Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Física Aplicada
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia de Física Ambiental, ou medida e análise da interacción entre os organismos e o seu medioambiente físico, proponse como a síntese de varias materias existentes nos programas do Grao e do Máster en Física que imparten contidos relacionados coa descrición do medio dende un punto de vista físico.
Os devanditos contidos son a base de numerosas disciplinas de grande impacto na sociedade actual, como a investigación en enerxías renovables, diminución do impacto ambiental xerado pola sociedade actual e os procesos industriais, que nela se desenvolven, cambio climático de orixe antropoxénica, detección, prevención e tratamento da contaminación, ou a xestión de todo tipo de residuos.
Esta materia pretende formar o alumno en aspectos físicos básicos que describen a interacción entre os organismos vivos e o seu medioambiente utilizando como base principal a súa formación anterior como Físico.
Ademais, esta visión global do ámbito permite ao alumno aplicar os seus coñecementos a situacións reais e comprender mellor moitos conceptos adquiridos con anterioridade formándoo mellor como futuro profesional.
Resultados da Aprendizaxe:
A materia de Física Ambiental proponse como unha síntese de varias disciplinas con cabida en calquera grao ou posgrao de física e que imparten contidos relacionados coa descrición global do medio ambiente desde un punto de vista físico. Devanditos contidos son a base de numerosas disciplinas de gran impacto na sociedade actual, como a investigación en enerxías renovables, diminución do impacto ambiental, cambio climático de orixe antropoxénico, tratamento da contaminación, xestión de residuos, etc.
Esta materia pretende formar ao alumno en aspectos físicos básicos que describen a interacción entre os organismos vivos e o seu medioambiente utilizando como base principal a súa formación anterior como físico. Ademais, esta visión global do ámbito permite ao alumno aplicar os seus coñecementos a situacións reais e comprender mellor moitos conceptos adquiridos con anterioridade formándoo mellor como futuro profesional.
INTRODUCIÓN Á FÍSICA AMBIENTAL
A Física Ambiental. Ciencia ambiental: perspectivas dos sistemas ambientais e sostibilidade, ética e política ambiental, e natureza e alcance dos problemas ambientais
FLUXOS DE MATERIA E ENERXÍA
Condución. Convección. Transporte de masa. Difusión. Radiación. Leis básicas da radiación. O concepto de evapotranspiración. Estimación da evapotranspiración
A TERRA E O SOL
O movemento Terra-sol. Posición do sol. O tempo solar. Hora local. Inclinación e orientación da superficie terrestre. Radiación solar. O espectro solar. A constante solar. Interacción da radiación solar coa atmosfera. Radiación incidente sobre a superficie terrestre: Radiación directa e difusa. Estimación radiación solar incidente. Radiación terrestre de onda longa. Radiación neta de onda curta e radiación neta de onda longa. Balance de enerxía
HIDROSFERA E LITOSFERA
Fundamentos de Física da Hidrosfera: bases de oceanografía Física. Física da Litosfera: sostibilidade. Erosión. O clima e o efecto invernadoiro como proceso global
SUBMINISTRACIÓNS ENERXÉTICAS E SOCIEDADE. PROCESOS DE CONTAMINACIÓN
Contaminación ambiental. Control do ruído e acústica ambiental. Contaminación electromagnética. Contaminación lumínica. Radiación ionizante. Xestión integral de residuos
BASES DA TELEDETECCIÓN E OBSERVACIÓN DA TERRA
A teledetección. Unha aproximación histórica. Sensores e Plataformas: Avións e satélites. Introdución aos Sistemas de Información Xeográficos. Aplicacións
Básica
BOEKER, E. y VAN GRONDELLE, R., “Environmental Science: Physical Principles and Applications”. Wiley, (2001).
GUYOT, G., “Physics of the Environment and Climate”. Wiley, (1997).
RISTINEN, R. A. y KRAUSHAAR, J. J., “Energy and the environment”. Wiley, (1999).
