Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Diploma de Experto/a en Avaliación para os servizos sanitarios

  • Curso 2024-2025
  • Código
    FE0156
    Tipo
    Diploma de Experto/a
    Modalidade
    Non Presencial
    Duración
    1 ano
    Créditos
    20.0
    Curso
    2024-2025
    Prezo
    1.400,00€
    Centro
    Facultade de Medicina e Odontoloxía
    Dirección
    Maria Leonor Varela Lema
    Monica Perez Rios
    Contacto

    leonor.varela@usc.es

    Departamento / Centro Organizador
    Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina

    Información:

    MARIA LEONOR VARELA LEMA



    leonor.varela@usc.es

    Facultade de Medicina e Odontoloxía

    Procedemento

    Datas
    Duración: 17/02/2025 - 31/08/2025
    Preinscrición: 07/01/2025 - 24/01/2025
    Matrícula: 25/01/2025 - 09/02/2025

    Número alumnos/as mínimo: 36
    Número alumnos/as máximo: 40

    Seguro obrigatorio:
    20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)

  • Requisitos de acceso

    Ter un título universitario oficial de graduado. Estar en posesión do título universitario oficial español -licenciado, arquitecto, enxeñeiro, enxeñeiro técnico, arquitecto técnico, diplomado- ou calquera outro título oficial equivalente. Posuír un título expedido por unha institución de educación superior doutro Estado do Espazo Europeo de Educación Superior que permita, nese país, o acceso a títulos de máster. Poderán acceder aos estudos de posgrao aquelas persoas que teñan un título expedido por unha institución de educación superior dun país alleo ao Espazo Europeo de Educación Superior se reúnen algún dos seguintes requisitos: Posuír un título expedido por unha universidade estranxeira que estea homologado ou declarado como título español que permita o acceso a estudos de posgrao. Posuir un título expedido por unha universidade estranxeira, allea ao Espazo Europeo de Educación Superior, sen homologación, sempre que se certifique previamente que o título universitario acredita un nivel de formación equivalente ao de título español de grao e que faculta no país expedidor o acceso aos estudos de posgrao.

    Preinscrición

    Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP en Arquivo ou clicando aquí
    Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
    https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios

    Acceso a preinscrición e matrícula

    Sistema de selección

    Para os efectos selectivos valoraranse os seguintes méritos: Licenciatura ou equivalente no ámbito das ciencias da saúde: 5 puntos Traballo actual na administración ou xestión sanitaria pública (administración central, autonómica, local, hospitais, centros de saúde, etc.): 20 puntos Anos traballados na administración ou dirección da sanidade pública: 0,2 puntos/ano traballado Certificación oficial de nivel avanzado de galego: 10 puntos

    Calendario de pagamento fraccionado

    Prazo Importe Data
    1 700,00€ 25/01/2025 - 09/02/2025
    2 700,00€ 11/04/2025 - 21/04/2025
  • Obxectivos

    OBXECTIVOS XERAIS:
    Coñecer o marco legal, clínico e organizativo da incorporación de medicamentos e outros dispositivos médicos en España e Europa.
    Coñecer a metodoloxía empregada na avaliación de tecnoloxías sanitarias
    OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:
    Coñecer o marco regulatorio que define o acceso ao mercado dos medicamentos e dispositivos médicos e os distintos modelos de avaliación.
    Ter coñecemento do ámbito internacional na Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias. Ámbito da Unión Europea e doutros entornos. Redes de colaboración e Sociedades Científicas.
    Coñecer os conceptos básicos e a metodoloxía empregada na avaliación de tecnoloxías sanitarias.
    Aprender a identificar, analizar e interpretar un informe de avaliación de tecnoloxías sanitarias e ser capaz de aplicar os coñecementos aprendidos á toma de decisións (clínicas, de xestión e organizativas).
    Coñecer o papel que xoga a avaliación de tecnoloxías sanitarias na toma de decisións no ámbito clínico e na política sanitaria.
    Coñecer os novos modelos de financiación e avaliación continuada de tecnoloxías de alto impacto.
    Valorar a utilidade dos sistemas de información en saúde (historias clínicas, rexistros de pacientes, enquisas de saúde, datos administrativos, biobancos, saúde móbil, etc) para a xestión clínica e a toma de decisións en saúde.
    Entender o papel que desempeñan os clínicos, pacientes e ciudadanía na avaliación de tecnoloxías sanitarias.
    Identificar os retos futuros e a importancia da colaboración multidisciplinar no ámbito da avaliación de tecnoloxías sanitarias.
    Valorar a utilidade do intercambio de coñecementos e experiencias cos profesionais da saúde no ámbito da avaliación de tecnoloxías sanitarias.

    Competencias

    Cada un dos temas comezará cunha clase expositiva inicial que terá lugar de modo síncrono na data prevista no calendario académico. Esta clase será grabada para a súa visualización posterior por parte do alumnado. Para impartir o resto da materia das clases, unha vez mantida a clase síncrona, utilizaranse distintas técnicas de ensino a distancia mediante as ferrementas proporcionadas pola plataforma Moodle (lección, foros de discusión, tarefas, etc.). Farase especial uso daquelas que favorecen a discusión e o traballo colaborativo.

  • Avaliación

    O peso do exame será como máximo do 70% e o peso da avaliación continua representará un mínimo do 30%. A avaliación será a seguinte:
    O sistema de avaliación continuada conxugará os distintos métodos que permite a ensinanza virtual. O seguimento das tarefas, a participación no foro, no glosario, nas leccións será monitorizado para valorar a adquisición de competencias por parte do alumnado e servirá para acadar unha cualificación da evaluación continua.
    A adquisición dos coñecementos adquiridos avaliarase mediante un exame de cada unha das materias que poderá incluír preguntas curtas, preguntas temáticas ou preguntas de resposta múltiple sobre todos os temas tratados nas clases explicativas e interactivas. As preguntas tipo test terán unha única resposta válida, sen negativas. O exame final cualificarase de 0 a 10. Para superar esta proba seré necesario aprobar este examen (5).

    Metodoloxía

    O curso estructurarse en clases expositivas e clases interactivas todas elas impartidas de modo virtual (sesións síncronas e asíncronas)

  • Luns, Mércores e Xoves de 16:00 horas a 20:00 horas

    Observacións

    O importe de matricula esta financiado en virtude do Convenio de Colaboracion entre a Axencia Galega para a Xestion do Coñecemento en Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela.

  • Código Materia Créditos
    1 Proceso de Investigación, Desenvolvemento e Regulación de Medicamentos e Outros Produtos Sanitarios. 3.0
    2 Proceso de Avaliación e Introdución no Sistema Público de Medicamentos e Outros Produtos. 3.0
    3 Procesos e Métodos Empregados na Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias. 6.0
    4 Sistemas de Información en Saúde. 3.0
    5 Participación nos Procesos de Avaliación e Información Dirixida a Sociedade. 2.0
    6 Retos e Oportunidades Futuras no ámbito da Avaliación de Tecnoloxías. 3.0
Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.07.2022.