-
- Código
- MP0206
- Tipo
- Máster de Formación Permanente
- Modalidade
- Presencial
- Duración
- 2 anos
- Créditos
- 60.0
- Curso
- 2024-2025
- Prezo
- 3.050,00€
- Centro
- Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
- Dirección
- Javier Bueno Lema
- Contacto
Departamento / Centro Organizador
Información:
Enxeñaría AgroforestalJavier Bueno Lema
Procedemento
javier.bueno@usc.es
Escola Politécnica Superior de EnxeñaríaDatas
Duración: 13/09/2024 - 10/03/2026
Preinscrición: 01/06/2024 - 30/06/2024
Matrícula: 08/07/2024 - 22/07/2024Número alumnos/as mínimo: 12
Número alumnos/as máximo: 12Seguro obrigatorio:
20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)Este curso engloba os seguintes cursos de posgrao ou formación continua:
Código Nome do curso MP0206-FD0216 Curso de Formación Específica de Alimentación na Produción de Leite MP0206-FD0217 Curso de Formación Específica de Economía da Explotación de Leite -
Requisitos de acceso
Graduados, máster, diplomados, licenciados e enxeñeiros técnicos e superiores. Poderán ser admitidos os alumnos aos que lles reste por superar o TFG e, como máximo de 9 créditos ECTS para obter a titulación de acceso requirida. Non obstante, o título de máster propio expedirase unicamente para aqueles alumnos que acrediten a titulación de acceso requirida antes de acabar o ano académico no que remata o máster.
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP na columna de novidades ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropiosAcceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
Establecerase unha prelación de candidatos atendendo ós seguintes criterios: 1) Expediente académico (ata 5 puntos). Procederase a ponderar a nota media do expediente entre 5 puntos para a nota media máis elevada e 2 puntos para a nota media máis baixa. 2) Experiencia profesional e currículo relacionado co sector gandeiro en xeral e vacún leiteiro en particular (ata 3 puntos). 3) Orde de inscrición (ata 2 puntos). Procederase a ponderar entre 2 puntos para a primeira inscrición e 0 para a última.
Calendario de pagamento fraccionado
Prazo Importe Data 1 2.000,00€ 08/07/2024 - 22/07/2024 2 1.050,00€ 20/02/2025 - 02/03/2025 -
O Máster de Produción de Leite formúlase como resposta a unha demanda do sector produtor de leite de Galicia e da cornixa Cantábrica. A falla de técnicos cun perfil acaido as necesidades das explotacións é evidente, na actualidade non existe no eido universitario galego ningunha titulación que abranga a produción de leite dun xeito integral, como se fará no Master proposto. Os obxectivos xerais do Máster, tendo presente o séu carácter profesionalizante, defínense a partir das funcións e tarefas que o alumno deberá realizar co seu traballo técnico, de desenvolvemento e transferencia tecnolóxica.
A combinación de materias de produción de leite, xunto con outras de produción de forraxes, calidade e economía fan que este Master profesionalizante encaixe coa demanda de técnicos que ten o sector, sometido neste momento a unha dinámica empresarial moi esixente no referido a profesionalizacion dos técnicos.
Por último salientar que a oferta formativa ten un enfoque multidisciplinar e integral na que se conta con profesionais docentes de alto prestixio no eido da produción de leite, investigadores, docentes de Universidade e técnicos de empresas privadas, o que permite formular contidos interesantes, actuais e aplicables na produción de leite.
O noso enfoque metodolóxico baséase en cinco piares básicos:
- Clases presenciais con contidos teóricos e prácticos
- Estudos de casos e realización de exercicios
- Conferencias maxistrais de expertos nacionais e internacionais
- Visitas a instalacións.
- Prácticas tuteladas en empresas e cooperativas que están prestando os seus servizos no sector da Produción Leiteira en Galicia. -
Avaliación
Avaliacion continua das actividades realizadas tanto nas clases teóricas como prácticas (participación activa na aula, presentación de traballos, resolución de problemas e casos prácticos). Ó remate de cada materia realizarase unha proba sobre os contidos teóricos e prácticos da mesma. Unha vez teñan finalizado tódalas actividades docentes realizaráse un examen final dos contidos e unha avaliación do traballo fin de master que será exposto ante un tribunal constituido por tres docentes do Máster. Cabe a posibilidade de recoñecemento da experiencia profesional do alumnado como prácticas académicas externas (Prácticas en empresa).
Titorías
Independentemente das presenciais nos días de clase, abriranse titorias a través das TIC´s, podendo concertarse citas presenciais
-
Os venres de 16:00-21:00 H. e os sábados de 9:00-14:00 H.
-
Código Materia Créditos 1 Produción de Forraxes. 5.0 2 Morfoloxía, Fisioloxía e Manexo Sanitario da Vaca de Leite. 5.0 3 A Alimentación na Produción de Leite. 5.0 4 Instalacións e Benestar Animal. 5.0 5 Calidade do Produto. 5.0 6 Economía da Explotación de Leite. 5.0 7 Actividades Prácticas. 5.0 8 Traballo Fin de Máster. 12.5 9 Prácticas Tuteladas en Empresas. 12.5
Miga de pan
Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.07.2022.