HARRIS, C. M., “Manual de medidas acústicas y control del ruido”, McGraw-Hill, (1998).
EDMONDS, D. T., “Electricity and magnetism in biological systems”, Oxford University Press, (2001).
KNOLL, G. F. “Radiation detection and measurement”, John Wiley & Sons, (1989).
HUNT, D. y JOHNSON, C., “Sistemas de gestión medioambiental”, McGraw-Hill, (1996).
CHUVIECO, E. "Fundamentos de Teledetección Espacial". Rialp, (1996).
MONTEITH, J.L. and UNSWORTH, M. "Principles of Environmental Physics" 2nd. Arnold, (1990).
Complementaria
CARPENTER, D. O. y AYRAPETYAN, S., “Biological effects of electric and magnetic fields. Volume 1: Sources and mechanisms. Volume 2: Beneficial and harmful effects”, Academic Press, (1994).
SALBY, M. L., “Fundamentals of Atmospheric Physics”. Academic Press, (1996).
POLK, C. y POSTOW, E., “Handbook of biological effects of electromagnetic fields”, CRC Press, (1996).
DELEAGE, J. P. y SOUCHON, C., “La energía: tema interdisciplinar para la educación ambiental”, Centro de Publicaciones del MOPTMA, (1991).
CARTER, L. W., “Manual de evaluación del impacto ambiental”, McGraw-Hill, (1997).
TCHOBANOGLOUS, G., THEISEN, H. y VIGIL, S., “Gestión integral de residuos sólidos”, McGraw-Hill, (1994).
BOLÍVAR, J.P., “Física Ambiental”, Ed. Servicio de Publicaciones de la Universidad
de Huelva, Huelva, (2001).
J.M. OCHOA Y F. BOLAÑOS. “Medida y control del ruido”. Ed. Marcombo. Barcelona, (1990).
BEHAR. “El ruido y su control”. Ed. Trillas. México, (1994).
X. ORTEGA Y J. JORBA. “Las radiaciones ionizantes: su utilización y riesgos”.
Ed. Universidad Politécnica de Cataluña. Barcelona, (19949.
C. PINILLA, “Fundamentos de Teledetección”, Ed. Ra-Ma, Madrid, (1995).
BÁSICAS E XERAIS
CG01 - Adquirir a capacidade de realizar traballos de investigación en equipo.
CG02 - Ter capacidade de análise e de síntese.
CG03 - Adquirir a capacidade para redactar textos, artigos ou informes científicos conforme aos estándares de publicación.
CG04 - Familiarizarse coas distintas modalidades usadas para a difusión de resultados e divulgación de coñecementos en reunións científicas.
CG05 - Aplicar os coñecementos á resolución de problemas complexos.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
TRANSVERSAIS
CT01 - Capacidade para interpretar textos, documentación, informes e artigos académicos en inglés, idioma científico por excelencia.
CT02 - Desenvolver a capacidade para a toma de decisións responsables en situacións complexas e/ou responsables.
ESPECÍFICAS
CE12 - Proporcionar unha formación especializada, nos distintos campos que abarca a Física Fundamental: desde a física ambiental, a física de fluidos ou a acústica ata fenómenos cuánticos e de radiación coas súas aplicacións tecnolóxicas, médicas, etc
CE13 - Dominar ferramentas interdisciplinares, tanto a nivel teórico como experimental ou computacional, para desenvolver con éxito calquera actividade de investigación ou profesional enmarcada en calquera campo da Física.
A materia desenvolverase en horas de clases maxistrais e actividades diversas (seminarios, mesas redonda, coloquios, etc.), utilizando todos os medios audiovisuais dos que se poida dispoñer e que fagan amena e formativa a materia para o estudante.
Entregaráselle ao estudante todo a material base necesario para o estudo da materia a través da web virtual da materia.
O estudante dispoñerá das horas de titorías correspondentes para solucionar dúbidas, ampliar coñecementos e mellorar os procesos de exposición dos seminarios.
