- Código
- MP0187
- Tipo
- Máster de Formación Permanente
- Modalidade
- Non Presencial
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 60.0
- Curso
- 2024-2025
- Prezo
- 1.950,00€
- Centro
- Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo (Adscrita á Universidade de Santiago de Compostela)
- Dirección
-
Sandra Castro Gonzalez
Mercedes Montes Rodríguez
Departamento / Centro Organizador
Escola Universitaria de Relacións Laborais (Lugo)
Ana Victoria Santín Sánchez
982824804
Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo (Adscrita á Universidade de Santiago de Compostela)
ProcedementoDatas
Duración: 21/10/2024 - 24/07/2025
Preinscrición: 01/07/2024 - 18/09/2024
Matrícula: 25/09/2024 - 08/10/2024
Número alumnos/as mínimo: 8
Número alumnos/as máximo: 30
Seguro obrigatorio:
20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Requisitos de acceso
Titulacións universitarias oficiais ou equivalentes (Grao, Licenciatura, Diplomatura)
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP na columna de novidades ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
Expediente académico,curriculum vitae y experiencia profesional
Entre os obxectivos do máster en igualdade de oportunidades e xénero na empresa, atópanse:
o Formar profesionais cualificados en diferentes ámbitos relacionados coa igualdade de oportunidades.
o Formar ao alumnado no coñecemento teórico e práctico da igualdade de xénero no ámbito das relacións laborais.
o Preparar ao alumnado para que sexa capaz de deseñar e implantar medidas tendentes a eliminar as desigualdades de xénero en empresas e organizacións.
O “Máster de Formación Permanente en Igualdade de Oportunidades e Xénero na Empresa” da Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo (adscrita á USC) é un Programa online que se estrutura en nove módulos e un Traballo Fin de Máster. A planificación dos contidos comunícase aos alumnos ao comezo do Programa, e vanse ampliando e detallándoo progresivamente segundo avanza o curso. Cada módulo ten asignado un ou varios profesores/titores, para a elaboración de materiais, resolución de dúbidas, corrección dos casos prácticos e avaliación do rendemento do alumnado.
O equipo docente do Máster de Formación Permanente en Igualdade de Oportunidades e Xénero na Empresa utiliza o Campus Virtual da Universidade de Santiago de Compostela para o ensino e a aprendizaxe.
Os estudantes serán avaliados ao longo do curso académico mediante avaliación continua, coa finalidade de comprobar que adquiriron as competencias e coñecementos básicos de cada materia. Este método premia o esforzo constante e continuado dos/ as alumnos/ as.
A cualificación das diferentes materias ou módulos do máster efectuarase en base a un exame final presencial e ás actividades prácticas presentadas ao longo do curso.
Avaliación
Avaliación continua (40% ) e proba escrita (60%)
Titorías
Titorizacións individuais semanais programadas e a petición do alumnado (vía telemática, correo electrónico y campus virtual)
Tratándose dun Máster non presencial, os estudantes desenvolven as actividades académicas a través do Campus Virtual , realizando as tarefas programadas polos profesores en calquera momento ao longo do día e da semana
Código | Materia | Créditos |
---|---|---|
1 | Marco Teórico: Igualdad de Oportunidades e Xénero. | 6.0 |
2 | Marco Normativo Específico para a Igualdade entre Mulleres e Homes. | 6.0 |
3 | Políticas Públicas; da Igualdade Formal a Igualdade Real. | 6.0 |
4 | Mercado de Traballo, Protección Social e Xénero. | 6.0 |
5 | A Xestión de Recursos Humanos con Perspectiva de Xénero. | 6.0 |
6 | A Igualdade no Marco das Relacións Laborais. | 6.0 |
7 | A Aplicación das Políticas de Igualdade na Empresa. | 6.0 |
8 | A Igualdade na Empresa como Factor de Competitividade. | 6.0 |
9 | Traballo Fin de Máster. | 12.0 |