- Código
- MP0198
- Tipo
- Máster de Formación Permanente
- Modalidade
- Presencial
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 60.0
- Curso
- 2024-2025
- Prezo
- 6.000,00€
- Centro
- Facultade de Medicina e Odontoloxía
- Dirección
-
Andres Blanco Carrion
Eva Otero Rey - Contacto
gamallo_ana [at] hotmail.com
Departamento / Centro Organizador
Departamento de Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
Ana Gamallo Moure
658892876
gamallo_ana [at] hotmail.com
Facultade de Medicina e Odontoloxía
Datas
Duración: 02/09/2024 - 31/07/2025
Preinscrición: 08/07/2024 - 15/07/2024
Matrícula: 22/07/2024 - 29/07/2024
Número alumnos/as mínimo: 6
Número alumnos/as máximo: 10
Seguro obrigatorio:
20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Requisitos de acceso
Licenciados e grados en Odontoloxía con disponibilidade horaria total que sexan profesionais odontolóxicos que estean colexiados con responsabilidade civil.
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP na columna de novidades ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
Currículo. Entrevista persoal.
Calendario de pagamento fraccionado
Prazo | Importe | Data |
---|---|---|
1 | 3.000,00€ | 22/07/2024 - 29/07/2024 |
2 | 3.000,00€ | 10/02/2025 - 20/02/2025 |
Os recentes cambios na demanda de servizos odontolóxicos unidos a unha cada vez máis mercantilizada práctica da Odontoloxía fainos prever unha importante transformación desta parcela das Ciencias da Saúde nos próximos anos. Por unha banda están : a diminución da natalidade e o envellecemento da poboación, a maior motivación da poboación polo coidado e a saúde bucodental, e a diminución da caries e/o pérdas dentarias fronte o incremento do interese polos problemas periodontais, a estética dentofacial, as patoloxías relacionadas coas articulacións temporomandibulais, as alteracións bucodentais dos pacientes con deformidades dentofaciais e/o discapacitados, medicamente comprometidos, etc; e por outra o considerable incremento de odontólogos que non reverte na mellora de calidade dos tratamentos odontolóxicos, senón nunha cada vez maior e desleal competencia que conduce o descrédito profesional. Ante este panorama, temos que ser conscientes da necesidade de introducir importantes cambios na formación dos profesionais da odontoloxía que fagan que esta sexa cada vez mellor e o máis actualizada posible, adaptándose ás necesidades da poboación e sen olvidarnos da ética profesional. Estos cambios pasan por unha formación especializada na investigación básica e clínica, a incorporación de novas probas diagnósticas e os máis recentes procedementos terapéuticos conduzan a unha práctica odontoloxíca basada na evidencia científica e adecuada á problemática individual e integral do paciente. A odontoloxía na súa aplicación práctica diaria, necesita no coñecemento de boas medidas diagnósticas e a aplicación terapéutica correcta tendo en conta as modificacións individuais, locais e sistémicas, non olvidando que a boca forma parte dun todo que é o organismo humano. Por iso se establecen os seguintes obxetivos concretos:-Realizan unha boa historia clínica odontolóxica que inclúa a exploración clínica oral e extraoral, así como os coñecementos de enfermidades sistémicas asociadas e/o medicación con posible repercusión na cavidade oral.-Coñecer os diferentes medios de diagnóstico complementarios necesarios utilizados en Odontoloxía.-Coñecer as medidas preventivas locais e sistémicas que eviten no posible a aparición de enfermidades na cavidade oral.-Coñecer as técnicas de diagnóstico e tratamento da patoloxía dos dentes.-Coñecer o diagnóstico e tratamento da patoloxía da encia e tecidos periodontais.-Coñecer o diagnóstico e tratamento da patoloxía da mucosa oral, así como manexo do paciente con patoloxía sistémica e medicamente comprometido.-Diagnosticar as anomalías da dentición e estruturas faciais e a corrección ortodóncica das mesmas.-Coñecemento das técnicas implantolóxicas na rehabilitación do individuo desdentado.-Diagnóstico e tratamento do individuo edéntulo mediante técnicas protéticas convencionais e sobre implantes.
Aplicación dos avances técnico-científicos na práctica odontolóxica diaria.
Avaliación
Continua:
-Teórico-práctica, actitude perante o paciente, os compañeiros e o profesorado
Final:
-Presentación de casos clínicos e traballos científicos desenvolvidos durante o máster.
Titorías
Individual e permanente
Luns, martes, mercores, xoves e venres de 09:00-14:00 horas e de 16:00-20:00 horas
Código | Materia | Créditos |
---|---|---|
1 | Ciencias Básicas en Odontoloxía. | 10.0 |
2 | Avances e Aplicacíón Práctica en Patoloxía e Terapéutica Dental. | 4.5 |
3 | Avances e Aplicación Práctica en Endodoncia. | 4.5 |
4 | Avances e Aplicación Práctica en Periodoncia. | 4.5 |
5 | Avances e Aplicación Práctica en Ortodoncia. | 4.5 |
6 | Avances e Aplicación Práctica en Patoloxía Oral. | 4.5 |
7 | Avances e Aplicación Práctica en Cirurxía Oral. | 4.5 |
8 | Avances e Aplicación Práctica en Implantoloxía Oral. | 4.5 |
9 | Avances e Aplicación Práctica en Prótese Estomatolóxica. | 4.5 |
10 | Urxencias na Consulta Odontolóxica. | 4.5 |
11 | Ergonomía, Organización Clínica, Ética Profesional. | 4.5 |
12 | Metodoloxía da Investigación. | 5.0 |
13 | Prácticas Tuteladas en Empresas. | 2.0 |