Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Servizo de Clínica e Patoloxía Forense

O Servizo de Clínica e Patoloxía Forense do INCIFOR posúe unha ampla experiencia en investigación aplicada no ámbito das Ciencias Forenses.

Imaxe de Hasty Words en Pixabay

A súa actividade oriéntase ao desenvolvemento de novos métodos e estratexias para a resolución de cuestións importantes de Patoloxía Forense (data da morte, causa e etioloxía médico-legal da morte, identificación persoal...) e de Clínica Forense (avaliación do dano corporal, violencia de parella...).

Ademais, realiza actividades de investigación en diversos temas de actualidade en ética aplicada á clínica.

Un dos obxectivos actuais do Servizo é o estudo da violencia contra a muller. Para iso impulsáronse iniciativas relacionadas con este tema, como a creación dun grupo de traballo multidisciplinar, con persoal do ámbito xurídico e social, e que deu lugar a varios proxectos de investigación sobre esta cuestión. Así mesmo, formalizouse un convenio de colaboración entre a USC e a Fiscalía de Galicia para unha investigación en profundidade deste problema no noso medio.
 

Liñas de investigación do grupo

  • Avaliación do dano corporal
  • Reacción vital e datación da morte
  • Violencia de parella
  • Identificación médico-legal.

Peritaxes

  • Informes e ditames sobre avaliación do dano corporal.
  • Informes e ditames sobre Patoloxía Forense.
  • Informes e ditames sobre responsabilidade médica no ámbito penal, civil e patrimonial da Administración.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.04.2024.