes coñezan a relevancia da perspectiva psicosocial na explicación dos distintos rostros da violencia.
- Que os/as estudantes sexan capaces de identificar diferentes situacións de risco de violencia en distintos contextos.
- Que os/as estudantes sexan capaz, a un nivel básico, de avaliar e deseñar estratexias de prevención e intervención nos diferentes contextos de violencia.
- Que os/as estudantes orienten a súa actuación profesional polos valores de respecto e igualdade.
Combinaranse as seguintes metodoloxías:
Sesións expositivas (26 sesións de 55 minutos). Nelas farase fincapé nos contidos relevantes para cada tema teórico, co apoio de material audiovisual existentes na aula.
Sesións interactivas-seminarios (8 sesións de 85 minutos cada unha). Estas actividades resaltarán o traballo en grupo para fomentar tanto a discusión sobre a problemática psicosocial como para ampliar o coñecemento que se expón nas sesións teóricas.
Utilizaráse unha metodoloxía de Aprendizaxe e Servizo, destinada á que os alumnos e alumnas incorporen e utilicen o seu coñecemento a un proxecto de servizo á comunidade a través dunha colaboración cunha entidade do terceiro sector. As alumnas terán como encargo realizar un proxecto atendendo ás necesidades desta institución, que terá un importante peso específico na súa avaliación.
PARTE TEÓRICA:
Avaliarase mediante o exame oficial (50%), que se realizará en data aprobada pola Xunta de Facultade.
PARTE INTERACTIVA:
Requírese unha asistencia mínima a 6 das sesións interactivas programadas. Nas mesmas faráse un seguimento individual do traballo ao que se outorgará un 15% da nota final da materia.
PROXECTO FINAL DE INTERACTIVAS:
O proxecto final de interactivas, que estará ligado á metodoloxía de aprendizaxe e servizo, valoraráse cun 35% da nota final.
O alumnado excepcionalmente dispensado de asistencia, de acordo coa instrución 1/2017 da Secretaría Xeral da Universidade de Santiago de Compostela (http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/goberno/secxeral/in…) deberá realizar individualmente un traballo compensatorio sobre o contido das sesións interactivas (25% da cualificación) e o exame oficial (75% da cualificación). O profesorado indicará en titorías persoais as características das sesións interactivas.
O/a estudante debe dedicar un total de 110 horas, das cales 39 serán presenciais e 67.5 de traballo persoal.
Jose Manuel Sabucedo Cameselle
- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Social
- Teléfono
- 881813789
- Correo electrónico
- josemanuel.sabucedo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Monica Alzate Garcia
- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Social
- Teléfono
- 881813804
- Correo electrónico
- monica.alzate [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Marcos Dono Martin
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Social
- Teléfono
- 881813893
- Correo electrónico
- marcos.dono.martin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Laura Docampo López
- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Social
- Teléfono
- 881813783
- Correo electrónico
- laura.docampo.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 11 |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 10 |
Xoves | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 8 |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 11 |
17.12.2024 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 |
17.12.2024 16:30-18:30 | Grupo de exame | Aula 3 |
17.12.2024 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
17.12.2024 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 |
17.12.2024 16:30-18:30 | Grupo de exame | Aula 6 |
17.12.2024 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
17.12.2024 16:30-18:30 | Grupo de exame | Aula 7 |
17.12.2024 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
17.12.2024 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 7 |
18.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 1 |
18.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
18.06.2025 12:30-15:00 | Grupo de exame | Aula 1 |
18.06.2025 12:30-15:00 | Grupo de exame | Aula 2 |
18.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 2 |
18.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |