Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física de Partículas
Áreas: Física Teórica
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
As teorías cuánticas de campos son o substrato básico do modelo estándar das interaccions fundamentais da Natureza. O presente curso ten como obxetivo introducir os conceptos necesarios para o estudio das teorías gauge en xeral e, máis concretamente, da electrodinámica cuántica, da teoría unificada electro-débil de Glashow-Weinberg-Salam e da cromodinámica cuántica. A ferramenta fundamental empregada no curso é a integral de camiño de Feynman. Facendo uso de estas técnicas funcionais estudiarase a cuantizacion das teorías de gauge, o mecanismo de ruptura espontánea da simetría e a renormalización.
- Integral de camiño en mecánica cuántica e en teoría cuántica de campos. Funcional xeneratriz e desenrolo perturbativo.
- Teorías de gauge. Acción clásica e cuantización. Fantasmas de Faddeev-Popov e regras de Feynman.
- Rotura espontánea de simetría. Simetrías ocultas. Teorema de Goldstone. Mecanismo de Higgs.
- Renormalización. Diverxencias ultravioletas e infravermellas. Contratérminos e método BPHZ. Clasificación de teorías. Regularización
dimensional.
- Renormalización da electrodinámica cuántica. Polarización do baleiro. Autoenerxía do electrón. Función vértice e momento
magnético anómalo. Correccións radiactivas.
- O grupo de renormalización. Ecuaciones do grupo de renormalización. Función beta. Dimensións anómalas. Teorías
asintoticamente libres.
Bibliografía básica:
-M. Peskin, D. Schroeder, An introduction to quantum field theory, Addison-Wesley, 1995.
-M. Srednicki, Quantum Field Theory , Cambridge University Press, 2007
-S. Weinberg, The quantum theory of fields (vols. 1, 2), Cambridge University Press, 1995.
-C. Itzykson, J. B. Zuber, Quantum field theory, McGraw-Hill 1964.
-M. Le Bellac, Quantum and statistical field theory, Claredon Press-Oxford, 1991.
-S. Pokorski, Gauge field theories, Cambridge University Press, 1987.
Bibliografía complementaria e recursos na rede:
-https://www.damtp.cam.ac.uk/user/tong/qft.html
- https://www.thphys.uni-heidelberg.de/~weigand/QFT2-14/SkriptQFT2.pdf
- http://www.theory.caltech.edu/~preskill/notes.html
Nesta materia o alumno adquirirá e practicará unha serie de competencias básicas e tranversales, dexeables en cualqer titulación básica, e competencias especificas.
As competencias básicas en transversales son:
CG01 - Adquirir a capacidade de realizar traballos de investigación en equipo.
CG02 - Ter capacidade de análise e de síntese.
CG03 - Adquirir a capacidade para redactar textos, artigos ou informes científicos conforme aos estándares de publicación.
CG04 - Familiarizarse coas distintas modalidades usadas para a difusión de resultados e divulgación de coñecementos en reunións científicas.
CG05 - Aplicar os coñecementos á resolución de problemas complexos.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
As competencias especificas de esta materia son:
CE06 - Familiarizarse co modelo estándar das interaccións fundamentais e coas súas posibles extensións.
CE07 - Adquirir a capacitación para o uso das principais ferramentas computacionais e o manexo das principais técnicas experimentais da Física Nuclear e de Partículas.
As competencias transversais son:
CT01 - Capacidade para interpretar textos, documentación, informes e artigos académicos en inglés, idioma científico por excelencia.
CT02 - Desenvolver a capacidade para a toma de decisións responsables en situacións complexas e/ou responsables.
Resultados da aprendizaxe:
As teorías cuánticas de campos relativistas son o substrato básico do modelo estándar das interaccións fundamentais da Natureza. O presente curso ten como obxectivo introducir os conceptos necesarios para o estudo das teorías gauge en xeral e, máis concretamente, da electrodinámica cuántica, a teoría unificada electro-débil de Glashow-Weinberg-Salam e a cromodinámica cuántica. A ferramenta fundamental empregada no curso é a integral de camiño de Feynman. Usando estas técnicas funcionais estudiarase a cuantización das teorías gauge, o mecanismo de ruptura espontánea da simetría e a renormalización.
Activarase un curso na plataforma Moodle da Campus Virtual, á que se subirá información de interese para o alumno así como material docente diverso.
Impartiránse as horas de clase presencial segundo o calendario oficial do Máster, nas que se explicarán, utilizando todos os medios audiovisiais dos que se poda dispoñer, os contidos da materia, introducindo exercicios e problemas ilustrativos y/o aclaratorios de ditos contenidos. Os alumnos se lles irá suministrando un material que comprende tanto o desenvolvemento dos contidos teóricos como os enunciados dos exercicios e problemas. Disporase das horas de tutorías correspondentes. As titorías poderán ser presenciais ou telemáticas, se son telemáticas requerirán de cita previa o que tamén é recomendable para as presenciais.
1) A evaluación da materia consistirá básicamente na evaluación continua tendo en conta os aspectos seguintes:
-E obligatorio asistir as clases expositivas e interactivas e realizar os exercicios propostos nas mismas.
-Proporanse traballos específicos nos que o alumno pondrá en práctica os métodos e técnicas aprendidos en algún problema concreto do curso ou en algún outro tema relacionado coas outras materias do máster que o alumno esté cursando o teña intención de cursar.
-Se contempla a posibilidade de realizar un examen sólo excepcionalmente no caso de que no se houbera completado algun dos criterios anteriores e que sexa necesario para evaluar si o alumno acadou as competencias da asignatura.
2) Actividades evaluables e peso na la nota final:
-Asistencia as clases e realización dos exercicios: 60%
-Presentación de traballos o proxectos específicos: 40%
-Excepcionalmente examen.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación ao recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”:
"Artigo 16. Realización fraudulenta de exercicios ou probas.
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes."
A docencia presencial consiste en 60 horas en total (40 horas de docencia teórica e 20 horas de docencia interactiva).
Resulta difícil determinar o tempo de estudio necesario para asimilar a asignatura, xa que depende moito da dedicación e capacidade de cada estudiante. Como indicación xeral, poderiase estimar o traballo personal do alumno en 90 horas (sin contar co traballo presencial na aula).
Asistencia e participación activa nas clases teóricas e prácticas. Aproveitamento das tutorías.
Carlos Miguel Merino Gayoso
- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física Teórica
- Teléfono
- 881813993
- Correo electrónico
- carlos.merino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Nestor Armesto Perez
Coordinador/a- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física Teórica
- Teléfono
- 881814107
- Correo electrónico
- nestor.armesto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:15 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula B |
Mércores | |||
16:00-17:15 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula B |
Xoves | |||
16:00-17:15 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula B |
Venres | |||
16:00-17:15 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula B |
23.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
19.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |