Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A contradición entre natureza e medio ambiente, dunha banda, e cidade, da outra, é un lugar común na ordenación territorial actual. Deste xeito, a planificación que toma argumentos ambientais adoita evitar os ámbitos urbanizados. Asemade, no planeamento urbanístico a variábel natural ou ambiental acostuma a estar esquecida ou moi subestimada. Neste contexto, esta materia pretende conciliar os dous campos e abordar a planificación dos espazos urbanizados desde un punto de vista eminentemente ambiental, pero sen esquecer unha visión global da ordenación que comprenda tamén cuestións de tipo urbanístico. En primeiro lugar, proponse unha abordaxe conceptual introdutoria que será seguida por unha explicación da cidade como ecosistema, do metabolismo urbano e das variábeis de calidade do medio ambiente urbano. En segunda instancia afrontaranse as novas formas da cidade, nomeadamente a cidade dispersa de baixas densidades, e mais as súas consecuencias ambientais. O último bloque de contidos privilexia o enfoque aplicado, centrándose concretamente nas ferramentas e nas boas prácticas de xestión e planificación ambiental dos espazos urbanizados.
Contidos
1. INTRODUCIÓN: NATUREZA E CIDADE, MEDIO AMBIENTE URBANO, CIDADES SUSTENTÁBEIS
2. A CIDADE COMO ECOSISTEMA. O METABOLISMO URBANO. A CALIDADE DO MEDIO AMBIENTE URBANO
2.1. Os fluxos de auga e de enerxía
2.2. Clima urbano, illa de calor, calidade do ar, ruído e cambio climático
2.3. A biodiversidade urbana e o papel das zonas verdes
2.4. O tráfico e a conxestión
2.5. A xeito de síntese: a pegada ecolóxica urbana
3. AS CONSECUENCIAS AMBIENTAIS DAS NOVAS FORMAS DA CIDADE
3.1. A cidade dispersa e de baixas densidades. A cidade sen confíns. As causas das novas formas de cidade
3.2. Conurbacións, aglomeracións, áreas metropolitanas e megalópoles
3.3. O consumo de territorio
3.4. O consumo enerxético ligado ao vehículo privado
3.5. Calidade de vida, riscos e saúde
4. PLANIFICACIÓN URBANA E METROPOLITANA CUNHA PERSPECTIVA AMBIENTAL
4.1. A planificación sustentábel dos espazos urbanizados
4.2. Xestión de fluxos e mellora da calidade do medio ambiente urbano. Contrastes globais
4.3. Instrumentos de contención do crecemento urbano e de protección dos espazos abertos metropolitanos
4.4. A planificación da mobilidade urbana sustentábel
4.5. A xestión do verde urbano e dos espazos abertos metropolitanos
4.6. O rol crecente da agricultura urbana e periurbana
Bibliografía básica e complementaria
Bibliografía básica
- BARRACÓ, H. et al. (1999): Barcelona 1985-1999. Ecologia d’una ciutat. Barcelona: Ajuntament de Barcelona.
- BRYANT, C. R.; RUSSWURM, L. H. & MCLELLAN, A. G. (1982): The City’s Countryside. Land and Its Management in the Rural-Urban Fringe. London / New York: Longman.
- DRESCHER, A. W. (2001): Urban and Peri-urban Agriculture. Roma: Food and Agriculture Organization of the United Nations.
- EUROPEAN ENVIRONMENT AGENCY (2006): Urban Sprawl in Europe. The Ignored Challenge. Luxembourg: Office for Official Publications of the European Communities.
- EUROPEAN ENVIRONMENT AGENCY (2009): Ensuring Quality of Life in Europe’s Cities and Towns. Tackling the Environmental Challenges Driven by European and Global Change. Luxembourg: Office for Official Publications of the European Communities.
- GARCIA ESPUCHE, A. & RUEDA, S. (dirs.) (1999): La ciutat sostenible. Barcelona: Centre de Cultura Contemporània.
- GUGLIELMO, R. (1996): “Crise de l’environnement”, in Les grandes métropoles du monde et leur crise. Paris: Armand Colin. pp. 216-245.
- INDOVINA, F. (coord.) (2007): La ciudad de baja densidad. Lógicas, gestión y contención. Barcelona: Diputació de Barcelona.
- MURPHY, A. (dir.) (2010): “How and Where Will 10 Billion People Live on Earth?”, in Understanding the Changing Planet. Strategic Directions for the Geographical Sciences. Washington: The National Academies Press. pp. 49-58.
Bibliografía complementaria
- BRYANT, C. R. & JOHNSTON, T. R. R. (1992): Agriculture in the City’s Countryside. Toronto: University of Toronto Press.
