Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Servizo de Xenética Forense

A Xenética Forense é a disciplina científica que utiliza todas as ferramentas e o coñecemento científico actual no campo da Xenética para dar respostas a todas estas situacións.


En moitos casos, a identificación de persoas e o establecemento de relacións biolóxicas de parentesco é un elemento esencial para resolver problemas de diverso tipo (relacións de paternidade ou parentesco, identificación de antepasados, procesos de reagrupamento familiar, adopcións, desaparicións), ou mesmo casos xudiciais penais (identificación de sospeitosos de crimes violentos, asaltos sexuais...).

O INCIFOR ofrece unha completa carteira de servizos de análises de Xenética Forense do máximo nivel científico, innovadores e con rigorosos controis de calidade, froito do traballo ininterrompido durante máis de 30 anos realizado por investigadores expertos altamente cualificados.

Como servizo de análise de polimorfismos de ADN en casos de investigación criminal, o INCIFOR é requirido por organismos policiais, tanto estatais como estranxeiros, para a súa colaboración na resolución de casos de mestura de ADN, extracción e análise de mostras altamente degradadas e predición de características físicas e orixe bioxeográfica en casos en ausencia de sospeitosos. O laboratorio de Xenética Forense do INCIFOR, é un laboratorio de ensaio acreditado por ENAC con acreditación nº 998/LE1900 de acordo á norma UNE-EN ISO/IEC 17025 (2017), recoñecemento da competencia técnica dos nosos ensaios, obtendo a acreditación no ano 2012.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.03.2025.