Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 26 Clase Interactiva: 20 Total: 48
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular, Bioloxía Funcional
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular, Bioloxía Celular
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Esta materia obrigatoria está orientada a aqueles estudantes con coñecementos básicos en Inmunoloxía, unha ciencia biomédica que se encarga, entre outras cousas, do estudo do funcionamento normal do sistema inmunitario en condicións fisiolóxicas. Por tanto, un dos obxectivos desta materia será profundar sobre os mecanismos que emprega o sistema inmunitario para protexer ao individuo de agresións tanto externas como internas. Ademais, a Inmunoloxía é esencial actualmente na investigación biomédica mundial. Iso débese a que numerosas enfermidades complexas presentan un importante compoñente inmunitario. Deste xeito, un segundo obxectivo desta materia será que os estudantes adquiran unha seria de capacidades e coñecementos integradores (ao usar conceptos procedentes da Bioquímica, Xenética, Bioloxía Molecular e a Bioloxía Celular, etc), que á súa vez serán transversais e importantes para un mellor entendemento doutras do mestrado. Estes conceptos e ferramentas analíticas da Inmunoloxía aplícanse xa en diferentes ámbitos, como a investigación básica e sobre todo a traslacional, e son esenciais para o entendemento dos mecanismos mediante os que o sistema inmunitario pode contribuír a varias patoloxías, para o diagnóstico de enfermidades, o deseño de fármacos e novas terapias baseadas na estimulación e supresión do sistema inmunitario, superar as barreiras inmunitarias nos transplantes e a xeración de vacinas máis eficaces; sobre todo, para o tratamento de inmunodeficiencias ou enfermidades inflamatorias/metabólicas, alérxicas, infecciosas, autoinmunes ou tumorais.
EXPOSITIVAS (26 h): 13 h Bioloxía Celular (Área 050), 13 h Bioquímica (Área 060)
Área 050
TEMA 1. Evolución do sistema inmunitario (1 h): Unha visión xeral sobre a inmunidade en invertebrados e vertebrados non mamíferos: aspectos comparados con mamíferos.
TEMA 2. Avances no funcionamento do sistema innato (5 h): Heteroxeneidade en células innatas mieloides e linfoides. Papel de células non leucocitarias (eritrocitos, epiteliais, etc). Inflamación e inflamasoma. Células na fronteira innata-adquirida e funcións (células T e eosinófilos con TCR γδ, células MAIT, NK, NKT, etc).
TEMA 3. Fronteiras no coñecemento do sistema adquirido (7 h): Avances na maduración e activación de linfocitos T/B. Función da sinapse inmune. Diferenciación e heteroxeneidade T/B. Plasticidade. Papel de RNAs non codificadores, modificacións epixenéticas e metabolismo na resposta inmunitaria.
Área 060
TEMA 4. Novos aspectos sobre o funcionamento da memoria inmunitaria (6h): Sistema innato e “trained memory”. Memoria no sistema adaptativo: Heteroxeneidade en células T/B de memoria. Diferenciación e plasticidade. Papel da recombinación xenética, comunicación celular (citocinas, quimiocinas, vesículas extracelulares, RNAs non codificadores, modificacións epixenéticas, etc), metabolismo e microbioma.
TEMA 5. Avances no entendemento da homeostase no Sistema Inmunitario (7h): Control da resosta inmunitaria a nivel celular e molecular. Papel da comunicación celular (citocinas, quimiocinas, RNAs non codificadores, vesículas extracelulares), modificacións epixenéticas), metabolismo e microbioma. Inmunoloxía en trasplantes e embarazo.
SEMINARIOS (10 h). 5 h Bioloxía Celular (Área 050), 5 h Bioquímica (Área 060)
Área 050
SEMINARIO 1: Peculiaridades do funcionamento do sistema inmune no aparato respiratorio, dixestivo e xenitourinario (2 h). Interacción co microbioma e órganos con privilexio inmunitario.
SEMINARIO 2: Progresos en Neuroimmunoloxía (1h). Interacción dos sistemas nerviosos e inmunitarios. Barrera hematoencefálica. Bases inmunes en enfermidades neurolóxicas.
SEMINARIO 3: Cáncer e inmunidade (1 h)
SEMINARIO 4: Modelos computacionais en Inmunoloxía (1h).
Área 060
SEMINARIO 5: Fronteiras no coñecemento sobre o funcionamento do sistema inmune en enfermidades infecciosas e non infecciosas (4h). Inmunidade fronte a patóxenos (virus, bacterias, fungos, parasitos). Vacinas (composición e tipos), paradoxo de Hoskins e eficacia das vacinas. Reacciones de hipersensibilidade e enfermidades alérxicas. Enfermidades autoinmunes. Inmunodeficiencias primarias e secundarias (adquiridas). Inflamación: pros e contras. Regulación (medicamentos)
SEMINARIO 6: Cronobioloxía e sistema inmunitario (1h).
