Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
En relación coas competencias indicadas no programa da materia, os obxectivos que se pretenden acadar son:
- Coñecer e comprender os referentes teóricos da orientación académica.
- Coñecer e analizar necesidades persoais e institucionais en materia de orientación académica.
- Deseñar programas de orientación académica.
- Coñecer e manexar técnicas, instrumentos e recursos de orientación académica.
- Coñecer e comprender o rol de asesoramento e coordinación de accións de orientación académica.
BLOQUES TEMÁTICOS
1. Bases conceptuais da Orientación Educativa: concepto, funcións e áreas de intervención.
2. Deseño de plans e programas de Orientación:
a) Orientación nos procesos de ensino-aprendizaxe.
b) Orientación académico-profesional.
c) Orientación para a prevención e desenvolvemento humano.
d) Orientación en igualdade.
e) Orientación e atención á diversidade.
3. As Tecnoloxías da Información e Comunicación (TICs) como recurso para a Orientación.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Álvarez González, M. & Bisquerra, R. (2018). Orientación Educativa. Modelos, áreas, estrategias y recursos (2ª ed.). Wolters Kluwer.
Grañeras, M. & Parras, A. (coords.). (2009). Orientación educativa: fundamentos teóricos, modelos institucionales y nuevas perspectivas. CIDE. https://diversidad.murciaeduca.es/orientamur/gestion/documentos/inv2008…
Sobrado, L. M., Fernández Rey, E., & Rodicio, Mª. L. (coords.) (2012). Orientación Educativa. Nuevas perspectivas. Biblioteca Nueva.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Decreto 120 de 1998 [Consellería de Educación e Ordenación Universitaria], polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia. 27 de abril de 1998. DOG nº 79. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/1998/19980427/AnuncioB71A_gl.html
Cobos, A. (2022). Manual de orientación educativa. Teoría y práctica de la Psicopedagogía. Narcea.
Donoso-Vázquez, T. & Sánchez Martí, A. (2013). Orientación educativa y profesional. Estudio de casos. ISEP. https://www.isep.es/wp-content/uploads/2018/01/Libro-Orientacion.pdf
González, I. (2009). La Orientación académica y profesional en clave de igualdad. CEE Participación Educativa, 11, 110-121. https://pdfs.semanticscholar.org/ca1d/6625d657ae3076aa91bb7a837265c840d…
Martín, E. & Mauri, T. (coords.) (2011). Orientación educativa. Atención a la diversidad y educación inclusiva. Graó.
Martín, E. & Onrubia, J. (coords.) (2011). Orientación educativa. Procesos de innovación y mejora de la enseñanza. Graó.
Martín, E. & Solé, I. (coords.) (2011). Orientación educativa. Modelos y estrategias de intervención. Graó.
Orde do 24 de xullo de 1998 [Consellería de Educación e Ordenación Universitaria], pola que se establece a organización e funcionamento da orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia regulada polo Decreto 120/1998. 31 de xullo de 1998. DOG nº 147. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/1998/19980731/Anuncio107CA_gl.html
Orde do 8 de setembro de 2021 [Consellería de Educación e Ordenación Universitaria], pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia en que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. DOG nº 206. http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0598-211021-000…
Pérez Juste, R. (2006). Evaluación de programas educativos. La Muralla.
Pernas, B. y Vila, F. (2014). Orientación educativa sin sesgo de género antes de la Universidad. Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. https://www.fuhem.es/media/cdv/file/biblioteca/Boletin_ECOS/30/orientac…
Santana, L. E. (2015). Orientación educativa e intervención psicopedagógica Cambian los tiempos, cambian las responsabilidades profesionales. Pirámide.
Santana, L. E., Ruiz, V., & Trenta, M. (2023). Programa HEBE. Una propuesta de acción tutorial para 3.º y 4.º de Educación Secundaria Obligatoria. Pirámide.
WEBS
COPOE: https://copoe.org
Educonvives 2025: http://www.edu.xunta.gal/portal/Educonvives.gal
Orientación. Consellería de Educación. Xunta de Galicia: http://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/411
Entre as competencias que se recollen na Orde ECI/3858/2007, de 27 de decembro, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio das profesións de Profesor de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas, BOE número 312 de 29 de decembro de 2007, e as recollidas na Orde EDU3498/2011, e que o alumnado deberá desenvolver nesta materia, están as que se indican a continuación:
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CG6. Deseñar e desenvolver metodoloxías didácticas tanto grupais como personalizadas, adaptadas á diversidade dos estudantes.
