Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 26 Total: 42
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Achegar os coñecementos da bioloxía, en particular da bioquímica e a bioloxía molecular, mediante procedementos de estudo, experiencia e práctica, e fomentando o razoamento crítico, para que os futuros Máster en Enxeñaría Química e Bioprocesos podan desenvolver as súas competencias profesionais relacionadas co ámbito biotecnolóxico.
Contidos teóricos
TEMA 1. Introdución xeral á Bioquímica e Bioloxía Molecular. Estrutura e función das biomoléculas. Transdución e almacenamento de enerxía. Panorámica xeral do metabolismo.
TEMA 2. Introdución ao metabolismo. Concepto de metabolismo. Tipos de rutas e reacións metabólicas. Bioenerxética.
TEMA 3. Enzimas. Características da reacción enzimática. Cinética M-M. Inhibición das enzimas. Concepto de alosterismo. Regulación da actividade enzimática.
TEMA 4. Rutas metabólicas centrais e metabolismo enerxético. Exemplo: produción de bioetanol en Saccharomyces cerevesiae e Zymomonas mobilis. Breve resumo doutras rutas metabólicas e a súa integración nas rutas centrais.
TEMA 5. Integración do metabolismo. Interconexión das vías metabólicas. Produción de metabolitos secundarios. Regulación do metabolismo.
TEMA 6. Dogma Central da Bioloxía Molecular. Estrutura do DNA. Xenes e xenomas. Expresión do DNA: transcrición e tradución. Código Xenético e Mutacións.
TEMA 7. Regulación da Expresión Xénica. Regulación da expresión xénica en procariotas: o operón lac. Regulación da expresión xénica en eucariotas.
TEMA 8. Enxeñaría xenética. Manipulación e análise das moléculas de DNA. Secuenciación do DNA. PCR. Clonación. Tipos de vectores. Transformación de células procariotas e eucariotas.
TEMA 9. Aplicacións da Bioenxeñaría. Organismos modificados xenéticamente. Produción de proteínas recombinantes. Exemplos de Enxeñaría metabólica.
Contidos prácticos
Os alumnos terán dispoñible (tanto no laboratorio como no guión de prácticas) toda a información sobre os potenciais riscos das prácticas (manexo e eliminación de material biolóxico, produtos inflamables e/ou tóxicos, materiais a altas temperaturas) e sobre os EPI necesarios (bata, lentes de seguridade, luvas de protección química e térmica).
PRÁCTICAS 1-2: Determinación dunha actividade encimática. Efecto de diversos efectores e inhibidores. Cálculo das constantes cinéticas.
PRÁCTICAS 3-4: Transformación bacteriana e aillamento do plásmido dende cultivos bacterianos. Dixestión do plásmido con enzimas de restrición. Análise por electroforese en xeles de agarosa do plásmido purificado e dixerido con enzimas de restrición.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
-CLARK, D.P. and PAZDERNIK, N.J., 2016. Biotechnology. [en liña] 2nd ed. Amsterdam: Elsevier Academic Press. Dispoñible en: https://www-sciencedirect-com.ezbusc.usc.gal/book/9780123850157/biotech…
-McKEE, T. and McKEE, J. R. 2020. Bioquímica. Las bases moleculares de la vida. 7ª ed. McGRAW-HILL Interamericana Editores. [en línea]https://accessmedicina-mhmedical-com.ezbusc.usc.gal/book.aspx?bookid=29…
BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTARIA
-FEDUCHI CANOSA, E. e outros. Bioquímica. Conceptos esenciales. 2ª edición. Madrid: Editorial Panamericana, 2015. ISBN: 978-84-9835-875-9
-GLICK, B. R., J.J PASTERNAK and C.L. PATTEN, C. L. Molecular biotechnology: principles and applications of recombinant DNA. 4ª edición. Washington D.C; ASM Press, 2010. ISBN: 978-1-55581-498-4
-HERRÁEZ SÁNCHEZ, Á. Texto ilustrado e interactivo de biología molecular e ingeniería genética: conceptos, técnicas y aplicaciones en ciencias de lasalud. 2ª edición. Barcelona: Elsevier, 2012. ISBN: 978-84-8086-647-7
-NELSON, D. L. and M.M. COX. Lehninger Principios de Bioquímica. 6ª edición. Barcelona: Editorial Omega, 2014. ISBN: 978-84-282-1603-6
-TYMOCZKO,J.L., J.M. BERG and L. STRYER. Bioquímica: Curso básico. 2ª edición. Barcelona: Editorial Reverté, 2014. ISBN:788429176032
-OKAFOR, N. Modern industrial microbiology and biotechnology. Enfield (NH): Science Publishers, 2007. ISBN: 1578084342, 9781578084340
Coñecementos:
(CN03) Ter coñecemento dos fundamentos biolóxicos relevantes en bioprocesos no contexto da Enxeñería Química.
Competencias:
(CP01) Aplicar coñecementos de matemáticas, física, química, bioloxía e outras ciencias naturais, obtidos mediante estudo, experiencia, e práctica, con razoamento crítico para establecer solucións viables economicamente a problemas técnicos.
Habilidades:
(HD04) Buscar, procesar, analizar e sintetizar, de forma crítica, información procedente de diversas fontes para o establecemento das correspondentes conclusións
Tanto as clases expositivas como as interactivas levaranse a cabo de forma presencial.
-Clases Maxistrais: o obxectivo destas clases é ensinar ao/a estudante os aspectos xerais do metabolismo e a súa regulación así como os fundamentosda Bioloxía Molecular como soporte teórico esencial para comprender a Enxeñaría Xenética e as súas aplicación. No Campus Virtual estarán dispoñiblesimaxes dos temas explicados nas clases de teoría. Traballarase sobre todo a adquisición dos coñecementos CN03.
-Seminarios: o obxectivo dos seminarios é servir de apoio ás clases de teoría e ás prácticas. mediante resolución de problemas e resolución autónomade exercicios. Traballaranse as seguintes competencias e habilidades: CP01 e HD04.
-Prácticas de Laboratorio: o obxectivo destas prácticas é ensinar algunhas das técnicas básicas nun laboratorio de Bioquímica e Bioloxía Molecular.Traballaranse sobre todo os resultados da aprendizaxe CN03 e CP01.
-Titorías: aclaración de dúbidas sobre teoría ou as prácticas.Dentro das actividades correspondentes a este Módulo, realizarase unha visita a unha planta de produción de bioetanol, o que lles permitirá comprender a aplicación industrial dos coñecementos teóricos explicados sobre devandito proceso.
1.1) Avaliación continua (35% da calificación final), que consta a súa vez de:
i.Seminarios: resolución de cuestións e participación nas actividades propostas (10%). CN03, HD04.
ii.Prácticas laboratorio: memoria final e/ou cuestions (20%). CP01, HD04.
iii.Titorías/Informe do docente: (5%) CN03.
1.2) Proba final (65 % da calificación final): é imprescindible aprobar este exame para superar a materia (mínimo 5 puntos sobre 10). En caso contrario, a nota final será exclusivamente a do exame (65% da nota total). Levarase a cabo de forma presencial. CN03.
A asistencia as prácticas de laboratorio é obrigatoria. As ausencias deberán ser xustificadas debidamente. O control de asistencia as actividades presenciais realizarase mediante chamada por lista. Os/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade poderán presentarse á proba final da segunda oportunidade conservando a nota da avaliación continua acadada. Os/as alumnos/as repetidores deberán cursar a materia íntegramente.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Docencia teórica: 15 horas
Docencia interactiva de seminarios: 8 horas
Docencia interactiva de laboratorio: 18 horas
Titorización en grupo reducido: 1 horas
Exame e revisión: 2 horas
Traballo persoal do alumnado: 68.5 horas
O estudante debe repasar e ampliar os conceptos teóricos introducidos nos distintos temas utilizando a bibliografía recomendada. Aqueles alumnos que atopen dificultades importantes á hora de traballar nas actividades propostas deben acudir nas horas de titoría a falar co profesor, co obxectivo de que éste poda analizar o problema e axudar a resolver as ditas dificultades.
As clases se impartirán en castelán.
No Campus Virtual os alumnos terán material relacionado coas clases.Nas materias correspondentes a este módulo de Bioprocesos vaise a estudar de xeito coordinada o proceso de produción de bioetanol, abordando cada materia a parte que lle corresponde desde unha perspectiva diferente.
A admisión e permanencia do alumnado matriculado no laboratorio de prácticas require que coñezan a información e cumpran as normas incluídas no Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais da Escola Técnica Superior de Enxeñaría dispoñible no apartado de seguridade da súa web, ó que se pode acceder do seguinte xeito:
1. https://www.usc.gal/gl/centro/escola-tecnica-superior-enxenaria
2. Acceder á intranet coas credenciais persoais
3. Entrar en Comisións > Seguridade e Saúde > Formación
4. Premer en "Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais"
Jaime Jose Gomez Marquez
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881816927
- Correo electrónico
- jaime.gomez.marquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Cristina Diaz Jullien
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881816932
- Correo electrónico
- cristina.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A6 |
Mércores | |||
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A6 |
Venres | |||
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A6 |
24.02.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A6 |
24.02.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A6 |
24.02.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A6 |
26.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A6 |
26.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A6 |
26.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A6 |