Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Matemática Aplicada, Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Matemática Aplicada, Área externa M.U en Matemática Industrial
Centro Facultade de Matemáticas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer o papel dos modelos matemáticos no estudo das ciencias ambientais.
- Coñecer algúns modelos relacionados coa descrición de comunidades biolóxicas.
- Coñecer algúns modelos relacionados coa propagación da polución.
Tema 1: Introdución.
1.1 Proceso de modelización.
1.2 Modelo matemático.
1.3 Simulación numérica.
1.4 Tipos de modelos.
Tema 2: Os primeiros pasos: Modelos de comunidades biolóxicas.
2.1 Comunidades dunha especie.
2.2 Comunidades de dúas especies.
2.3 Modelos de dinámica poboacional estruturados por idades.
Tema 3: Modelos en xeofísica: introdución aos medios fluídos.
3.1 Nocións básicas. Ecuacións de Euler e Navier-Stokes.
3.2 Caracterización do fluxo: números adimensionales.
3.3 Fluxos incompresibles. Aproximación de Boussinesq para problemas de convección natural.
3.4 Elección do modelo e conexión coa resolución numérica.
Tema 4: Modelos de transporte e difusión. Contaminación.
4.1 Transporte e difusión.
4.2 Fenómenos implicados no estudo da contaminación.
4.3 Algúns problemas de control da propagación da contaminación.
Tema 5: Modelos para augas pouco profundas: as ecuacións de Saint-Venant.
5.1 Fluxo gravitatorio con superficie libre.
5.2 Ecuacións das augas pouco profundas.
5.3 Erosión e sedimentación.
Tema 6: Contaminación hídrica.
6.1 Adsorción e absorción.
6.2 Modelos simplificados de contaminación.
Tema 7: Modelos alternativos para as augas superficiais.
7.1 Modelos de fluxos dispersivos.
7.2 Modelos multicapa.
Tema 8: Outros modelos con aplicacións no entorno.
8.1 Modelos para augas subsuperficiais. Ecuación de Richards.
8.2 Modelo GPR para a mecánica dos medios continuos.
Básica:
C.R. Hadlock, Mathematical modeling in the environment, Mathematical Association of America, 1998.
N. Hritonenko – Y. Yatsenko, Mathematical modeling in economics, ecology and the environment, Kluwer Academic Publishers, 1999.
J. Pedlosky, Geophysical fluid dynamics, Springer Verlag, 1987.
Complementaria:
S.C. Chapra, Surface water-quality modelling, WCB/McGraw Hill, 1997.
P.L. Lions, Mathematical topics in fluid mechanics. Vol. 2: Compressible models, Clarendon Press, 1998.
G.I. Marchuk, Mathematical models in environmental problems, North-Holland, 1986.
J. D. Murray, Mathematical Biology. Springer-Verlag, 1993.
J.C. Nihoul, Modelling of marine systems, Elsevier, 1975.
L. Tartar, Partial differential equation models in oceanography, Carnegie Mellon Univ., 1999.
R.K. Zeytounian, Meteorological fluid dynamics, Springer Verlag, 1991.
Básicas e xerais:
CG4: Saber comunicar as conclusións, xunto cos coñecementos e razós últimas que os sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
CG5: Poseer as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando de xeito en gran medida autodirixido ou autónomo, e poder emprender con éxito estudos de doutoramento.
Específicas:
CE1: Acadar un coñecemento básico nunha área da Enxeñaría/Ciencias Aplicadas, como punto de partida para un adecuado modelado matemático, tanto en contextos ben establecidos como en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos e multidisciplinais.
CE4: Ser capaz de seleccionar un conxunto de técnicas numéricas, lenguaxes e ferramentas informáticas, adecuadas para resolver un modelo matemático.
CE7: Saber modelar elementos e sistemas complexos ou en campos pouco establecidos, que conduzan a problemas ben establecidos/formulados.
-Solución de problemas:
A clase é unha combinación de sesión maxistral (o profesor expoñerá neste tipo de clases os contidos teóricos da materia) e de resolución de problemas e/ou exercicios (nestas horas de traballo o profesor resolverá problemas de cada un dos temas e introducirá novos métodos de resolución non contidos nas clases maxistrais desde un punto de vista práctico). Mediante estas metodoloxías trabállanse as competencias CG4, CG5, CE1, CE4 y CE7.
O alumno tamén deberá resolver problemas propostos polo profesor co obxectivo de aplicar os coñecementos adquiridos. Mediante estas metodoloxías trabállanse as competencias CE1, CE4 e CE7.
CRITERIOS PARA A 1ª OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN:
1. Resolución de problemas e/ou exercicios (50% da nota). Neste punto, as competencias CE1, CE4 e CE7 avalíanse baixo dous aspectos:
a) Asistencia e participación activa na clase.
b) Exercicios e/ou traballos que o profesor proporá na aula.
2. Exame final do curso (50% da nota). Avalíanse as competencias CE1, CE4 e CE7.
CRITERIOS PARA A 2ª OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN:
Os mesmos que para a 1ª oportunidade de avaliación
Solución de problemas: 28 HP 45 HNP 73 T
Sesión maxistral: 28 HP 45 HNP 73 T
Proba obxectiva: 4 HP 0 HNP 4 T
Recoméndase ao alumnado o uso das titorías online á hora de resolver os exercicios.
UNIVERSIDADES DESDE A QUE SE IMPARTE: Universidade de Santiago de Compostela e Universidade da Coruña
CRÉDITOS: 6 créditos ECTS
PROFESOR/A COORDINADOR/A: José Manuel Rodríguez Seijo (jose.rodriguez.seijo [at] udc.es (jose[dot]rodriguez[dot]seijo[at]udc[dot]es))
PROFESORA 1: Saray Busto Ulloa (saray.busto.ulloa [at] usc.es (saray[dot]busto[dot]ulloa[at]usc[dot]es))
Saray Busto Ulloa
Coordinador/a- Departamento
- Matemática Aplicada
- Área
- Matemática Aplicada
- Correo electrónico
- saray.busto.ulloa [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula de informática 5 |