-
- Código
- FE0144-FD0227
- Tipo
- Curso de Formación Específica - MICROCREDENCIAL
- Modalidade
- Híbrido
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 10.0
- Curso
- 2024-2025
- Prezo
- 600,00€
- Centro
- Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
- Dirección
-
Maria Isabel Neira Gomez
Sergio Lago Varela - Contacto
Departamento / Centro Organizador
Información:
Departamento de Economía CuantitativaMARIA ISABEL NEIRA GOMEZ
Procedemento
11547
isabel.neira@usc.es
Facultade de Ciencias Económicas e EmpresariaisDatas
Duración: 04/10/2024 - 20/12/2024
Preinscrición: 02/05/2024 - 31/08/2024
Matrícula: 02/09/2024 - 15/09/2024Número alumnos/as mínimo: 7
Número alumnos/as máximo: 10Seguro obrigatorio:
20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)Este curso forma parte de:
Código Nome do curso FE0144 Diploma de Experto/a en Xestión e Innovación Cultural -
Requisitos de acceso
Segundo o artigo 11. os Cursos de Formación Específica, en forma de microcredenciais ou micromódulos, certificarán os resultados de aprendizaxe ligados a actividades formativas cunha carga de menos de 15 créditos ECTS. Por proposta da dirección, é posible acceder a ditos Cursos de Formación Específica sen titulación universitaria previa.
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP en Arquivo ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropiosAcceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
Valoración de curriculum vitae. Entrevista persoal.
-
En síntese, os obxectivos deste curso de formación específica de análise e planificación estratéxica no sector cultural e creativo son:
- Comprender a configuración actual do ecosistema cultural e creativo, tanto desde a acción e políticas públicas como na esfera privada, empresarial e sociocultural.
- Coñecer o marco profesional da xestión cultural, as diferentes formas xurídicas nas que se opera e os seus perfís especializados.
- Adquirir as ferramentas para realizar diagnoses de ecosistemas culturais, entidades públicas e privadas e equipamentos.
- Identificar e analizar as principais vías de financiamento para iniciativas culturais.
Semipresencial -
Avaliación
A) Entrega de proxecto grupal ou individual (traballo práctico).
B) Sesión de presentación dos proxectos ante comité de profesionais en activo.
C) Traballo individual de resumo sobre a temática dunha sesión do curso.Titorías
As titorías fixaranse persoalmente entre o equipo docente e o alumnado, xa que existe unha atención personalizada. Empregaranse para este proceso en equipo as mesmas canles e ferramentas telemáticas que nunha contorna profesional, introducindo por parte dos titores contidos adicionais de aplicación directa nos proxectos do alumnado.
-
As aulas desenvolveranse de 16:30 a 20:30 todos os venres lectivos e un xoves ao mes.
-
Código Materia Créditos 1 Marco Profesional da Xestión Cultural. 5.0 2 Análise e Planificación Estratéxica. 5.0 3 Prácticas Tuteladas en Entidades (1). 5.0
Miga de pan
Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.07.2024.