Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Microcredencial Universitaria en Saúde e Manexo do Peixe Cebra en Investigación

  • Curso 2024-2025
  • Código
    FD0329
    Tipo
    Curso de Formación Específica - MICROCREDENCIAL
    Modalidade
    Híbrido
    Duración
    1 ano
    Créditos
    3.5
    Curso
    2024-2025
    Prezo
    350,00€
    Centro
    Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
    Dirección
    Ana Manuela De Azevedo Gomes
    Roberto Bermudez Pose
    Contacto

    anamanuelade.azevedo@usc.es

    Departamento / Centro Organizador
    Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias

    Información:

    ANA MANUELA DE AZEVEDO GOMES



    anamanuelade.azevedo@usc.es

    Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias

    Procedemento

    Datas
    Duración: 28/05/2025 - 03/06/2025
    Preinscrición: 14/04/2025 - 28/04/2025
    Matrícula: 28/04/2025 - 19/05/2025

    Número alumnos/as mínimo: 15
    Número alumnos/as máximo: 25

    Seguro obrigatorio:
    20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)

  • Requisitos de acceso

    Acceso sen titulación universitaria previa

    Preinscrición

    Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP en Arquivo ou clicando aquí
    Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
    https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios

    Acceso a preinscrición e matrícula

    Sistema de selección

    Currriculum vitae e perfil profesional. O curso está aberto a investigadores e a calquera profesional que demostre experiencia previa en investigación con peixe cebra ou no ámbito da patoloxía dos peixes. Os graduados/licenciados en Veterinaria terán prioridade. Tamén se admitirán estudantes de Veterinaria ou Bioloxía.

  • - Os participantes poderán identificar e comprender os aspectos xerais do peixe cebra utilizado na investigación, incluíndo a súa anatomía, bioloxía, manexo, fisioloxía, histoloxía, benestar e o marco legal aplicable.

    - Os participantes estarán capacitados para analizar as principais enfermidades que afectan ao peixe cebra en instalacións de experimentación animal, así como para aplicar técnicas de seguimento e diagnóstico no contexto investigativo.

    - Os participantes desenvolverán habilidades prácticas para realizar procedementos clínicos como a administración de anestesia e eutanasia, a observación clínica e a correcta toma de mostras, aplicables tanto en contornas de investigación como clínicas.

    - Os participantes adquirirán competencias básicas para traballar con animais de experimentación (peixes), mellorando o seu coñecemento sobre o manexo e coidado dos peixes en diversos contextos, fortalecendo a súa capacidade para integrarse en equipos multidisciplinares e promovendo o benestar animal e a calidade da investigación.
    S2.1.2: - Diagnosticar síntomas de enfermidades de animais acuáticos

    S6.3.6: - Preservar espécimes de peixes para o diagnóstico

    S2.8.8: - Analizar mostras de peixes para realizar diagnósticos

    S6.9.7: - Levar a cabo medidas de prevención de enfermidades dos peixes

    S2.1.1: - Aplicar métodos científicos

  • Avaliación

    Avaliación continua mediante rúbrica valorando diversos aspectos, incluíndo a aptitude e a actitude. Terase tamén en conta a asistencia e participación activa nas clases.

    Titorías

    Trátase dun curso teórico-práctico en formato híbrido, cun compoñente eminentemente práctico. No módulo teórico abordaranse aspectos básicos da anatomía, histoloxía, bioloxía, fisioloxía, manexo, benestar e patoloxía clínica do peixe cebra. Tamén se presentarán as enfermidades máis frecuentes que poden afectar aos peixes en instalacións de experimentación animal e o protocolo de mostraxe na investigación con peixe cebra dun xeito aplicado. Ademais, abordarase o marco legal e as medidas de bioseguridade que se deben tomar nestes centros. Por outro lado, amosarase a importancia da anatomía patolóxica como ferramenta diagnóstica, mediante a presentación de casos prácticos mostrados a través de abundante iconografía. A parte práctica do curso subdividirase en dúas actividades. Na primeira, os participantes terán a oportunidade de estudar casos prácticos, empregando a metodoloxía necesaria para avaliar e monitorizar os peixes vivos, así como para realizar a anestesia e a eutanasia. Ademais, os asistentes realizarán técnicas de diagnóstico non letal, necropsias e toma de mostras para diferentes tipos de técnicas de análise. Na segunda sesión, poderán avaliar diferentes casos prácticos baixo o microscopio, co obxectivo de adquirir nocións prácticas de citoloxía e histopatoloxía en peixes, coñecendo algunhas das súas enfermidades máis comúns e outras menos habituais. Todo iso permitirá comprender mellor as principais diferenzas na resposta a enfermidades desta especie en comparación cos mamíferos e coñecer as lesións máis frecuentes nos sistemas orgánicos que poden ser de importancia diagnóstica no contexto da investigación. Paralelamente ás clases presenciais, o curso contará con 10 horas en formato en liña, a través de plataformas como Campus Virtual e OneDrive. Estas horas serán xestionadas pola persoa participante, utilizándoas para o estudo persoal, tarefas no Campus Virtual, revisión dos contidos dixitais dispoñibles e consulta de dúbidas. Os participantes contarán cun foro de dúbidas e coa dispoñibilidade dos profesores para consultar calquera dúbida ou inquedanza que poidan ter (de xeito presencial ou a través de correo electrónico). Así mesmo, estableceranse titorías individualizadas baixo cita previa. A nivel de profesorado, o curso conta co recoñecido profesor Michael Kent, especialista en patoloxía de peixe cebra e autor de numerosos traballos neste ámbito, que impartirá gran parte das clases teóricas. Ademais, tamén impartirán docencia catro profesores da USC, especialistas en sanidade dos animais acuáticos do Departamento de Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias: Roberto Bermúdez Pose (profesor titular de Universidade e diplomado europeo en ECAAH), Mª Isabel Quiroga Berdeal (profesora catedrática de Universidade e diplomada europea en ECAAH), Sonia Vázquez (profesora contratada doutora) e Ana Manuela de Azevedo (profesora axudante doutora e diplomada europea en ECAAH). O curso impartirase totalmente en inglés. Igualmente, o alumnado estará acompañado por profesores de fala hispana que poderán aclarar ou resolver calquera dúbida en español.

  • Parte presencial: 09.00h a 14.00h e 15.30h a 19.00h

    Observacións

    Parte presencial:
    28/05/25: 09.00h a 14.00h: Sala Norvet, 15.30h a 18.30h: Sala Norvet; 29/05/2025: 9.00 a 14.00h: Sala Norvet, 16.00h a 19.30h: Laboratorio de Histoloxía, Pavillón 3 2ª Sup; 30/05/25: 9.00h a 14.00h: Sala Norvet, 15.30h a 19.00h: Laboratorio de Histoloxía, Pavillón 3 2ª Sup
    Xantar non incluído
    Parte online:
    O alumnado terá 10 horas de traballo persoal na plataforma do Campus Virtual co horario máis axeitado para cada un.

  • Código Materia Créditos
    1 Aspectos Xerais do Peixe Cebra en Investigación. 1.0
    2 Saúde do Peixe Cebra en Instalacións de Experimentación. 1.5
    3 Sesión Práctica I. 0.5
    4 Sesión Práctica II. 0.5
Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.07.2024.