Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física de Partículas
Áreas: Física Atómica, Molecular e Nuclear
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Preténdese que o alumno adquiera coñecementos nas principais ferramentas e métodos de computación-programación usados na actualidade nos experimentos de física nuclear e de partículas. O nivel alcanzado polos alumnos permitiralles entender sin dificultade os programas escritos por especialistas e diseñar por si mesmo programas sinxelos. Espérase que o finalizar o curso terá os coñecementos suficientes para ser capaz de aprender a usar, de forma autónoma, o software utilizado nos grandes experimentos de física nuclear e de partículas.
Aplicacións de tratamiento de datos en física nuclear e de partículas.
Implementacións en lenguaxes de alto nivel.
Métodos estadísticos de análise de datos.
Separación de sinal e fondo nun espacio n-dimensional.
Técnicas de simulación con GEANT4.
Técnicas de análise de datos con ROOT.
Data Analysis Techniques for High-Energy Physics. R. Frühwirth et al. Cambridge Monographs on Particle Physics, Nuclear Physics and Cosmology.
Numerical Recipes in C++. The Art of Scientific Computing. William H. Press et al. Cambridge University Press, 2002.
Scientific and Engineering C++. John J. Barton, Lee R. Nackman, Lee R. Nackman. Addison Wesley Professional, 1994.
Learning Python. Mark Lutz, David Ascher. O'Reilly, 1999.
http://geant4.web.cern.ch/geant4. Geant4 is a toolkit for the simulation of the passage of particles through matter.
http://root.cern.ch. An Object Oriented Framework For Large Scale Data Analysis
BÁSICAS E XERAIS:
CG01 - Adquirir a capacidade de realizar traballos de investigación en equipo.
CG02 - Ter capacidade de análise e de síntese.
CG03 - Adquirir a capacidade para redactar textos, artigos ou informes científicos conforme aos estándares de publicación.
CG04 - Familiarizarse coas distintas modalidades usadas para a difusión de resultados e divulgación de coñecementos en reunións científicas.
CG05 - Aplicar os coñecementos á resolución de problemas complexos.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Que os estudiantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrentarse á complexidade de formular xuicios a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclua reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuicios.
CB9 - Que os estudiantes saiban comunicar as suas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades.
CB10 - Que os estudiantes posuan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
TRANSVERSAIS
CT01 - Capacidade para interpretar textos, documentación, informes e artigos académicos en inglés, idioma científico por excelencia.
CT02 - Desenvolver a capacidade para a toma de decisións responsables en situacións complexas e/ou responsables.
ESPECÍFICAS
CE07 - Adquirir a capacitación para o uso das principais ferramentas computacionais e o manexo das principais técnicas experimentais da Física Nuclear e de Partículas.
CE08 - Adquirir un coñecemento en profundidade da estrutura da materia no réxime de baixas enerxías e a súa caracterización.
As clases divídense en sesións expositivas, nas que se lles presenta aos alumnos os conceptos esenciales por medio de diapositivas, sesións nas que os alumnos resolverán supostos prácticos no ordenador ca axuda do profesor e sesións tutoriais nas que, individualmente ou en grupos moi reducidos, atenderase a cada alumno.
Intentarase que as clases presenciais sucedan en aulas dotadas de ordenadores; de non ser posible impartiranse as clases presencialmente en aulas con aforo axeitado pero con ordenadores portátiles propiedade dos alumnos (para casos especiais pode solicitarse á USC o préstamos de portátiles).
Farase unha avaluación continua do alumno para garantir unha progresión axeitada na
adquisición dos coñecementos e habilidades. Para eso, o profesor discutirá nas clases
interactivas as soluciones propostas polos alumnos aos casos prácticos plantexados con
anterioridade.
Asistencia e atención nas clases %40
Entrega de traballos %60
Excepcionalmente poderase realizar un exámen final da materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Docencia teórica: 15 horas (100% presencialidade)
Docencia práctica de laboratorio: 15 horas (100% presencialidade)
Tutorización individual do alumnado: 1 horas (100% presencialidade)
Traballo persoal do alumnado e outras actividades: 44 horas (0% presencialidade)
It is very important to acquire a systematic and regular plan of study, so that a certain percentage of every week working time is reserved to this course. The attendance to all teaching lessons and an active participation in the discussions is, of course, the best attitude.
Xabier Cid Vidal
- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física Atómica, Molecular e Nuclear
- Correo electrónico
- xabier.cid [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Francesc Yassid Ayyad Limonge
Coordinador/a- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física Atómica, Molecular e Nuclear
- Correo electrónico
- yassid.ayyad [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula B |
Mércores | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula B |
Xoves | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula B |
Venres | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula B |
22.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
08.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |