Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Curso de formación específica en metodoloxías ÁXILES

  • Curso 2024-2025
  • Código
    FD0279
    Tipo
    Curso de Formación Específica - MICROCREDENCIAL
    Modalidade
    Non Presencial
    Duración
    1 ano
    Créditos
    8.0
    Curso
    2024-2025
    Prezo
    650,00€
    Centro
    Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
    Dirección
    Maria Cadaval Sampedro
    Contacto

    maria.cadaval@usc.es

    Departamento / Centro Organizador
    Economía Aplicada

    Información:

    MARIA CADAVAL SAMPEDRO

    881811664

    maria.cadaval@usc.es

    Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

    Procedemento

    Datas
    Duración: 21/02/2025 - 28/03/2025
    Preinscrición: 02/12/2024 - 13/12/2024
    Matrícula: 16/12/2024 - 14/02/2025

    Número alumnos/as mínimo: 16
    Número alumnos/as máximo: 25

    Seguro obrigatorio:
    20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)

  • Requisitos de acceso

    Persoas sen titulación universitaria, terán preferencia aquelas relacionadas co ámbito empresarial, así como profesionais de diversos ámbitos interesados en mellorar as súas competencias emocionais para trasladar á empresa e que poidan realizar o curso con aproveitamento.

    Preinscrición

    Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP en Arquivo ou clicando aquí
    Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
    https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios

    Acceso a preinscrición e matrícula

    Sistema de selección

    Orde de inscrición, currículo académico e experiencia profesional. Se fose preciso, entrevista persoal.

    Calendario de pagamento fraccionado

    Prazo Importe Data
    1 325,00€ 16/12/2024 - 14/02/2025
    2 325,00€ 17/02/2025 - 27/02/2025
  • Obxectivos

    Comprender os planos de intervención ÁXILE: Ser Axilidade e Facer Axilidade, adquirir os coñecementos necesarios para traballar con ÁXILE e dominar os marcos de traballo e as prácticas áxiles mais utilizadas.

    Competencias

    A metodoloxía ten presente a dimensión teórica, profesional e práctica. O curso combina as sesións con profesionais especialistas no ámbito das metodoloxías ÁXILE cun volume medio de test sobre aspectos relevantes desta nova metodoloxía na contorna laboral. A docencia realízase online, que se apoia na aula virtual como ferramenta para o desenvolvemento da docencia, a nivel de comunicación co alumnado como de repositorio de material de apoio que permita o correcto desenvolvemento de las materias do curso.

  • Avaliación

    Avaliación contínua

    Metodoloxía

    Online. As clases impártense online. A través do campus virtual o alumnado terá acceso á guía docente e ao material de apoio, os exercicios prácticos de reforzo e interacción co profesorado.

  • FEBREIRO: 21, 24, 25 e 26 , de 16.30-20.30; MARZO: 3, 4, 5, 6, 7, 10, 11, 12, 13, 17, 18, 19, 20, 24, 25 e 28, de 16.30-20.30horas

  • Código Materia Créditos
    1 Mentalidade áxil e Principios Agile. 1.5
    2 Marco de Traballo Scrum. 1.5
    3 Método Lean-Kanban. 1.5
    4 Xestión de Produto. 1.5
    5 Enfoque e Aliñamento Okr. 1.0
    6 Axilidade Empresarial e Escalado Agile. 1.0
Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.07.2022.