- Código
- MP0207
- Tipo
- Máster de Formación Permanente
- Modalidade
- Híbrido
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 60.0
- Curso
- 2024-2025
- Prezo
- 6.000,00€
- Centro
- Facultade de Administración e Dirección de Empresas
- Dirección
-
Maria Luisa Del Rio Araujo
Jose Ramon Porto Pedrido - Contacto
marta.fernandez.formoso [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Departamento de Organización de Empresas
MARTA FERNANDEZ FORMOSO
marta.fernandez.formoso [at] usc.es
Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Datas
Duración: 18/09/2024 - 19/06/2025
Preinscrición: 02/05/2024 - 20/06/2024
Matrícula: 24/06/2024 - 28/07/2024
Número alumnos/as mínimo: 22
Número alumnos/as máximo: 22
Seguro obrigatorio:
20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Requisitos de acceso
Estar en posesión dunha titulación universitaria (grao ou licenciatura). Adicionalmente, poderá optar a unha praza aquel alumnado que lle falten menos de 9 créditos e o TFG para rematar a súa titulación. Non se lle outorgará o título do Máster ao alumnado que non supere esos créditos restantes antes de que remate o ano académico no que se desenvolve o Máster. A USC está inscrita no catálogo de especialidades da Fundación Estatal para a Formación no Emprego (FUNDAE) polo que as empresas que inscriban aos seus traballadores no mesmo poderán beneficiarse de bonificacións nas súas cotizacións á Seguridade Social. É imprescindible dispor dun ordenador con cámara integrada operativa para as sesións en liña, pois é necesaria para interactuar e rexistrar a asistencia. Para garantir unha atención personalizada e manter a alta calidade educativa, as prazas están limitadas a 22 estudantes.
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP na columna de novidades ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
1. Curriculum vitae. 2. Carta de motivación. A carta de motivación necesariamente debe incluír: - Breve resumo académico, persoal e profesional (se dispón de experiencia laboral). - Nun par de liñas, citar os contidos do programa que máis lle chaman a atención e que busca conseguir realizando esta formación. 3. Expediente académico. 4. Certificación de inglés. O nivel de inglés debe ser suficientemente fluido para levar unha conversa neste idioma e poder consultar ao profesorado durante as sesións as posibles dúbidas. O nivel de inglés será valorado durante a entrevista persoal e/ou a través de certificacións de nivel de idioma que se aporten no proceso de admisión. 5. Entrevista persoal: que se reservará á través da web do Máster (www.uscmarketingdigital.com), no apartado "entrevista de acceso". As persoas solicitantes deberán aboar unha taxa do 1% de matrícula en concepto de preadmisión. Unha vez admitidas, restaráselle ese importe da matrícula. Se finalmente non se matriculan, unha vez adxudicada a praza, non se devolverá a taxa de preadmisión do 1%. O Máster está estruturado cunha metodoloxía moi práctica, polo que para levar a cabo todas as actividades na aula e poder instalar todas as ferramentas precisas que facilitará o Máster, o alumnado debe dispoñer de ordenador portátil propio e levalo á aula cada día que se realice unha sesión formativa.
Calendario de pagamento fraccionado
Prazo | Importe | Data |
---|---|---|
1 | 3.000,00€ | 24/06/2024 - 28/07/2024 |
2 | 3.000,00€ | 08/01/2025 - 18/01/2025 |
O obxectivo principal do Máster é formar a profesionais capaces de liderar a transformación dixital no ámbito empresarial. Este programa busca dotar aos estudantes dun coñecemento profundo e actualizado sobre as ferramentas e estratexias máis efectivas no márketing dixital, preparándoos para enfrontar e resolver os desafíos que presenta o mercado globalizado.
Cun enfoque integral, o Máster propón desenvolver habilidades analíticas e creativas nos estudantes, permitíndolles deseñar e implementar campañas de márketing dixital que xeren un impacto positivo e medible. Ademais, enfócase na importancia da comunicación efectiva e o uso estratéxico de datos para a toma de decisións, elementos cruciais para o éxito neste campo dinámico e en constante evolución.
O programa está pensado para formar ao estudante en tódolos ámbitos do márketing dixital a través das ferramentas máis empregadas hoxe en día neste sector e que se poñerán ao seu servizo, incluso algunhas de acceso restrinxido/pago só accesibles para profesionais.
En definitiva, cursando este posgrao o estudante conseguirá cumprir catro obxectivos esenciais:
1. Familiarizarse co uso de todas as canles de comunicación dispoñibles, usando os medios dixitais.
2. Coñecer experiencias prácticas en márketing dixital e implementalas.
3. Coñecer as últimas tendencias en márketing dixital, para ser capaz de incorporalas con éxito á estratexia de márketing da empresa.
