Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Máster de Formación Permanente en Ordenación e Planificación do Territorio. Edición Internacional Latinoamérica.

  • Curso 2024-2025
  • Código
    MP0191
    Tipo
    Máster de Formación Permanente
    Modalidade
    Non Presencial
    Duración
    2 anos
    Créditos
    90.0
    Curso
    2024-2025
    Prezo
    2.000,00€
    Centro
    Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia
    Dirección
    Rubén Camilo Lois González
    Yamilé Pérez Guilarte
    Contacto

    master.ordenacion@usc.es

    Departamento / Centro Organizador
    Instituto de Estudios e Desenvolvemento de Galicia

    Información:

    Maricarmen Tapia Gómez

    +34881814449

    master.ordenacion@usc.es

    Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia

    Procedemento

    Datas
    Duración: 03/03/2025 - 03/04/2026
    Preinscrición: 04/11/2024 - 25/11/2024
    Matrícula: 02/12/2024 - 12/12/2024

    Número alumnos/as mínimo: 1
    Número alumnos/as máximo: 25

    Seguro obrigatorio:
    20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)

  • Requisitos de acceso

    Graos universitarios relacionados coas ciencias sociais e afíns (xeografía, economía, historia, socioloxía, grao en turismo, arquitectura, etc.).

    Preinscrición

    Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP na columna de novidades ou clicando aquí
    Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
    https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios

    Acceso a preinscrición e matrícula

    Sistema de selección

    As candidaturas para realizar o Máster seleccionaránse en función dos seguintes criterios: -Formación académica: 60% -Idiomas: 15% -Informática: 15% -Outros méritos: 10%

    Calendario de pagamento fraccionado

    Prazo Importe Data
    1 700,00€ 02/12/2024 - 12/12/2024
    2 300,00€ 15/05/2025 - 25/05/2025
    3 700,00€ 01/09/2025 - 11/09/2025
    4 300,00€ 01/12/2025 - 11/12/2025
  • Este mestrado ten dous obxectivos:
    1.- Permitir un perfeccionamiento en planificación, desenvolvemento local e ordenación do territorio.
    2.- Actualizar coñecementos e debater sobre os novos desafíos urbanos e territoriais.


    Cada materia será presentada polo profesorado nunhas xornadas en liña en directo que se celebrarán durante a primeira semana de docencia. Os contidos traballaranse mediante lecturas de textos e materiais didácticos que o profesorado poñerá a disposición do alumnado a través do campus virtual da USC. Ademais, o profesorado poderá facilitar clases gravadas ou convocar sesións en liña síncronas. A metodoloxía combina o traballo cos fundamentos teóricos de cada temática, a utilización de diferentes fontes de información e a análise de casos de estudo. O alumnado deberá realizar traballos de reflexión crítica sobre os temas abordados para superar cada materia, ademais dun traballo de fin de máster.

  • Avaliación

    Avaliación continua en liña a partir da entrega de traballos prácticos e a elaboración dun traballo de fin de máster.

    Titorías

    O profesorado de cada materia estará dispoñible para realizar titorías por correo electrónico e a través de conversas en liña.

  • De luns a venres: 18:00h -21:00h

    Observacións

    Curso impartido na modalidade NON PRESENCIAL. O horario indicado corresponde á docencia en liña que se impartirá de forma síncrona durante dúas tardes da semana do 3 de marzo de 2025 para presentar o mestrado e o programa das materias. Tamén neste horario realizaranse as titorías e as sesións síncronas que poida convocar o profesorado de cada materia.

  • Código Materia Créditos
    1 Fundamentos e Instrumentos de Ordenación Territorial. 5.5
    2 Globalización, Xeo-Economía e Xeografía do Desenvolvemento. 5.5
    3 Xestión e Planificación Ambiental do Territorio. 5.5
    4 O Potencial do Turismo Sustentable no Desenvolvemento Territorial. 5.5
    5 Cooperación Transfronteiriza para o Desenvolvemento: Estratexias, Prácticas e Proxectos. 5.5
    6 Xeotecnologías Aplicadas ao Desenvolvemento Territorial. 5.5
    7 Planificación de Espazos Fluviais e Litorais. 5.5
    8 Tecnoloxías Xeoespaciais e Análise Cartográfica. 5.5
    9 Novos Modelos de Gobernanza e Planificación Urbana. (2º Curso) 5.5
    10 Políticas Públicas e Gobernanza do Territorio. (2º Curso) 5.5
    11 Conservación da Natureza, Desenvolvemento e Relacións Comunitarias. (2º Curso) 5.5
    12 Enfoques para unha Xestión Sustentable do Territorio: Patrimonio Cultural, Vulnerabilidade e Desastres Socio-Naturais. (2º Curso) 5.5
    13 Desafíos Globais das Cidades no Século XXI. (2º Curso) 5.5
    14 Ordenación e Planificación do Territorio no Marco dos Instrumentos Internacionais. (2º Curso) 5.5
    15 Traballo Fin de Máster. (2º Curso) 13.0
Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.07.2022.