PRÁCTICAS DE LABORATORIO (10 h). 5 h Bioloxía Celular (Área 050), 5 h Bioquímica (Área 060)
A continuación, descríbense os contidos das dúas sesións interactivas de laboratorio correspondentes á materia de “Fronteiras en Inmunoloxía”, que realizaranse na Facultade de Bioloxía da USC. Estes contidos poderán ser modificados en función da dispoñibilidade de presuposto destinada ás prácticas para a compra dos reactivos de laboratorio:
PRÁCTICA 1: (5 h, área 060). Illamento de linfocitos T CD4+ mediante gradientes de densidade e MACS. Estudo da pureza de linfocitos mediante citometría de fluxo. Activación policlonal in vitro de linfocitos.
PRÁCTICA 2: (5 h, área 050). Análise de linfocitos en mitose (ciclo celular)
TITORÍAS (2 h)
Utilizaranse para a resolución de dúbidas que poidan ter os estudantes. Realizaranse ben de forma presencial de modo on-line a través da plataforma MS-Teams
Bibliografía básica
• Abbas, A. K., Lichtman, A. H., Pillai S. Basic Immunology: Functions and Disorders of the Immune System (2023; 7ª edición). Editorial Elsevier.
• Abbas, A. K., Lichtman, A. H., Pillai S. Inmunología celular y molecular (2022, 10ª edición). Editorial Elsevier Saunders.
• Delves P. J., Martin S. J., Burton D. R., Roitt I. V. Essential Immunology (2017, 13ª edición). Editorial Wiley-Blackwell.
• Janeway´s and Murphy K. Immunobiology (2016, 9ª edición) Editorial: GS Garland Science.
• Punt J., Stranford S., Jones P., Owen J.A., Kuby Immunology (2019, 8ª edición). Editorial MacMillan.
• Peakman M., Vergani D. Inmunología básica y clínica (2014, 2ª edición). Editorial Elsevier.
• Rich R.R., Fleisher T.A., Shearer W.T., Schroeder H.W. (Jr.), Frew A. J., Weyand C.M. Clinical Immunology: Principles and Practice (2019, 5ª edición). Editorial: Elsevier.
Bibliografía complementaria
• Asociación Americana de Inmunólogos: http://www.aai.org
• Federación Europea de Sociedades Inmunológicas: http://www.efis.org
• Sociedad Española de Inmunología: http://www.inmunologia.org
Coñecementos:
- Con03: Coñecer os fundamentos e aplicacións dos principais métodos experimentais avanzados e técnicas analíticas e moleculares de vangarda utilizados no ámbito de estudo das Biociencias Moleculares.
- Con06: Comprender as técnicas moleculares empregadas no diagnóstico e abordaxe terapéutica de diversas enfermidades, con énfases en todas aquelas técnicas moleculares, génicas e celulares, típicas do denominado medicamento personalizado.
Competencias:
- Comp03: Desenvolver a capacidade de identificar e corrixir as desigualdades por razóns de xénero, socioeconómicas e actuar con profesionalidade rexéndose por principios éticos, de rigor científico e de desenvolvemento sustentable.
- Comp04: Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos teóricos-prácticos dunha forma profesional e sexan competentes na formulación/resolución de problemas tanto en contextos académicos como profesionais relacionados coas Biociencias Moleculares
- Comp06: Desenvolver a capacidade de aprender de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor.
- Comp07: Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
Habilidades:
- H/D05: Aplicar os coñecementos do campo da Inmunología a calquera estudo de Biociencias Moleculares deseñando experimentos e empregando as técnicas e as ferramentas máis avanzados.
- H/D06: Interpretar resultados experimentais e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
- H/D08: Aplicar os coñecementos adquiridos na planificación e implementación de proxectos de investigación.
- H/D09: Aplicar adecuadamente os coñecementos e técnicas adquiridos para analizar unha situación ou concepto complexos e atopar unha maneira de liquidalos.
ACTIVIDADE PRESENCIAL
Empregaranse tanto clases expositivas como interactivas, e nas segundas aplicaranse conceptos de Inmunología a diferentes grupos de enfermidades e discutiranse casos prácticos e artigos de investigación. Será fundamental a participación dos alumnos.
• Clases expositivas: A metodoloxía de ensino será o sistema de clases maxistrais. Estas serán obrigatorias e 100% presenciais, ben directamente na aula ou a través de sistemas on-line síncronos. Durante as clases maxistrais desenvolverase o temario da materia. O material didáctico empregado polo profesor na aula será proporcionado ao alumnado a través da aula virtual, así como información complementaria.
- Seminarios: Os seminarios serán obrigatorios e 100% presenciais, ben directamente na aula ou a través de sistemas on-line síncronos. As metodoloxías docentes empregadas serán máis variadas, como a propia de seminarios, clases maxistrais, prácticas de aula de informática ou resolución de problemas/casos prácticos. A súa finalidade é ordenar os coñecementos adquiridos en clases expositivas, integralos, resolver problemas mediante a aplicación dos devanditos coñecementos ou mellorar certas habilidades, por exemplo o uso de aplicacións e bases de datos. Serán utilizados para tratar temas máis específicos da Inmunoloxía Humana e a aplicación de coñecementos teóricos. Promoverase neles unha maior participación do alumnado.