Os estudantes deberán desenvolver en grupo ou de forma individual ao longo do curso un traballo que deberán expoñer.
Excepcionalmente poderase realizar un exame final da materia.
A parte teórica desenvólvese con axuda de diferentes medios audiovisuais que xeren unha proposta atractiva dos contidos e faciliten a comprensión dos mesmos. Durante o desenvolvemento do temario poderanse utilizar programas informáticos e internet.
Todas as tarefas do estudante (estudo, traballos, lecturas) serán orientadas polo persoal académico en titorías que poderán ser de tipo presencial ou realizarse a través dos medios da USC-virtual.
En todos os casos, utilizaranse as ferramentas dispoñibles na USC-virtual para facilitar aos estudantes do material necesario para o desenvolvemento da materia (presentacións, apuntamentos, textos de apoio, bibliografía, vídeos, etc.) e para establecer unha comunicación fluída profesor-estudante.
A avaliación da materia será continua e compoñerase dunha combinación de:
Asistencia e actitude en clase: 10 %
Realización de actividades diversas (prácticas, problemas, tarefas diversas, etc.): 40 %
Desenvolvemento e presentación do seminario (individualmente ou en grupo): 50 %
De non cumprir calquera dos requisitos anteriores o estudante poderá presentarse a un exame en primeira convocatoria e de non superalo poderá presentarse a outro exame en segunda convocatoria. A cualificación obtida nestes exames será a que o estudante obteña como nota definitiva no proceso de avaliación da aprendizaxe.
Obterán a cualificación de non presentado os estudantes que non se presentaron ao exame nin se someteron á avaliación de ningunha outra actividade obrigatoria.
Todas as tarefas do estudante (estudo, traballos, lecturas) serán orientadas polo persoal académico en titorías que poderán ser de tipo presencial ou realizarse a través dos medios da USC-virtual.
En todos os casos, utilizaranse as ferramentas dispoñibles na USC-virtual para facilitar aos estudantes do material necesario para o desenvolvemento da materia (presentacións, apuntamentos, textos de apoio, bibliografía, vídeos, etc.) e para establecer unha comunicación fluída profesor-estudante.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”. Artigo 16. Realización fraudulenta de exercicios ou probas.
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
De forma xeral, poderanse realizar diferentes probas para verificación obtención coñecementos téoricos/prácticos e adquisición de habilidades e actitudes.
Estímase que o tempo de traballo persoal do alumno e outras actividades relacionadas coa preparación da materia serán aproximadamente de 44 horas, polo que contando as 15 horas de clases maxistrais, as 15 de seminarios prácticos, e 1 de titorías, as horas de traballo total que o alumno debería dedicar para superar a materia sen problemas sería dunhas 75 horas.
Sería recomendable que alumno tamén cursase as materias de Física de Fluídos e Física Atmosférica para unha mellor comprensión dos contidos propostos nesta materia.
Entre os requisitos previos recomendados destacar:
1. Unha capacidade crítica innata en todo estudante de Ciencias Experimentais, así como a inquietude polo coñecemento de todo o que nos rodea, e o rigor no traballo.
2. Ter cursado materias do grao de Física ou equivalentes.
3. Así mesmo, sería recomendable un coñecemento básico de inglés.
Tamén sería recomendable un coñecemento a nivel de usuario en informática, especialmente a nivel de Power Point para familiarizarse coas novas tecnoloxías á hora de dar calidade ás exposicións orais públicas, programas de tratamento de datos (Excel, Kaleidagraph ou Origin) para analizar os datos obtidos no traballo de laboratorio, e navegación por Internet para ter o acceso máis directo e rápido á maior información posible e á máis novidosa.
A docencia impartirase principalmente en galego e castelán.
Maria Del Pilar Brocos Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Teléfono
- 881813961
- Correo electrónico
- pilar.brocos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 4 |
Venres | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 4 |
26.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
03.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |