Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Electrónica
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Resultados da aprendizaxe:
Nesta materia preténdese proporcionarlles aos alumnos os coñecementos teóricos e prácticos necesarios para poder implementar equipos electrónicos de medida. Así, son obxectivos parciais desta materia os seguintes:
a) Coñecer os fundamentos dos sistemas electrónicos de medida.
b) Coñecer un conxunto amplo de sensores que permitan medir distintas variables físicas.
c) Identificar o sensor máis adecuado para medir unha determinada variable nun contexto dado.
d) Coñecer e deseñar os circuítos de acondicionamento de sinal para poder usar o sensor elixido.
e) Comprender os conceptos de representación da información proporcionada polo sensor no dominio analóxico e o dominio dixital, e os procesos de pasar dun dominio a outro.
O obxectivo final consistirá na implementación e caracterización dun sistema completo de medida nun contexto dado, visualizando o valor numérico da variable medida.
Outro obxectivo formativo que se persegue é a adquisición por parte do alumno da capacidade de presentación de resultados mediante a elaboración de documentos escritos que presenten os resultados obtidos no laboratorio, se analicen e se saquen conclusións.
PROGRAMA DE TEORÍA
1. INTRODUCIÓN AOS SISTEMAS DE MEDIDA ELECTRÓNICOS
Sistemas de medida. Características estáticas e dinámicas.
2. CIRCUITOS DE ACONDICIONAMENTO DE SINAL
Amplificadores de instrumentación. Filtrado de sinal. Conversión A/D, D/A. Sistemas de adquisición de datos. Software de control e creación de instrumentos virtuais: LabView. Ferrramentas de simulación de circuítos.
3. SENSORES
Sensores resistivos (potenciométricos, RTD, galgas extensiométricas, termistores, fotorresistencias, sensores de gases,...) Sensores capacitivos. Sensores inductivos. Sensores electromagnéticos. Termopares. Sensores piezoeléctricos, piroeléctricos. Sensores de efcecto Hall. Sensores optoelectrónicos xeradores de sinal: fotodiodos, fototransistores, sensores de imaxen CCD e CMOS. Sensores APD e SPAD. Criterios para selección de sensores.
PROGRAMA DE PRÁCTICAS
Deseño de equipos de medida e sistemas de tratamento de sinais físicas: temperatura, presión, humidade...
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
1. Ramón Pallás-Areny, John G. Webstar. Sensor and Signal Conditioning. Second Edition. John Wiley & Sons, 2001
2. R. Pallás. Sensores y acondicionadores de señal. 4ª edición. Marcombo, Barcelona, 2003.
2. Ernest O. Doebelin. Measurement Systems. Applications and Design. Fifth Edition. MaGraw-Hiil, 2003
3. Miguel A. Pérez, Juan C. Álvarez, Juan C. Campo, Fco. Javier Ferrero, Gustavo J. Grillo. Instrumentación Electrónica. Thomsom, 2004
4. Jun Ohta. Smart CMOS Image Sensors and Applications. CRC Press, Taylor & Francis Group, 2008
5. Junichi Nakamura. Image Sensors and Signal Processing for Digital Still Cameras. CRC Press, Taylor & Francis Group, 2006
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
1. R. Pallás, O. Casas, R. Bragós. Sensores y acondicionadores de señal. Problemas resueltos. Marcombo, Barcelona, 2008.
1. Jon S. Wilson (edt.) Sensor Technology Handbook. Elsevier, Oxford, 2005.
2. Jacob Fraden. Handbook of Modern Sensors. Physics, Designs and Applications. Thrid edition. Springer, New York, 2004.
Como se indica na memoria do título, na materia trabállanse as seguintes competencias:
Competencias básicas: CB6, CB7, CB8, CB9 e CB10
Competencias xerais: CG01, CG02, CG03, CG04, CG05
Competencias transversais: CT01, CT02
Competencias específicas: CE13
A materia consta tanto de créditos teóricos como prácticos de laboratorio. Nas clases de teoría o profesor exporá os contidos teóricos da materia, co apoio de materiais multimedia. Estas clases complementaranse coa discusión de problemas, que os alumnos traballaron previamente. Para a realización das prácticas, os alumnos disporán de guións, que reflectirán os seus obxectivos, material e métodos para a súa realización. Os deseños serán realizados previamente polos alumnos e caracterizados posteriormente no laboratorio. Os alumnos elaborarán informes sobre o traballo práctico realizado.
Para o estudo da materia, o alumno disporá da bibliografía básica da disciplina existente na biblioteca e do material de apoio que use o profesor, ao que poderá acceder tamén a través da USC virtual.
Na avaliación da asignatura contémplanse dos aspectos: o traballo desenvolvido na clase e o traballo desenvolvido no laboratorio. Así, un 60 % da nota aportarao a avaliación da actividade práctica realizada polo alumno. Esta avaliación realizarase en base ao traballo desenvolvido no laboratorio, que deberá reflectir nun informe final da práctica. A realización das prácticas é obligatoria. Outro 40 % obtense da participación en clase e da resolución de problemas propostos. En ambos os procesos a avaliación realízase de forma continua.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación ao recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificaciones".
A materia consta de 3 ECTS, que na programación docente contémplanse como 20 horas de teoría, 15 horas de laboratorio e 1 hora de tutoría. As actividades formativas asociadas ao desenvolvemento da materia contemplan tamén 39 horas para o estudo autónomo individual ou en grupo, para a resolución de problemas, a preparación de traballos no laboratorio e a redacción de informes.
Debido á alta correlación existente entre os conceptos desenvolvidos nas clases de teoría e os contidos das prácticas, recoméndaselles aos alumnos constancia no estudo da materia, acudindo ás sesións de prácticas cos conceptos xa traballados e os circuítos deseñados. Coa realización das prácticas, estes quedarán claros e asentados e facilitarase así o estudo e comprensión da materia.
As clases se impartirán en español, pero poderanse usar outros idiomas (galego ou inglés) na elaboración de traballos.
Diego Cabello Ferrer
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Electrónica
- Teléfono
- 881816423
- Correo electrónico
- diego.cabello [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 7 |
Mércores | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 7 |
Xoves | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 7 |
Venres | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 7 |
16.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
20.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |