- Código
- MP0186
- Tipo
- Máster de Formación Permanente
- Modalidade
- Non Presencial
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 60.0
- Curso
- 2024-2025
- Prezo
- 1.950,00€
- Centro
- Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo (adscrita á Universidade de Santiago de Compostela)
- Dirección
-
Gonzalo Francisco Fernandez Suarez
Mercedes Montes Rodríguez - Contacto
anavictoria.santin [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Escola Universitaria de Relacións Laborais (Lugo)
Ana Victoria Santín Sánchez
982 824 804
anavictoria.santin [at] usc.es
Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo (adscrita á Universidade de Santiago de Compostela)
Datas
Duración: 21/10/2024 - 24/07/2025
Preinscrición: 01/07/2024 - 18/09/2024
Matrícula: 25/09/2024 - 08/10/2024
Número alumnos/as mínimo: 8
Número alumnos/as máximo: 30
Seguro obrigatorio:
20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Requisitos de acceso
Titulacións universitarias oficiais ou equivalentes (Grao, Licenciatura, Diplomatura)
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP na columna de novidades ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
Expediente académico, curriculum vitae e experiencia profesional
O Máster en Orientación Laboral ofrece ao alumnado a formación adecuada para desenvolver esta carreira profesional desde un punto de vista innovador, con contidos completos e variados, introducindo un perfil competencial que capacita aos estudantes para:
- Analizar o mercado de traballo e identificar as oportunidades e nichos existentes, para desenvolver con axilidade a intermediación entre as empresas e os recursos humanos que necesitan.
- Ofrecer unha orientación integral e personalizada aos diferentes colectivos en situación de desemprego, para conseguir a súa efectiva incorporación ao mercado laboral e o seu desenvolvemento profesional integral mellorando o seu empregabilidade.
- Proporcionar o asesoramento necesario aos futuros emprendedores.
O Máster en Orientación Laboral da Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo (adscrita á USC) é un Programa online que se estrutura en oito módulos e un Traballo Fin de Máster. A planificación dos contidos comunícase aos alumnos ao comezo do Programa, e vanse ampliando e detallándoo progresivamente segundo avanza o curso. Cada módulo ten asignado un ou varios profesores/titores, para a elaboración de materiais, resolución de dúbidas, corrección dos casos prácticos e avaliación do rendemento do alumnado.
O equipo docente do Máster Propio en Orientación Laboral utiliza o Campus Virtual da Universidade de Santiago de Compostela para o ensino e a aprendizaxe.
Os estudantes serán avaliados ao longo do curso académico mediante avaliación continua, coa finalidade de comprobar que adquiriron as competencias e coñecementos básicos de cada materia. Este método premia o esforzo constante e continuado dos/ as alumnos/ as.
A cualificación das diferentes materias ou módulos do máster efectuarase en base a un exame final presencial e ás actividades prácticas presentadas ao longo do curso.
Avaliación
Avaliación continua (40% ) e proba escrita (60%)
Titorías
Titorizacións individuais semanais programadas e a petición do alumnado ( correo electrónico, campus virtual, vía telemática)
Tratándose dun Máster non presencial, os alumnos desenvolven as actividades académicas a través do Campus Virtual , realizando as tarefas programadas polos profesores en calquera momento ao longo do día e da semana
Código | Materia | Créditos |
---|---|---|
1 | O Mercado de Traballo. | 6.0 |
2 | Dereito de Traballo. | 6.0 |
3 | Fundamentos da Orientación Laboral. | 6.0 |
4 | Orientación, Formación e Desenvolvemento Profesional. | 6.0 |
5 | Empregabilidade. | 6.0 |
6 | Emprendemento. | 6.0 |
7 | Colectivos de Atención Prioritaria na Orientación Laboral. | 6.0 |
8 | Novas Tecnoloxías e Innovación. | 6.0 |
9 | Traballo Fin de Máster. | 12.0 |