- Código
- CE0173
- Tipo
- Diploma de Especializacion
- Modalidade
- Non Presencial
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 30.0
- Curso
- 2024-2025
- Prezo
- 600,00€
- Centro
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Dirección
-
Cristina Alonso Salgado
Ana Rodriguez Alvarez - Contacto
cristina.alonso [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Dereito Público Especial e da Empresa
Cristina Alonso Salgado
cristina.alonso [at] usc.es
Dereito Público Especial e da Empresa
Datas
Duración: 20/09/2024 - 28/02/2025
Preinscrición: 17/06/2024 - 21/07/2024
Matrícula: 23/07/2024 - 04/09/2024
Número alumnos/as mínimo: 9
Número alumnos/as máximo: 50
Seguro obrigatorio:
20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Requisitos de acceso
Psicólogas/os, Sociólogas/os, Criminólogas/os, Pedagogas/os, Xuristas, etc., e todas/os aquelas/os licenciadas/os ou Graduadas/os que, a xuízo da Comisión Académica poidan realizar o posgrao con aproveitamento polo desempeño profesional ou polo interese na materia. Poderá ser admitido o alumnado ao que lle falte cursar un máximo de 9 créditos ECTS para obter a titulación de acceso requirida. Non obstante, neste caso, non poderá obter o Posgrao quen previamente non obtivera o título de Grao.
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP na columna de novidades ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
Curriculum vitae e entrevista (vía Teams) coa Dirección.
O Posgrao busca formar a licenciadas/os ou graduadas/os (Psicólogas/os, Sociólogas/os, Criminólogas/os, Pedagogas/os, Xuristas, etc.) no binomio violencia de xénero-xustiza dende unha perspectiva ampla, diversa e apta tanto para non xuristas, como para xuristas. En efecto, a través do presente Posgrao preténdese que o alumnado adquira as habilidades, destrezas e competencias relacionadas co sinalado binomio: análise do estado da cuestión, Convenio de Istambul, novas ferramentas contra a violencia de xénero, a violencia contra as mulleres e a intelixencia artificial, etc.
Co horizonte nos apuntados obxectivos, a docencia articularase a través dunha metodoloxía eminentemente participativa. En cada sesión abordarase un ou varios items do programa a través da explicacións dos elementos centrais do tema en cuestión. O sistema de avaliación consistirá en avaliación continua (participación nas clases a través dos foros, etc.) e presentación dun Traballo Fin de Posgrao con defensa oral (virtual) ante Tribunal.
Avaliación
Avaliación continua (participación nas clases a través dos foros, etc.) e presentación dun Traballo Fin de Posgrao con defensa oral (virtual) ante Tribunal.
Titorías
Materias: 1º.-Marco xeral: sistema heteropatriarcal, xénero(s) e desigualdade(s) (5 ECTS) 2º.-Ámbitos da violencia contra as mulleres: Psicoloxía, Economía, etc. (5 ECTS) 3º.-Xustiza, violencia de xénero e violencia contra as mulleres (8 ECTS) 4º.-Novas tecnoloxías, intelixencia artificial e violencia contra as mulleres (4 ECTS) 5º.-Elaboración de traballos académicos (TFP) (8 ECTS).
Posgrao impartido telematicamente (non presencial) con clases ASÍNCRONAS.
Observacións
Os venres de cada semana subiránse á plataforma todas as clases, materiais, etc.
Código | Materia | Créditos |
---|---|---|
1 | Marco Xeral: Sistema Heteropatriarcal, Xénero(S) e Desigualdade(S). | 5.0 |
2 | Ámbitos da Violencia Contra ás Mulleres: Psicoloxía, Economía, etc. | 5.0 |
3 | Xustiza, Violencia de Xénero e Violencia Contra ás Mulleres. | 8.0 |
4 | Elaboración de Traballos Académicos. . | 8.0 |
5 | Novas Tecnoloxías, Intelixencia Artificial e Violencia Contra ás Mulleres. | 4.0 |