CG8. Adquirir estratexias para estimular o esforzo do estudante e promover a súa capacidade para aprender por si mesmo e con outros e desenvolver habilidades de pensamento e de decisión que faciliten a autonomía, a confianza e iniciativas persoais.
CG9. Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula e dominar destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar a aprendizaxe e a convivencia na aula e abordar problemas de disciplina e resolución de conflitos.
CG11. Desenvolver as funcións de titoría e orientación do alumnado de maneira colexiada.
CG15. Informar e asesorar ás familias sobre o proceso de ensino e aprendizaxe e sobre a orientación persoal, académica e profesional dos seus fillos.
CG16. Traballar en equipo con outros profesionais da educación, enriquecendo a súa formación.
CG17. Desenvolver hábitos e actitudes para aprender a aprender ao longo do seu posterior desenvolvemento profesional.
CG18. Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas a contornas educativas novas ou pouco coñecidas.
CG19. Coñecer as características psicopedagóxicas do alumnado para poder avalialos e emitir os informes que se requiran.
CG20. Coñecer as medidas de atención á diversidade que se poden adoptar para poder realizar o asesoramento necesario en cada caso.
CG22. Desenvolver as habilidades e técnicas necesarias para poder asesorar adecuadamente ás familias sobre o proceso de desenvolvemento e de aprendizaxe dos seus fillos e fillas.
CB6. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CEG14. Identificar e valorar os factores e procesos que inciden na capacidade de aprendizaxe do alumnado e no seu rendemento escolar.
CEG15. Analizar, elaborar e revisar propostas de materiais, situacións e contextos educativos a partir do coñecemento destes factores e procesos e das teorías actuais da aprendizaxe e da instrución.
CEE18. Coordinar a elaboración do Plan de Acción Titorial nos diferentes niveles do sistema educativo (Infantil, Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato) e, no seu caso, o Plan de Orientación Académica e Profesional.
CEE19. Asesorar e colaborar co profesorado na revisión e mellora dos procesos de ensino e aprendizaxe e de avaliación, e polos en práctica en caso de impartir algunha materia do curriculum.
CEE20. Asesorar e colaborar cos docentes e, en especial, cos titores/as, no acompañamento ao alumnado nos seus procesos de desenvolvemento, aprendizaxe e toma de decisións.
CEE21. Orientar ao alumnado no seu coñecemento persoal, na progresiva definición e axuste de un proxecto de vida, e na adopción de decisión académicas e profesionais, de maneira que todo elo facilite a súa inserción laboral.
CEE23. Aplicar técnicas de mediación para a xestión de conflitos co fin de mellorar o clima de convivencia nos Centros.
CEE29. Avaliar as intervencións realizadas e derivar cambios para melloralas.
CEE31. Coñecer e empregar algunhas ferramentas dixitais básicas pola súa utilidade nas tarefas de orientación e titoría e no desenvolvemento das funcións do orientador/a.
CEE32. Analizar criticamente as formulacións conceptuais e ideolóxicas da inclusión e a exclusión socioeducativa.
CEE34. Deseñar e pór en marcha, en colaboración coa comunidade escolar, medidas de atención á diversidade que garantan a presenza, participación e aprendizaxe de todo o alumnado.
CEE37. Deseñar e pór en marcha, utilizando os recursos do sistema de orientación, intervencións de apoio para todo o alumnado que o requira no marco do Plan de Atención á Diversidade.
CEE38. Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afecten a estudantes con diferentes capacidades e diferentes ritmos de aprendizaxe.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1. Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xenerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
CT2. Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións.
CT3. Potenciar a capacidade para o traballo en contornas cooperativas e pluridisciplinarios.
A metodoloxía da ensinanza combinará:
1.- Exposicións realizadas polo profesor dos contidos fundamentais de cada unidade temática, seguidas de debates dirixidos a unha maior clarificación e axuste terminolóxico e relacional.
