- Código
- MP0202-CE0181
- Tipo
- Diploma de Especializacion
- Modalidade
- Híbrido
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 30.0
- Curso
- 2024-2025
- Prezo
- 2.450,00€
- Centro
- Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
- Dirección
-
Maria Emilia Vazquez Rozas
Miguel Angel Otero Simon - Contacto
mascomex [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Miguel Ángel Otero Simón
647 73 44 76
mascomex [at] usc.es
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Datas
Duración: 02/10/2024 - 28/03/2025
Preinscrición: 17/06/2024 - 19/09/2024
Matrícula: 20/09/2024 - 24/09/2024
Número alumnos/as mínimo: 1
Número alumnos/as máximo: 5
Seguro obrigatorio:
20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Este curso forma parte de:
Código | Nome do curso |
---|---|
MP0202 | Máster de Formación Permanente en Dirección e Xestión do Comercio Exterior |
Requisitos de acceso
Estar en posesión dun título universitario. Poderá ser admitido o alumnado ao que lle falte para obter esta titulación a realización do TFG, ou como máximo, 9 créditos ECTS. Neste caso, non poderá obter o título do curso se previamente non obtivese o título universitario que lle habilita para realizalo. A USC está inscrita no catálogo de especialidades da Fundación Estatal para a Formación no Emprego (FUNDAE), polo que as empresas que inscriban aos seus traballadores no mesmo poderán beneficiarse de bonificacións nas súas cotizacións á Seguridade Social.
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP na columna de novidades ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
Expediente académico. Coñecemento de idiomas. Experiencia profesional. Estancias no estranxeiro e entrevistas persoais en castelán e inglés.
Para poder acceder a un mercado laboral cada vez máis competitivo, non é suficiente posuír un título universitario, necesítase unha formación especializada, práctica e adaptada ás necesidades e demandas da empresa actual.
Desde os nosos inicios, no curso 1991-1992, a nosa misión é formar aos futuros directivos e técnicos especialistas en internacionalización de empresas, comercio exterior e negocios internacionais que demandan as empresas para desenvolver os seus negocios en mercados internacionais.
MASCOMEX pon ao dispor dos seus alumnos, a súa experiencia e o seu prestixio, para ofrecerlles un programa formativo pensado para as necesidades dos directivos internacionais do século XXI, co obxectivo último de conseguir a súa inserción laboral e contribuír significativamente á súa futura progresión e desenvolvemento profesional neste ámbito, altamente demandado polas empresas.
A formación que impartimos é totalmente práctica, por iso en todas as actividades formativas que realizamos, tanto os contidos como os docentes que os imparten están adaptados totalmente á realidade empresarial e, por suposto, tamén o está a nosa metodoloxía:
• noso temario cobre todos os coñecementos que debe manexar un directivo ou un técnico especializado que opera tanto no ámbito do desenvolvemento comercial, como na xestión de operacións en mercados internacionais.
• O noso claustro de profesores está formado fundamentalmente por directivos “seniors”, con máis de 20 anos de experiencia internacional, o que nos garante que acumulan o suficiente “background” para poder orientar, dunha forma adecuada e precisa, a aplicación dos coñecementos impartidos ás diversas realidades e problemas que xorden no ámbito internacional.
• A nosa metodoloxía é propia, xa que durante máis de 30 anos fomos desenvolvendo os nosos propios métodos de ensino, co obxectivo de preparar máis eficazmente os nosos alumnos para afrontar con éxito as complexas situacións que se presentan no mundo dos negocios internacionais.
Deste xeito, melloramos as ferramentas da formación tradicional, como as clases maxistrais ou o método do caso, introducindo novos métodos de formación que desenvolvemos máis efectivos e prácticos. Como, por exemplo, os seminarios “Da aula á empresa”, onde a formación sobre unha determinada temática é impartida e desenvolvida arredor dun caso ou situación real que se está producindo nunha empresa, e na que o profesor que imparte a materia é o propio directivo que a está afrontando e os alumnos trasládanse á empresa analizada, para conseguir unha inmersión na realidade da situación e da empresa, onde se reúnen con distintos técnicos e directivos que lles axudan a contextualizar e analizar a situación, sempre baixo a orientación do directivo que imparte a materia.
Deste xeito, a través da nosa metodoloxía conseguimos que os nosos alumnos, ademais de recibir unha excelente formación, desenvolvan diversas capacidades fundamentais para o seu desenvolvemento profesional, como:
• Adquirir unha visión totalmente práctica da realidade empresarial.
• Desenvolver unha elevada capacidade de análise e síntese de todo tipo de situacións e contextos.
• Alcanzar unha alta efectividade na toma de decisións en múltiples e complexas contornas internacionais.
• Lograr unha alta capacidade de comunicación en español e inglés.
• Despregar un amplo abanico de capacidades: liderado, negociación, coordinación e traballo en equipos multiculturais, etc.
Avaliación
Para a avaliación e cualificación do alumnado teranse en consideración os seguintes aspectos:
- A asistencia. Para superar o curso será necesario a asistencia, como mínimo, ao 70% das clases.
- Os exames que se realicen ao longo do curso. Para superar o máster será necesario obter polo menos o 50% da puntuación das probas avaliativas.
- Os casos, traballos e proxectos que se realicen ao longo do curso. Para superar o curso será necesario realizar e obter unha avaliación positiva en polo menos a metade das tarefas que se encomenden.
Titorías
Ademais dos seminarios que se imparten nas distintas materias que compoñen o contido do curso, o alumno poderá acceder a titorías presenciais personalizadas de luns a venres de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00 horas.
“FULL TIME” ou Tempo Completo: De luns a venres de 9:30 a 14:00 horas e/ou de 15:30 a 20:00 horas.
Observacións
A docencia impártese en formato “Face to Face”, de forma que o alumno poida participar e interactuar en todas as sesións cos profesores e os demais alumnos da clase, para que así poida obter o máximo proveito da nosa metodoloxía.
Ademais, para que o alumno poida completar plenamente a súa formación, todas as sesións serán gravadas para que aquelas a as que o alumno non puidese asistir de forma presencial no momento de impartirse (on-site ou on-line), poida acceder posteriormente a través da aula virtual, coa única excepción das ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS Á DOCENCIA como visitas a empresas, instalacións portuarias, institucións, etc.
Con carácter xeral, as clases das distintas materias impartiranse 3 ou 4 días á semana en horario de tarde, salvo as da materia “Business English” que se impartirán 2 días á semana en horario reducido de mañá.
Código | Materia | Créditos |
---|---|---|
1 | Desenrolo Internacional da Empresa. | 2.0 |
2 | Análise Económico de Países. | 2.0 |
3 | Economía Internacional. | 2.0 |
4 | Finanzas Internacionais. | 2.0 |
5 | Política Comercial e Institucións Internacionais. | 2.0 |
6 | Internacionalización e Competitividade. | 1.0 |
7 | Cross-Cultural Management. | 2.0 |
8 | Deseño de Estratexias en Empresas Internacionais. | 2.0 |
9 | Preparación da Empresa para a Internacionalización. | 2.0 |
10 | Barreiras de Entrada e Formas de Acceso aos Mercados Internacionais. | 1.0 |
11 | Business English. | 6.0 |
12 | Soft Skill. (2º Curso) | 6.0 |