- Prácticas: As prácticas serán obrigatorias e 100% presenciais, realizándose nos laboratorios de Facultade de Bioloxía da USC. A metodoloxía docente empregada será a propia das prácticas de laboratorio. Tras unha breve introdución teórica, o alumnado, seguindo diversos protocolos, manexará mostras, procedementos e equipos para resolver distintas cuestións, o que requirirá aplicar coñecementos e interpretar resultados. O guión pode servir de caderno de prácticas, cunha serie de cuestións que os alumnos deberán responder e que virarán ao redor dos datos experimentais e as conclusións extraídas e que adoitan ser entregados ao finalizar as prácticas para a súa avaliación.
- Titorías: Serán voluntarias e 100% presenciais, ben virtuais síncronas (MS-TEAMS) ou mediante reunións no despacho dos profesores. Serán empregadas para resolver cuestións de clase.
TRABALLO AUTÓNOMO DO ESTUDANTE
• Periodicamente colgaranse na aula virtual preguntas curtas relacionadas cos contidos teóricos da materia. Ditas preguntas deberán ser resoltas DE MANEIRA INDIVIDUAL e entregadas en prazo por TODOS os alumnos (nova matrícula e repetidores) (actividade OBRIGATORIA e AVALIABLE). O seguimento destas actividades de avaliación continua farase mediante a entrega periódica e as titorías.
Xeneralidades en relación coa avaliación
• A avaliación será igual para repetidores e non repetidores, non gardándose notas de anos anteriores. Ademais, a avaliación será sempre igual nas dúas oportunidades.
Aspectos máis específicos
• Como parte da avaliación continuada terase en conta a asistencia e interese demostrado polos alumnos; en concreto o número e calidade das preguntas realizadas polos estudantes durante as clases teóricas e seminarios. Este apartado valorarase cun máximo de 1 punto (10% da nota final).
• Como parte da avaliación continua, puntuaranse tamén as cuestións propostas en clases teóricas e prácticas así como os casos prácticos asociados aos seminarios. Tamén incluirá a exposición de temas polos alumnos en seminarios. Este apartado valorarase cun máximo de 4 puntos (40% da nota final).
• Finalmente, realizarase un exame escrito tipo test, que terá un valor máximo de 5 puntos (50% da nota final).
Avaliación das competencias
• Todos os resultados da aprendizaxe, os cales inclúen os coñecementos (Con03, Con06), competencias (Comp 03, Comp04, Comp06, Comp07) e habilidades (H/D05, H/D06, H/D08/, H/D09) serán avaliadas mediante os traballos individuais (avaliación continua). No exame valoraranse fundamentalmente os coñecementos Con03 e Con06, a competencia Comp07, e as habilidades H/D06 e H/D09.
- Nº ECTS: 6
- Horas presenciais: 26 h exp. + 10 h sem. + 10 h práct. + 2 h tut. = 48 h
- Horas de estudio e traballo persoal: 102 h
- Total de horas: 6 ECTS x 25 h/ECTS = 150 horas
• Recoméndase a participación nas clases e o estudo da materia de maneira continuada.
• Repasar os contidos da materia antes dos seminarios, e facer uso das tutorías para solucionar as dúbidas que poidan xurdir.
• Tamén se recomenda empregar a bibliografía, lectura dos libros, artigos e outros documentos sinalados polos profesores da materia, así como a entrega en prazo das todas as actividades solicitadas.
• Recoméndase que a persoa que curse esta materia teña un bo nivel de inglés, así como coñecementos previos en Bioloxía da Célula, Histología, Bioquímica, Xenética, Fisioloxía e sobre todo Inmunoloxía humana.
• A materia disporá dunha aula virtual na plataforma Moodle
• A comunicación cos alumnos farase a través do correo electrónico, dun chat habilitado na plataforma Moodle e a través da aplicación MS-teams
• IMPORTANTE: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
• IMPORTANTE: Tamén queda terminantemente prohibida a distribución, por distintos medios (por exemplo, páxinas web) e sen consentimento dos profesores, de calquera material docente colgado na aula virtual ou proporcionada por outros medios.
Jesus Lamas Fernandez
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Teléfono
- 881816951
- Correo electrónico
- jesus.lamas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Francisco Javier Salgado Castro
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881816928
- Correo electrónico
- franciscojavier.salgado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | 1P AULA 1 PRIMEIRA PLANTA |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | 1P AULA 1 PRIMEIRA PLANTA |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | 1P AULA 1 PRIMEIRA PLANTA |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | 1P AULA 1 PRIMEIRA PLANTA |
21.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | FAC. BIOLOXÍA |
27.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | FAC. BIOLOXÍA |