2.- Unha actividade práctica orientada á planificación de actividades de orientación e titoría para contextos educativos determinados. Realizaranse en sesións interactivas de seminario nas que o alumnado traballará sempre en grupo e interactivamente os contidos correspondentes a partir da análise de documentos, manexo de técnicas e instrumentos, e resolución de situacións prácticas. Estes grupos conformaranse na primeira sesión interactiva. Nesta e sucesivas sesións os equipos de traballo disporán con antelación das indicacións e materiais para ir realizando a tarefa práctica segundo o programado. Recoméndase que cada grupo de traballo dispoña polo menos dun dispositivo electrónico para poder desenvolver as tarefas encomendadas.
As actividades de traballo autónomo inclúen, basicamente, o estudo individual do material bibliográfico básico e complementario que se indique, e a realización das actividades sinaladas polo propio grupo de traballo para as sucesivas sesións interactivas.
No desenvolvemento da materia utilizarase a plataforma virtual da USC como contorna de apoio asíncrono ao proceso de ensino-aprendizaxe, podendo atopar na aula virtual os seguintes elementos:
- Repositorio de materiais de consulta e de estudo: documentos bibliográficos de apoio, temario exposto nas clases expositivas, instrucións e recursos de apoio para a elaboración da actividade práctica a desenvolver nas sesións interactivas, e aqueloutros recursos necesarios para o seguimento da materia por parte de todo o alumnado (en réxime ordinario ou con dispensa de asistencia).
- Ferramentas de comunicación co alumnado, tanto individual como grupal: empregaranse a mensaxería e os foros, principalmente.
- Espazo de entrega/realización de tarefas programadas para a realización grupal e/ou individual: a entrega/realización de actividades prácticas programadas e aqueloutras actividades que se poidan establecer (exercicios prácticos, actividades de avaliación, etc.), será realizada a través da activación de tarefas a través da aula virtual. Excepcionalmente, podería utilizarse o correo electrónico institucional para a entrega de traballos prácticos.
De ser o caso, na materia poderase contemplar a posibilidade de desenvolver, cando menos, unha práctica de campo compartida con outras materias do curso (visitas, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións) na perspectiva dunha práctica interdisciplinar que será abordada e valorada desde cada unha das materias participantes.
A avaliación terá primariamente un propósito formativo (avaliación continua) -ao longo de todo o semestre- en base principalmente á observación das dinámicas grupais do alumnado desenvoltas fundamentalmente nas clases interactivas.
Na avaliación global da materia tomarase en consideración o seguinte:
1.- O desempeño obtido na realización dunha proba individual sobre a materia impartida (30% da cualificación final). A proba terá lugar na data e hora oficial. Non se cambiará a data da proba a ningún estudante, salvo nos casos contemplados na Normativa sobre Avaliación do Rendemento Académico da USC ou outras situacións sobrevidas e reguladas pola USC.
2.- A realización dun traballo en grupo (deseño dun programa de orientación) coa orientación e seguimento do profesor (60% da cualificación final) a desenvolver total ou parcialmente nas clases interactivas. Serán criterios de avaliación o nivel de logro dos obxectivos da actividade e a adecuación (aspectos formais e de contido) e suficiencia da mesma.
3.- A participación na aula a partir da exposición do traballo de grupo (10% da cualificación final), seguindo os mesmos criterios que no caso do traballo en grupo.
Será preciso superar todas as partes para aprobar a materia.
Tamén para aprobar, será requisito imprescindible asistir ao 80% das clases da materia. Non se recollerán prácticas fose das datas sinaladas. Só nos casos en que a ausencia sexa debida a algunha das razóns contempladas na normativa citada, que o estudante terá que xustificar documentalmente, se lle permitirá realizar a práctica con posterioridade e entregala, sempre que cumpra o prazo que se lle indique.
Os traballos deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente edición da convocatoria. Para efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser empregado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Así mesmo, na realización dos traballos/prácticas seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed. Washington: APA, 2019-, que se poden consultar no seguinte enlace: https://apastyle.apa.org
Datas de exames: no calendario oficial.
DISPENSA DE ASISTENCIA E OUTRAS CASUÍSTICAS
O alumnado con dispensa de asistencia a clase concedida (Instrución 1/2017, da Secretaría Xeral) será avaliado co mesmo sistema de avaliación que o resto de alumnado. Unha vez concedida a dispensa o alumno ou a alumna debe pórse en contacto co profesor para establecer un plan de seguimento.
