Créditos ECTS Créditos ECTS: 3.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 59.5 Horas de Titorías: 3.5 Clase Expositiva: 10.5 Clase Interactiva: 14 Total: 87.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Educación, Sociedade e Política Educativa é unha materia obrigatoria do módulo xenérico no Máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas da Universidade de Santiago de Compostela, cunha carga lectiva de 3,5 créditos, adscrita ao Departamento de Pedagoxía e Didáctica.
O exercicio da profesión docente require dunha materia destas características que achegue unha dimensión pedagóxica de base na formación inicial do futuro profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas, introducíndoo na análise e comprensión crítica da educación e os procesos en que se desenvolve, das relacións entre educación e sociedade, e a súa concreción en propostas de política educativa que acompañan ao cambio social e ás novas necesidades que del se derivan.
Considerando as finalidades indicadas e os referentes que deben definir a formación inicial dos/as ensinantes no marco universitario, os obxectivos a conseguir nesta materia oriéntanse a:
1) Adquirir e dominar os elementos terminolóxicos e conceptuais básicos da Teoría e Historia da Educación e a Pedagoxía Social, en relación co exercicio docente nas institucións educativas.
2) Desenvolver a capacidade de análise e conciencia crítica respecto das prácticas educativas e das relacións establecidas entre o sistema educativo e o sistema social.
3) Analizar teórica e comprensivamente a realidade institucional e social do sistema educativo español, e máis particularmente da súa concreción en Galicia.
4) Potenciar e exercitar capacidades básicas para o exercicio docente, tales como observación, reflexión e síntese, traballo en equipo, comunicación, investigación e pensamento crítico.
Os contidos da materia organízanse arredor dos tres seguintes bloques:
1. EDUCACIÓN E SOCIEDADE
1.1. Teoría da educación: fundamentos, conceptos e procesos educativos.
1.2. Socialización e educación: o proceso de socialización; axentes e contextos educativos; funcións sociais da educación.
1.3. O pensamento pedagóxico: enfoques e perspectivas críticas na renovación educativa.
2. CAMBIO SOCIAL E POLÍTICA EDUCATIVA
2.1. Política e lexislación educativa; os procesos de reforma e a evolución do sistema educativo.
2.2. A educación secundaria na LOMLOE.
2.3. Cuestións críticas na política educativa actual.
3. A EDUCACIÓN EN VALORES
3.1. A transversalidade da educación en valores no currículo escolar.
3.2. Perspectivas da educación en valores.
3.3. A construción dunha sociedade inclusiva e sostible.
Bibliografía básica
Ayuste, A., Flecha, R., López Palma, F., & Lleras, J. (2005). Planteamientos de la Pedagogía Crítica: comunicar y transformar. Graó.
Colom, A., Domínguez, E., & Sarramona, J. (2011). Formación básica para los profesionales de la educación. Ariel.
Comisión Internacional sobre los Futuros de la Educación. (2022). Reimaginar juntos nuestros futuros. Un nuevo contrato social para la educación. UNESCO. https://unesdoc.unesco.org/ark:/48223/pf0000379381_spa
Palacios, J. (1989). La cuestión escolar: críticas y alternativas. Laia.
Bibliografía complementaria
Capitán, A. (2002). Breve historia de la educación en España. Alianza.
Carbonell, J. (2019). La educación es política. Octaedro.
Coll, C. (Coord.). (2010). Desarrollo, aprendizaje y enseñanza en la educación secundaria. MEC/Graó.
Delors, J. (1997). La educación encierra un tesoro. Santillana/UNESCO.
Díez, F. J. (2018). Neoliberalismo educativo. Educando al nuevo sujeto neoliberal. Octaedro.
Díez, F. J., & Rodríguez, J. R. (2021). Educación crítica e inclusiva para una sociedad poscapitalista. Octaedro.
Fernández Enguita, M. (2017). Más escuela y menos aula. Morata.
Freire, P. (2006). Pedagogía de la autonomía. Saberes necesarios para la práctica educativa. Siglo XXI.
Imbernón, F. (Coord.). (2010). Procesos y contextos educativos en la educación secundaria. MEC/Graó.
Marchesi, A., & Martín, E. (2014). Calidad de la enseñanza en tiempos de crisis. Alianza.
Meirieu, P. (2006). Carta a un joven profesor. Por qué enseñar hoy. Laertes.
Merchán, F. J. (2021). La política educativa de la democracia en España (1978-2019): Escolarización, conflicto Iglesia-Estado y calidad de la educación. Archivos Analíticos de Políticas Educativas, 29(61). https://doi.org/10.14507/epaa.29.5736
Ministerio de Educación y Formación Profesional. (2023). Sistema estatal de indicadores de la educación 2023. Secretaría General Técnica. https://www.educacionfpydeportes.gob.es/inee/indicadores/sistema-estata…
Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes & Consejo Escolar del Estado. (2023). Informe 2023 sobre el estado del sistema educativo. Curso 2021-2022. Secretaría General Técnica. http://ntic.educacion.es/cee/informe2022/i22cee-informe.pdf
Obiols-Suari, N. (2021). Erich Fromm y la relación educativa. Teoría de la Educación. Revista Interuniversitaria, 33(1), 51-69. https://doi.org/10.14201/teri.23415
Puelles, M. de (2018). Política, legislación y educación. Universidad Nacional de Educación a Distancia, UNED.
