Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Microcredencial Universitaria en Proceso Negociador de Convenios Colectivos

  • Curso 2024-2025
  • Código
    FD0331
    Tipo
    Curso de Formación Específica - MICROCREDENCIAL
    Modalidade
    Presencial
    Duración
    1 ano
    Créditos
    1.5
    Curso
    2024-2025
    Prezo
    0,01€
    Centro
    Facultade de Dereito
    Dirección
    Jose Maria Miranda Boto
    Antía Sández Callejo
    Contacto

    josemaria.miranda@usc.es

    Departamento / Centro Organizador
    Dereito Público Especial e da Empresa

    Información:

    JOSE MARIA MIRANDA BOTO

    14719

    josemaria.miranda@usc.es

    Facultade de Dereito

    Procedemento

    Datas
    Duración: 10/06/2025 - 19/06/2025
    Preinscrición: 28/05/2025 - 30/05/2025
    Matrícula: 31/05/2025 - 02/06/2025

    Número alumnos/as mínimo: 10
    Número alumnos/as máximo: 20

    Seguro obrigatorio:
    20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)

  • Requisitos de acceso

    Acceso sen titulación universitaria

    Preinscrición

    Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP en Arquivo ou clicando aquí
    Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
    https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios

    Acceso a preinscrición e matrícula

    Sistema de selección

    O Consello Galego de Relacións Laborais nomeará ata un máximo de vinte (20) participantes, a proposta das organizacións representadas no propio Consello. As persoas destinatarias serán seleccionadas e propostas como estudantes destes cursos polo Consello Galego de Relacións Laborais, entre estudantes e titulados en Dereito, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Ciencias do Traballo, Ciencias Económicas e Empresariais e Administración e Dirección de Empresas; asemade, persoas responsables de recursos humanos, de prevención de riscos laborais, xefes de relacións laborais, asesores e cadros das organizacións sindicais e empresariais, e demais persoas non tituladas ou profesionais vencellados ao mundo das relacións laborais.

  • Obxectivos

    1. Identificar os suxeitos lexitimados para a negociación dun convenio colectivo e as súas funcións
    2. Coñecer os requisitos legais do desenvolvemento do proceso negociador ata o depósito do convenio na Administración
    3. Coñecer o papel da comisión paritaria na administración do convenio

    Competencias

    S.1.1.1. Negociar os contratos laborais
    S.1.1.2. Representar aos membros sindicados
    S.1.1.2. Xestionar disputas contractuais
    S.1.5.1. Interpretar a lei
    S.1.5.1. Ofrecer asesoramento xurídico

  • Avaliación

    Cada sesión incluirá unha actividade práctica vencellada as competencias. É requisito indispensable a asistencia ó 80% das sesións, controlándose pola dirección

    Titorías

    Sesións eminentemente prácticas de tres horas con especialistas, incorporando traballo práctico en cada sesión. As clases impartiranse na lingua dos ponentes (castelán e galego) , escollendo os estudantes a súa propia lingua de expresión. As titorías terán carácter telemático baixo a coordinación do director do curso.

  • 16:30-19:45

    Observacións

    O curso terá lugar os días 10, 11, 17, 18 e 19 de xuño

  • Código Materia Créditos
    1 Proceso Negociador. 1.5
Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.07.2024.