Outros casos xustificados-acreditados, serán tratados como o alumnado con dispensa de asistencia, salvo que se vexa afectada a parte práctica.
XULLO
O alumnado, de ser o caso, deberá superar as partes pendentes da materia (entrega de traballo práctico e exposición e/ou proba individual).
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
- Clases expositivas en gran grupo: 9 horas
- Clases interactivas en grupo mediano e aula normal (seminarios, debates, exposicións...): 12 horas
TOTAL HORAS TRABALLO PRESENCIAL NA AULA: 21 horas
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
- Estudo autónomo individual ou en grupo: 28 horas
- Redacción de traballos relacionados coa materia: 4 horas
- Programación/experimentación ou outros traballos con medios técnicos (ordenador, laboratorio, recollida de datos...): 6 horas
- Preparación de debates e presentacións orais: 5 horas
- Lecturas recomendadas e buscas bibliográficas: 8 horas
TOTAL HORAS TRABALLO PERSOAL: 51 horas
• Asistencia regular ás clases expositivas e interactivas, ou, de ser o caso, seguimento regular da materia a través da aula virtual.
• Apoio na titoría presencial/virtual de xeito regular.
• Consulta e estudo dos materiais recomendados polo profesor da materia.
• Realización e participación activa nas actividades prácticas.
• Traballo do alumno/a dun modo progresivo para acadar a comprensión da materia.
ASISTENCIA A CLASE
O Máster ofertarase exclusivamente en formato presencial. A asistencia mínima a clases establécese con carácter xeral no 80% do horario de cada materia, e se considerará requisito preceptivo para presentarse a calquera das convocatorias ou oportunidades de avaliación previstas na planificación académica do curso. Non se computarán como tales as inasistencias que respondan ás “causas xustificadas” recollidas no apartado 3 da Normativa de asistencia a clases da USC (Acordo do Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010) (https://minerva.usc.es/xmlui/bitstream/10347/13189/1/XA0830.PDF).
A dispensa da asistencia á clase ante determinadas circunstancias (instrución num. 1/2017 da Secretaría Xeral da USC), non poderá ser aplicada ás clases interactivas onde se desenvolvan actividades prácticas que requiran da presencia do alumnado.
Para facilitar un axeitado desenvolvemento da docencia nesta e noutras materias, é conveniente que respectemos os horarios de entrada e saída da aula. En consecuencia, por razóns organizativas e de respecto aos demais, espérase de todas/os que fagamos o esforzo de ser puntuais.
Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación cos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia, todos serán entregados en formato dixital.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotián de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://pro-assets-usc.azureedge.net/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
Tamén se utilizarán outras medidas para aplicar o enfoque de xénero na docencia das prácticas, tales como o recoñecemento e consideración das situacións particulares das alumnas, a promoción dun clima de interaccións igualitario, a organización paritaria de grupos sempre que sexa posible, a visibilización das achegas científicas e técnicas das mulleres na materia e das propias alumnas e a introdución do xénero como categoría de análise dos traballos do alumnado.
PROTECCIÓN DE DATOS
Será obrigatorio cumprir coa normativa vixente na USC para a protección de datos (https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos).
COMUNICACIÓN
Miguel Anxo Nogueira Pérez. Teléfono: 881813816 // Correo electrónico miguelanxo.nogueira [at] usc.es (miguelanxo[dot]nogueira[at]usc[dot]es).
O alumnado deberá empregar necesariamente o correo electrónico da USC (@rai.usc.es) na súa comunicación co profesor.
Horario de titorías do profesor: exposto no despacho, na aula virtual e na páxina web da Facultade.
Será obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras facilitadas pola Facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola Universidade.
O proceso de ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é privado, entendendo como tal un proceso de comunicación e intercambio entre o docente e o alumnado matriculado na materia.
GUÍA PRÁCTICA DO ESTUDANTADO
Recoméndase consultar a Guía Práctica do Estudantado, que contén referencias ás programacións, avaliacións, etc. accesible na páxina: https://assets.usc.gal/sites/default/files/paragraphs/moreinfo/2020-10/…
PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS NA REALIZACIÓN DE TAREFAS OU PROBAS
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Miguel Ángel Nogueira Pérez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813816
- Correo electrónico
- miguelanxo.nogueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Xoves | |||
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
30.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
01.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |