Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 108 Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 25 Clase Interactiva: 16 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación, Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores, Área externa M.U en Computación de Altas Prestacións
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Mediante esta materia preténdese completar os coñecementos sobre arquitecturas de altas prestacións, para elo trátanse as arquitecturas paralelas modernas tanto desde o punto de vista funcional como de deseño. Estes coñecementos facilitarán ao alumno o desenvolvemento de algoritmos paralelos correctos e eficientes en base ás características arquitectónicas dos sistemas utilizados. As materias relacionadas coa programación vanse ver, por tanto, claramente beneficiadas.
Tema 1. Computadores paralelos
Breve Introdución Histórica
Niveis de paralelismo: dende a microarquitectura ata os supercomputadores
Clasificación
Tema 2. Deseño de multiprocesadores, multinúcleo e many-core
Introdución
Características arquitectónicas dos sistemas multiprocesador, multinúcleo e many-core
Organización do sistema de memoria
Tema 3. Coherencia de la caché
Protocolos de coherencia caché
Protocolos de snooping (arquitecturas UMA)
Protocolos baseados en directorios (arquitecturas CC-NUMA)
Tema 4. Sincronización e consistencia de memoria en multiprocesadores
Primitivas de sincronización
Soporte hardware para sincronización
Implementaciones software de sincronización
Modelos de consistencia de memoria
Comparación entre os modelos de consistencia
Tema 5. Redes de interconexión
Tipos de redes
Compoñentes básicos dunha rede: ligazóns, encaminadores e interfaces de rede
Parámetros de rendemento
Espazo de deseño en redes de interconexión: Clasificación, topología, técnicas de conmutación, algoritmos de encaminamiento, control de fluxo, bloqueos
Avaliación de prestacións en redes de interconexión
Tema 6. Sistemas distribuídos: clústers
Introdución ás arquitecturas clúster
Arquitectura dun cluster
Nodos
Redes de interconexión
Software
Paquetes de ferramentas
Aplicacións das arquitecturas clúster: Alta produtividade, alto rendemento e alta dispoñibilidade
Planificación e abalo da carga
Tema 7. Introdución á análise de rendemento.
Análise de rendemento: motivación.
Conceptos básicos sobre a análise do rendemento.
Caracterización e detección de problemas de rendemento.
Aspectos arquitectónicos que inflúen no rendemento.
Dado que se tratan de reflectir non soamente os fundamentos da arquitectura de supercomputadores senón tamén os avances máis recentes, moita da información bibliográfica consultarase en artigos publicados en revista e dispoñibles online e noutras fontes de consulta dispoñibles online. A bibliografía básica necesaria para seguir cada parte da materia a irá indicando o profesor durante as clases.
Bibliografía básica. Os libros polos que se segue máis directamente partes da materia son:
1. Arquitectura de Computadores, Xullo Ortega, Mancia Anguita e Alberto Prieto. Thompson. 2005.
2. High Performance Cluster Computing, Rajkumar Buyya, ed., Prentice Hall PTR, 1999. ISBN 0-13-013784-7, 0-13-013785-5.
Bibliografía complementaria. Os seguintes son libros que permiten consultar máis en profundidade algúns contidos:
1. Parallel Computer Architecture, David E. Culler, Jaswinder Pal Singh e Anoop Gupta. Morgan Kaufmann Publishers. 1999.
2. In Search of Clusters, 2ª ed., Gregory Pfister, Prentice Hall, 1998, ISBN: 0138997090.
3. Organización e Arquitectura de Computadores (7ª edición), W. Stallings. Prentice Hall. 2007.
4. Computer Architecture: a Quantitative Approach (6ª edición), John L. Hennessy e David A. Patterson. Morgan Kaufmann Publishers. 2017.
As competencias básicas e xerais que se traballan son CG1, CG2, CG4, CG5, CB6, CB7, CB9 e CB10 (Ver páxina 6 da memoria do título). En maior profundidade:
CG1: Ser capaz de buscar e seleccionar a información útil necesaria para resolver problemas complexos, manexando con soltura as fontes bibliográficas do campo.
CB6 - Poseer e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e aplicación de ideas, a miudo nun contexto de investigación.
As competencias específicas traballadas son CE1, CE2, CE3, CE4 e CE8, e en máis profundidade:
CE1 - Definir, evaluar e seleccionar a arquitectura e o software máis axeitado para a resolución dun problema.
CE3 - Coñecer os conceptos e as técnicas básicas da computación de altas prestacións.
Respecto das competencias transversais se traballa parcialmente a CT1 (Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da sua profesión e para o aprendizaxe ó longo da sua vida).
As clases estrutúranse en titorías solicitadas tanto polo docente como polo estudante. O alumno deberá realizar pequenos traballos e prácticas.
Usaranse as ferramentas de comunicación remota: campus virtual e videoconferencia dispoñibles no máster.
A docencia será impartida principalmente en inglés.
Consiste nunha avaliación continua baseada na realización de traballos académicamente dirixidos (60%) e prácticas (20%) e na participación activa nas titorías (20%).
Avaliación convocatoria ordinaria (Xaneiro): Se realizará segundo a avaliación continua detallada máis arriba. Non haberá exame da asignatura.
Avaliación convocatoria extraordinaria (Xullo): Para superar a avaliación continua será necesario entregar os traballos académicamente dirixidos e prácticas que se teñan suspendido durante a convocatoria ordinaria. Non haberá exame.
NON PRESENTADO
Se considerará non presentado o alumno que non teña entregado ningún dos traballos tutelados e prácticas.
Durante os procesos de avaliación os profesores poden solicitar ós estudantes que se identifiquen pedindo a presentación do DNI ou pasaporte, ou facendo os controis previos ou posteriores que consideren oportunos. A aqueles alumnos que presenten traballos ou realicen probas de avaliación de xeito non presencial, se lles poderá solicitar tamén a firma dixital dos mesmos e/ou a declaración xurada sobre a autoría dos mesmos.
1.Titorías. 52 horas.
2. Probas de avaliación: 2 horas.
Resumo de horas de dedicación para a materia sumando os apartados anteriores:
Horas presenciais: 52 + 2 = 54 horas
Ademais se estima que o traballo persoal do alumno será de 96 horas adicadas a consulta de bibliografía, estudo autónomo, desenvolvemento das actividades programadas e preparación e presentación de traballos.
A asignatura será impartida en inglés
Dora Blanco Heras
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
- Teléfono
- 881816462
- Correo electrónico
- dora.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Francisco Fernández Rivera
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
- Teléfono
- 881816470
- Correo electrónico
- ff.rivera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Pablo Quesada Barriuso
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
- Teléfono
- 881813538
- Correo electrónico
- pablo.quesada [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor