Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Diploma de Experto/a en Xestión e Innovación Cultural

  • Curso 2024-2025
  • Código
    FE0144
    Tipo
    Diploma de Experto/a
    Modalidade
    Híbrido
    Duración
    1 ano
    Créditos
    29.0
    Curso
    2024-2025
    Prezo
    1.740,00€
    Centro
    Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
    Dirección
    Maria Isabel Neira Gomez
    Sergio Lago Varela
    Contacto

    isabel.neira@usc.es

    Departamento / Centro Organizador
    Departamento de Economía Cuantitativa

    Información:

    MARIA ISABEL NEIRA GOMEZ

    11547

    isabel.neira@usc.es

    Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

    Procedemento

    Datas
    Duración: 04/10/2024 - 16/05/2025
    Preinscrición: 02/05/2024 - 31/08/2024
    Matrícula: 02/09/2024 - 15/09/2024

    Número alumnos/as mínimo: 30
    Número alumnos/as máximo: 35

    Seguro obrigatorio:
    20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)

  • Requisitos de acceso

    Os requisitos de acceso sos os mesmos que para os másteres oficiais da USC (www.usc.gal/gl/admision/master) . Poderá ser admitido nun Diploma de Experto/a o alumnado ao que lle reste por superar o TFG e, como máximo, 9 créditos ECTS correspondentes á titulación de acceso requirida. Neste caso, non poderá obter o Diploma de Experto/a quen previamente non obtivera o título de Grao

    Preinscrición

    Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP en Arquivo ou clicando aquí
    Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
    https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios

    Acceso a preinscrición e matrícula

    Sistema de selección

    Valoración de curriculum vitae. Entrevista persoal.

    Calendario de pagamento fraccionado

    Prazo Importe Data
    1 895,00€ 02/09/2024 - 15/09/2024
    2 845,00€ 11/11/2024 - 21/11/2024
  • Obxectivos

    Os contidos estrutúranse en tres bloques, que se ofrecen tamén como Cursos de Formación Específica:

    1) Análise e planificación estratéxica no sector cultural e creativo
    Obxectivos:
    - Comprender a configuración actual do ecosistema cultural e creativo, tanto desde a acción e políticas públicas como na esfera privada, empresarial e sociocultural.
    - Coñecer o marco profesional da xestión cultural, as diferentes formas xurídicas nas que se opera e os seus perfís especializados.
    - Adquirir as ferramentas para realizar diagnoses de ecosistemas culturais, entidades -públicas e privadas- e equipamentos.
    - Identificar e analizar as principais vías de financiamento para iniciativas culturais.

    2) Deseño e xestión de proxectos culturais
    Obxectivos:
    - Coñecer diferentes estratexias e metodoloxías de traballo práctico no sector cultural.
    - Identificar as singularidades na programación de contidos das diferentes disciplinas creativas.
    - Adquirir as ferramentas para deseñar, xestionar e avaliar proxectos e programas culturais.
    - Aproximarse a necesidades e perfís máis técnicos da xestión cultural: produción, xestión económica, plans de sustentabilidade e dereito cultural.

    3) Mediación, comunidades e comunicación cultural
    Obxectivos:
    - Coñecer estratexias e metodoloxías de mediación cultural situada, con impacto social no territorio, para construír comunidades.
    - Adquirir as ferramentas para deseñar e implementar un plan de comunicación cultural.
    - Incorporar unha visión integral da estratexia dixital nunha organización cultural.

    Competencias

    En canto ás metodoloxías pedagóxicas, combínanse clases presenciais dialogadas con traballos en grupo na aula, visitas guiadas a centros culturais, mesas redondas con axentes do sector e titorías personalizadas. Facilitando ás alumnas e alumnos que así o desexen a posibilidade de realizar prácticas opcionais en institucións culturais de referencia.

    Un elemento vertebral do Curso é o deseño en equipo por parte do alumnado dun proxecto integral de xestión cultural, que será tamén o traballo final a avaliar e que supón a parte de traballo non presencial do curso, sempre baixo unha atención titorizada. Empregaranse para este proceso en equipo as mesmas canles e ferramentas telemáticas que nun entorno profesional, introducindo por parte dos titores contidos adicionais de aplicación directa nos proxectos do alumnado.

  • Avaliación

    A) Entrega de proxecto grupal ou individual (traballo práctico).
    B) Sesión de presentación dos proxectos ante comité de profesionais en activo.
    C) Traballo individual de resumo sobre a temática dunha sesión do curso.

    Metodoloxía

    As titorías fixaranse persoalmente entre o equipo docente e o alumnado, xa que existe unha atención personalizada. Empregaranse para este proceso en equipo as mesmas canles e ferramentas telemáticas que nunha contorna profesional, introducindo por parte dos titores contidos adicionais de aplicación directa nos proxectos do alumnado.

  • As aulas desenvolveranse de 16:30 a 20:30 todos os venres lectivos do 04-10-2024 ao 16-05-2025, ademais dalgunha sesión un xoves ao mes no mesmo horario. As materias de "prácticas optativas" poderán desenvolverse entre o 10/01/2025 e o 30/09/2025.

  • Código Materia Créditos
    1 Marco Profesional da Xestión Cultural. 5.0
    2 Análise e Planificación Estratéxica. 5.0
    3 Estratexias e Metodoloxías na Xestión Cultural. 4.0
    4 Deseño de Proxectos Culturais. 6.0
    5 Mediación Cultural e Comunidades. 4.0
    6 Comunicación Cultural e Estratexia Dixital. 5.0
    7 Prácticas Tuteladas en Entidades (1). 5.0
    8 Prácticas Tuteladas en Entidades (2). 5.0
Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.07.2022.