Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias Morfolóxicas, Física Aplicada
Áreas: Anatomía e Embrioloxía Humana, Electromagnetismo
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Resultados de aprendizaxe:
Nesta materia, o alumno deberá distinguir entre radiacións ionizantes e non ionizantes, así como valorar a contaminación electromagnética do medio e coñecer as diferentes aplicacións terapéuticas das radiacións non ionizantes a nivel térmico e non térmico.
As competencias específicas da materia serían as seguintes:
- Repasar os conceptos básicos da teoría electromagnética e coñecer a interacción dos campos electromagnéticos cos sistemas biolóxicos.
-Coñecer o comportamento electromagnético cando o tamaño do obxecto de estudo é moito menor, da orde ou moito maior que a lonxitude de onda.
- Introducir a dosimetría electromagnética e a taxa de absorción específica, comprender a súa dependencia das propiedades eléctricas do ser vivo e coñecer os métodos experimentais e numéricos (FDTD) para a súa estimación.
- Coñecer a normativa de exposición electromagnética actual, que para unha determinada frecuencia de funcionamento, impón restricións tanto ás intensidades de campo eléctrico e magnético como á densidade de potencia da onda electromagnética incidente.
- Discutir os efectos biolóxicos térmicos e atérmicos dos campos electromagnéticos.
- Revisar o estado da arte e os retos actuais na aplicación dos campos electromagnéticos na medicina.
1. Radiación ionizante e non ionizante.
2. Mecanismo do quecemento pola radiación electromagnética.
3. Tratamentos térmicos por diatermia e hipertermia.
4. Efectos térmicos nocivos.
5. Efectos atérmicos da radiación electromagnética.
6. Tasa de absorción específica.
7. Normas e prescripcións.
- C. Furse, D.A. Christensen, C.H. Durney, "Basic introduction to Bioelectromagnetics", 2ª Ed., CRC Press, 2008.
- F.S. Barnes, B. Greenebaum, "Handbook of biological effects of electromagnetics", 3ª Ed., CRC Press, 2007. Vol. 1: "Biological and medical aspects of electromagnetic fields". Vol. 2: "Bioengineering and biophysical aspects of electromagnetic fields".
- "Mobile Telephones: Networks, Applications, and Performance". Editado por Nova Science Publisher, Inc. Eds.: A.C. Harper, R.V. Burees, 2008.
- "Electromagnetic Fields: Principles, Engineering, Applications and Biophysical Effects". Editado por Nova Science Publisher, Inc. Eds.: K. Myung-Hee, Y. Sang-Ook, 2013.
Entre as competencias específicas cabe destacar:
- Adquirir os coñecementos básicos da interacción da radiación non ionizante e os seres vivos: efectos na saúde e estudos en modelos experimentais animais.
- Coñecemento da normativa sobre campos electromagnéticos. Estudos de organizacións internacionais, nacionais e locais non gobernamentais.
A materia desenrolarase en horas de clase maxistrais, utilizando todos os medios audiovisuais dos que se poida dispoñer (encerado, transparencias e canón de vídeo) e que fagan interesante e formativa a materia para o alumno. Se lle entregará ó estudante todo o material necesario para o estudo da materia. O alumno disporá das horas de titoría correspondentes.
A docencia das clases expositivas e interactivas será preferentemente presencial. As titorías poderán ser presenciais ou virtuais, habilitándose un foro de titorías na aula virtual para dúbidas específicas do temario. Para a realización de actividades en remoto previamente abrirase unha aula virtual da materia e empregaranse as ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
As probas finais terán CARÁCTER PRESENCIAL
“Tamén poderán utilizarse para avaliación continua os recursos das plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams)”.
Valorarase (a criterio do profesor) a participación e a actitude no traballo desenvolvido polo alumno nas distintas actividades presenciais ou telemáticas de avaliación continua da materia.
A asistencia a clase será obrigatoria e a avaliación será continua e realizarase mediante a entrega de boletíns de exercicios e/ou un traballo monográfico dun tema novidoso da bibliografía de antenas para o curso.
Haberá tamén un exame final, na data proposta polo decanato, para aqueles alumnos que non haxan superado a avaliación continua ou que decidan subir nota.
Actividade avaliable:
- Boletíns => Peso na nota de ata un 40 %
- Traballo => Peso na nota de ata un 60 %
Distribución de horas:
Teoría: 20h
Seminarios: 10h
Titorías: 1h
Traballo persoal e outras actividades: 44h
Traballo total do alumno: 75h
Aconséllase ós alumnos que visualicen tanto as notas como as presentacións das clases que previamente foron subidas ó campus virtual polo profesorado. Tamén, aconséllase a realización das actividades propostas polo profesorado e a utilización da bibliografía de apoio da materia que foi recomendada ó inicio do curso.
Francisco Jose Ares Pena
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Electromagnetismo
- Teléfono
- 881814016
- Correo electrónico
- francisco.ares [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Elena Lopez Martin
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881812310
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 7 |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 7 |
14.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
10.07.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |