Ir o contido principal

Centro de Estudos da Empresa: Responsabilidade Social e Competencia (CERGI)

O Centro de Estudos da Empresa: Responsabilidade Social e Competencia da USC, é un centro mixto pertencente a USC e a Xunta de Galicia, que desenvolve labores de investigación, formación e difusión nas materias obxecto das súas liñas de investigación.

O CERGI anteriormente denominouse Centro de Responsabilidade Social, Goberno Corporativo e Protección do Investidor, pero na sesión de 30 de abril de 2021, o Consello de Goberno da USC aprobou o cambio da denominación coa finalidade de ampliar o seu ámbito de actuación, sempre desde a perspectiva da sustentabilidade. O CERGI foi creado no ano 2011 —o Consello de Goberno da USC informou favorablemente a creación do Centro na sesión de 5 de maio de 2011 e posteriormente foi aprobada a súa creación polo pleno do Consello Social celebrado o día 27 de xuño de 2011—, como froito do labor de investigación de moitos anos dos seus membros. Na actualidade reforzou a súas actuacións con prestixiosas incorporacións e proxectos de formación.

Contacto

Enderezo: Facultade de Dereito. Área de Dereito Mercantil, 3.º andar. Campus Vida (Campus Universitario Sur). 15782. Santiago de Compostela
Email: cergi [at] usc.es (cergi[at]usc[dot]es)
Horario: Martes e mércores de 10.00 a 13.00 horas na Secretaría do CERGI (Facultade de Dereito, Área de Dereito Mercantil, 3.º andar)

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.05.2024.