- EUROPEAN ENVIRONMENT AGENCY (1995-): Europe’s Environment. [Informe cada 4 anos, con copiosos datos sobre medio ambiente urbano; no 1º Informe, coñecido como Informe Dobříš, a parte relacionada coa materia é, na versión en español: ALBERTI, M. (1998): “El medio ambiente urbano”, in STANNERS, D. & BOURDEAU, P. (eds.) (1998): Medio Ambiente en Europa. El Informe Dobříš. Madrid: Agencia Europea de Medio Ambiente / Ministerio de Medio Ambiente. pp. 261-296.]
- EUROPEAN ENVIRONMENT AGENCY (2007): Land-Use Scenarios for Europe: Qualitative and Quantitative Analysis on a European Scale. Luxembourg: Office for Official Publications of the European Communities.
- EUROPEAN ENVIRONMENT AGENCY (2011): Green Infrastructure and Territorial Cohesion. The Concept of Green Infrastructure and its Integration into Policies Using Monitoring Systems. Luxembourg: Office for Official Publications of the European Communities.
- EUROPEAN ENVIRONMENT AGENCY (2012): Urban Adaptation to Climate Change in Europe. Challenges and Opportunities for Cities Together with Supportive National and European Policies. Luxembourg: Office for Official Publications of the European Communities.
- EWING, R. et al. (2008): Growing Cooler: The Evidence on Urban Development and Climate Change. Washington: Urban Land Institute.
- GANT, R. L.; ROBINSON, G. M. & FAZAL, S. (2011): “Land-use change in the ‘edgelands’: Policies and pressures in London’s rural-urban fringe”, Land Use Policy, 28(1): 266-279.
- MACKILLOP, F. (2012): “Climatic city: Two centuries of urban planning and climate science in Manchester (UK) and its region”, Cities, 29(4): 244-251.
- MARUANI, T. & AMIT-COHEN, I. (2007): “Open space planning models: A review of approaches and methods”, Landscape and Urban Planning, 81: 1-13.
- MCDONALD, R. I. et al. (2009): “Urban effects, distance, and protected areas in an urbanizing world”, Landscape and Urban Planning, 93: 63-75.
- TIWARI, M.; CERVERO, R. & SCHIPPER, L. (2011): “Driving CO2 reduction by Integrating Transport and Urban Design strategies”, Cities, 28(5): 394-405.
- WELLER, R. (2009): Boom Town 2050. Scenarios for a Rapidly Growing City. Perth: The University of Western Australia.
- Acadar coñecementos, ferramentas e recursos en planificación ambiental de espazos urbanizados.
- Desenvolver a capacidade crítica en relación aos problemas ambientais das áreas urbanizadas e das solucións ensaiadas para a súa xestión.
- Deducir cales son as consecuencias ambientais dos modelos urbanos dispersos e de baixas densidades e como se poden tentar xestionar.
- Aprender a resolver os problemas reais das áreas urbanizadas desde unha perspectiva ambiental.
- Desenvolver a capacidade de síntese mediante a lectura e revisión de traballos especializados.
- Capacitar o alumnado para traballar nun contexto internacional.
- Concibir, deseñar, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación.
- Empregar criticamente bibliografía específica e plans reais sobre a temática abranguida, citándoos de forma adecuada no traballo a desenvolver.
Na medida en que a materia se orienta nomeadamente á transmisión de coñecementos prácticos e á aprendizaxe de habilidades investigadoras, a metodoloxía docente baséase na discusión de ideas e de artigos científicos de referencia (na bibliografía complementaria ofrécese unha listaxe indicativa). Evitaranse neste sentido as aulas de tipo maxistral e a discusión continua versará sobre ideas e debates extraídos de materiais (entre outros, artigos) que achegará o docente.
Para a superación da materia considérase necesaria a participación activa e continua do alumno, tanto nas clases teóricas coma prácticas, pois ademais de ponderarse na nota final, só así conseguirá alcanza-los obxectivos da materia. A avaliación continua complétase co traballo e as exposicións dos alumnos nas aulas. Ademais da entrega dun traballo de curso, que poderá realizar de xeito individual ou en grupo.
Só no caso de que o alumno non acade a cualificación suficiente para supera-la materia a través da avaliación continua, realizarase un exame final, segundo os epígrafes do programa.
A materia ten unha carga de traballo persoal de 75 horas (3 ECTS), entre clases presenciais e actividades non presenciais.
Esta materia implica un traballo continuado de seguimento das aulas e dos artigos cuxas lecturas se vaian propondo e, sobre todo, un esforzo intenso dedicado á elaboración do artigo. Alén das aulas, recoméndase facer uso das titorías para un adecuado seguimento da materia. Asemade, agárdase do alumno unha aprendizaxe autónoma mediante a lectura de artigos de revistas especializadas ás cales a USC está subscrita.
Valorarase de xeito especial a actitude activo do alumnado nas clases, a súa participación e aportes críticos
Rubén Camilo Lois González
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Teléfono
- 881812635
- Correo electrónico
- rubencamilo.lois [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Venres | |||
---|---|---|---|
18:00-19:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 18 |
21.01.2025 18:00-19:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 18 |