Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Revista Gladius et Scientia

A Revista de Estudos de Seguridade do CESEG, titulada Gladius et Scientia, posúe un carácter multidisciplinar que trata de abranguer o sentido multifacético da seguridade actual.

Cabeceira de Gladius et Scientia

Con revista quérese avanzar nos obxectivos declarados polo CESEG, que se traducen na mellora da nosa calidade democrática e da vida en sociedade dende o estudo e análise científicos. Preténdese reunir na revista a primeiro nivel que ofrezan as súas reflexións sobre temas de actualidade, coa finalidade de achegar solucións e avanzar no coñecemento.

Para unha mellor sistemática nestas análises, cada número dedícase monograficamente, con periodicidade anual, a un determinado tema. Con todo, contémplase a posibilidade de publicar números especiais sobre cuestións novidosas.

Todas as persoas interesadas na investigación sobre defensa e seguridade pode enviar o seu artigo a través do sistema habilitado, ou escribir un correo electrónico a ceseg.revista@usc.es coas súas achegas e consultas.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.04.2024.