Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Máster de Formación Permanente en Medicina Oral, Cirurxía Oral e Implantoloxía II

  • Curso 2024-2025
  • Código
    MP0197
    Tipo
    Máster de Formación Permanente
    Modalidade
    Presencial
    Duración
    2 anos
    Créditos
    120.0
    Curso
    2024-2025
    Prezo
    12.000,00€
    Centro
    Facultade de Medicina e Odontoloxía
    Dirección
    Abel Garcia Garcia
    Andres Blanco Carrion
    Contacto

    abel.garcia@usc.es

    Departamento / Centro Organizador
    Departamento de Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas

    Información:

    Abel García García

    12357

    abel.garcia@usc.es

    Facultade de Medicina e Odontoloxía

    Procedemento

    Datas
    Duración: 02/09/2024 - 31/07/2026
    Preinscrición: 08/07/2024 - 15/07/2024
    Matrícula: 22/07/2024 - 29/07/2024

    Número alumnos/as mínimo: 3
    Número alumnos/as máximo: 8

    Seguro obrigatorio:
    20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)

  • Requisitos de acceso

    Graduados e Licenciados en Odontoloxía e Especialistas en Estomatoloxía

    Preinscrición

    Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP na columna de novidades ou clicando aquí
    Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
    https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios

    Acceso a preinscrición e matrícula

    Sistema de selección

    Valoración do currículo (20%); coñecemento de idiomas (10%); motivacións persoais e profesionais propostas por escrito (20%); entrevista persoal (50%)

    Calendario de pagamento fraccionado

    Prazo Importe Data
    1 3.000,00€ 22/07/2024 - 29/07/2024
    2 3.000,00€ 10/02/2025 - 20/02/2025
    3 3.000,00€ 18/07/2025 - 28/07/2025
    4 3.000,00€ 09/02/2026 - 19/02/2026
  • A formación máis profunda dos odontólogos e estomatólogos en certos aspectos da súa práctica diaria é unha necesidade social dentro da nosa área de coñecemento e polo tanto, unha actividade máis concreta na área de estomatoloxía dentro desta facultade. A odontoloxía, como o resto das ciencias da saúde, está a sufrir un constante cambio debido aos rápidos avances científicos e tecnolóxicos.
    A actualización e a investigación nas técnicas de tratamento tanto médico como cirúrxico é un obxectivo prioritario neste curso xa que cremos que a nosa universidade debe estar na vangarda neste aspecto e debe servir de canle para a súa difusión. Por outra banda, os programas de formación do Grao de Odontoloxía inclúen só parcialmente aspectos teórico-prácticos das técnicas médicas e cirúrxicas antes referidas. É polo que cremos oportuno a organización deste curso de posgrao.

  • Avaliación

    A avaliación teórica:
    - Exame tipo test dos 25 primeiros temas, que o alumno deberá superar de cara á obtención do título, pero sen condicionar o seguimento do curso.
    - Exame final de toda a materia impartida.
    A avaliación práctica: será unha avaliación continuada ao longo dos dous cursos.

    Titorías

    Individual e permanente.

  • Luns, martes, mercores, xoves e venres de 09:00-14:00 horas e de 16:00-20:00 horas

  • Código Materia Créditos
    1 Documentación en Medicina Oral, Cirurxía Oral. 4.5
    2 Cirurxía Dentoalveolar I. 3.5
    3 Patoloxía da Mucosa Oral. Lesións Elementais e Vesículo-Ampollosas. 5.0
    4 Técnicas de Cirurxía da Patoloxía Glandular. 4.5
    5 Cirurxía Preprotética. 4.5
    6 Patoloxía da Mucosa: úlceras. 4.5
    7 Patoloxía Tumoral Benigna e Maligna da Mucosa Oral. Precancro. 5.0
    8 Patoloxía Tumoral Benigna e Maligna ósea. 5.0
    9 Prótese Buco-Maxilofacial. 5.0
    10 Implantoloxía Dento-Bucofacial I. 5.0
    11 Cirurxía Dentoalveolar II. 4.5
    12 Alteracións Sanguíneas. 4.5
    13 Alteracións da Coagulación. 4.5
    14 Infeccións Bacterianas, Infeccións Micóticas e Infeccións Víricas. (2º Curso) 4.5
    15 Implantoloxía. (2º Curso) 4.5
    16 Cirurxía Periodental. (2º Curso) 5.0
    17 Patoloxía Médico-Cirúrxica da A.T.M. e Patoloxía Neurolóxica. (2º Curso) 5.0
    18 Patoloxía das Glándulas. (2º Curso) 5.0
    19 Tratamentos Combinados de Ortodoncia e Cirurxía Bucal. (2º Curso) 5.0
    20 Patoloxía Glandular: Litásica e Infecciosa. Patoloxía Tumoral. (2º Curso) 5.0
    21 Traumatoloxía Bucal. Cirurxía Dento-Alveolar III. (2º Curso) 5.0
    22 Patoloxía ósea. (2º Curso) 5.0
    23 Patoloxía de Repercusión Sistémica. (2º Curso) 5.0
    24 Oncoloxía Bucal. (2º Curso) 5.0
    25 Implantoloxía Dento-Bucofacial II. (2º Curso) 6.0
    26 Prácticas Tuteladas en Empresas. (2º Curso) 2.0
Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.07.2022.