4. Deseñar e xestionar as campañas de comunicación de maneira que xeren resposta nos clientes e resultados na empresa.
Este posgrao adopta unha metodoloxía de formación continua e práctica, orientada a proporcionar unha comprensión integral do márketing dixital. A través dun enfoque de aprendizaxe baseado en casos reais e o uso de ferramentas actuais, o programa prepara aos estudantes para liderar e executar proxectos dixitais con éxito.
O plan de estudos está deseñado para ser accesible tanto para recentemente graduados como para profesionais en activo, cunha énfase na aplicación práctica de coñecementos en analítica web, SEO, xestión de redes sociais, SEM, CRM e publicidade programática.
As conferencias en liña con expertos do sector e o desenvolvemento dun proxecto real para unha empresa complementan a experiencia educativa, asegurando que os estudantes estean preparados para alcanzar obxectivos clave en comunicación dixital, implementación de estratexias de márketing dixital, seguimento de tendencias e deseño de campañas efectivas.
Avaliación
- Asistencia a clase (mínimo dun 90%). Se o alumnado asiste a menos do 90% das horas de docencia non poderá obter o título.
- Será necesaria a superación das probas puntuables desenvolvidas durante o Máster (formación continua). Será necesaria a presentación de polo menos o 90% das probas puntuables de cada unha das materias propostas na Guía docente.
- O alumnado deberá depositar e defender un Plan de márketing dixital como Traballo de Fin de Máster (TFM) ante un tribunal oral. Será preciso obter a calificación de Apto no TFM para a obtención do título.
- Se unha sesión, por motivos razoados, ten que impartirse finalmente en liña, o alumnado deberá activar a súa webcam e mantela conectada durante a toda a formación, para que se poida rexistrar e ratificar a súa asistencia.
Titorías
Presencial, conferencias de curta duración en liña de maneira puntual e titorías en liña.
Mércores, xoves e venres de 16:00h a 21:00h
Observacións
Curso impartido na modalidade HÍBRIDA.
Poderán sufrir lixeiros cambios de horario certas materias que puntualmente propoñan a asistencia a eventos que poidan ser de interese para a materia coa que teñen vinculación, sempre que todo o alumnado esté de acordo na asistencia aos mesmos e que dependerán das datas que se publiquen ditos eventos.
Código | Materia | Créditos |
---|---|---|
1 | Optimización de Motores de Busca (SEO). Parte 2. | 0.5 |
2 | Márketing en Motores de Busca (SEM). | 2.0 |
3 | Redes Sociais. | 3.5 |
4 | Desenvolvemento de Habilidades Directivas e Empregabilidade. Capacitación de Talento Enfocado a Profesionais do Márketing Dixital. | 0.5 |
5 | Vídeo Márketing. | 2.0 |
6 | Email Márketing. | 0.5 |
7 | Móbil Márketing. | 2.0 |
8 | Comercio Electrónico (E-Commerce). | 3.5 |
9 | Optimización de Motores de Busca (SEO). Parte 1. | 2.0 |
10 | Brand ContENT e Storytelling. | 1.0 |
11 | Formación en Márketing Avanzado: Big Data, Márketing Preditivo e Intelixencia Artificial. | 1.0 |
12 | Publicidade Programática. | 4.0 |
13 | Planificación de Medios Online e Offline. | 1.0 |
14 | Business Intelligence: Power Bi. | 2.5 |
15 | Marco Xurídico da Ley Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal (Rgpd). | 0.5 |
16 | Performance Márketing. Lean Startup e Open Innovation. | 1.0 |
17 | Xestión das Relacións co Cliente (CRM). | 1.0 |
18 | Spss. | 1.0 |
19 | Analítica Web. Informes e Optimización. | 0.5 |
20 | Márketing de Chegada (Inbound Marketing). | 1.0 |
21 | Estratexia Canvas. Novos Modelos. | 0.5 |
22 | Neuromárketing. | 0.5 |
23 | Xestión do Cambio Organizativo. | 1.5 |
24 | Prácticas Tuteladas en Empresas. | 16.0 |
25 | Titorización e Traballo de Fin de Máster (Tfm). | 11.5 |
26 | O Plan de Márketing Dixital. | 4.0 |
27 | Web e Blog: Tendencias, Wordpress e Auditoría Web. | 3.0 |
28 | Métodos de Investigación: Cuestionario e Entrevista. Análise de Datos Secundarios. | 1.5 |
29 | O Novo Modelo de Comportamento do Consumidor Online. Customer Journey. | 1.0 |
30 | Monitorización de Redes Sociais. | 0.5 |
31 | Analítica Web e Tag Manager. | 3.0 |
32 | Medios Avanzados. | 2.0 |