Puelles, M. de, & Menor, M. (Coords.). (2018). El artículo 27 de la Constitución. Cuaderno de quejas. Morata.
Romero, C., & Núñez, L. (2017). Teoría de la Educación. Capacitar para la práctica. Pirámide
Xunta de Galicia. (Setembro, 2023). Datos e cifras do ensino non universitario. Curso 2023/2024. Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. https://www.edu.xunta.gal/portal/node/1196
Revistas de referencia
Revista de Educación. http://www.educacionyfp.gob.es/revista-de-educacion/inicio.html
Historia y Memoria de la Educación. http://revistas.uned.es/index.php/HMe
Revista Española de Pedagogía. https://revistadepedagogia.org/
Revista interuniversitaria de Formación del Profesorado. https://recyt.fecyt.es/index.php/RIFOP
Competencias xerais
CX7. Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe, con especial atención á equidade, á igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, e á formación cidadá respecto dos dereitos humanos que facilita a vida en sociedade e a toma de decisións para a construción dun futuro sostible.
CX10. Deseñar e realizar actividades formais e non formais que contribúan a facer do centro educativo un lugar de participación e cultura na contorna na que está situado.
CX13. Coñecer a normativa e organización institucional do sistema educativo e os modelos de mellora da calidade nos centros de ensino.
Competencias específicas
CE1. Identificar as características dos/as estudantes, os seus contextos sociais e motivación educativa.
CE8. Promover accións de educación emocional, en valores e formación cidadá.
CE10. Relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxe como na educación respecto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, na igualdade de trato e a non discriminación das persoas con discapacidade.
Competencias transversais
CT1. Utilizar bases de datos e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
CT2. Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións.
CT3. Potenciar a capacidade para o traballo en contornas cooperativas e pluridisciplinarias.
O conxunto de procedementos propostos e desenvolvidos para lograr os obxectivos da materia "Educación, Sociedade e Política Educativa" centrarase nos principios pedagóxicos da participación, discusión crítica, aprendizaxe autónoma e cuestionamento das realidades educativas e sociais.
Dende unha óptica teórica, metodoloxicamente, o desenvolvemento dos contidos fundaméntase na perspectiva da complexidade, que esixe situar os contidos no contexto das múltiples realidades sociais, e tamén relacionar os devanditos coñecementos cos saberes xerados nas disciplinas e ciencias que fundamentan a materia: Teoría da Educación, Historia da Educación, Pedagoxía Social, Socioloxía da Educación e Antropoloxía da Educación; coñecementos que no seu conxunto facilitan a explicación e comprensión profunda e contextualizada do proceso educativo.
Tomando en conta os principios da materia, desenvolveranse as seguintes actividades:
- Sesións expositivas.
- Sesións interactivas (actividades prácticas, debates, dinámicas de grupo, simulacións, comentarios de lecturas, material audiovisual…)
- Titorías individuais e grupais.
- Visitas-estudo a institucións/recursos educativos vinculados coa materia.
- Traballo persoal do alumnado, que require tanto a lectura reflexiva e crítica dos materiais de referencia e a busca de novas achegas, como tamén a participación no desenvolvemento das sesións de clase.
A aula virtual será o principal recurso de formación para a difusión de información, o almacenamento de apuntamentos, dossier de lectura, directrices de desenvolvemento de traballos, etc., e para a recepción das tarefas encargadas.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
A avaliación será integral, continua e formativa. Aplicarase ás actividades individuais e grupais, en función das diversas tarefas de ensino e aprendizaxe propostas durante o desenvolvemento da materia.
A avaliación dos/as estudantes centrarase no proceso e nos resultados, tomándose como referencia os seguintes criterios:
a) habilidades docentes básicas (capacidade de traballo en equipo, sistematicidade e organización, claridade expositiva, capacidade de comunicación, empatía).
b) dominio dos contidos da materia (calidade de coñecementos, argumentación, capacidade de elaboración e relación conceptual).
Actividades de avaliación
A. ASISTENCIA E IMPLICACIÓN NAS SESIÓNS DE CLASE (expositivas, interactivas e titoría). É un requisito para a avaliación a asistencia a un 80% das sesións de clase, agás o alumnado que teña recoñecida a exención oficial de docencia ou a dispensa de asistencia. O alumno ou alumna que non asista ao 80% mínimo e non teña recoñecida a exención oficial de docencia ou a dispensa de asistencia será considerado como alumnado Non Presentado na correspondente oportunidade.
B. PRÁCTICAS OBRIGATORIAS (50%). Realizaranse tres prácticas obrigatorias, unha correspondente a cada bloque da materia:
Bloque 1: Perspectivas pedagóxicas (grupal/individual) (15%)
Bloque 2: Problemas actuais na política educativa (grupal) (25%)
Bloque 3: Educación en valores (grupal) (10%)
A descrición e directrices para a realización destas prácticas serán publicadas na aula virtual e explicadas polo/a docente ao comezo do cuadrimestre.
C. PROBA ESPECÍFICA DE AVALIACIÓN (50%) que tomará en conta todos os contidos impartidos na materia e a lectura do dossier de textos. O alumnado deberá elixir entre unha das seguintes modalidades de proba específica:
1) Exame tradicional con preguntas de desenvolvemento no que se esixirán respostas complexas e reflexivas.
2) Ensaio crítico sobre “Educación, Sociedade e Política Educativa”, no que se esixirá razoar de maneira argumentada sobre as achegas da materia á formación do profesorado tomando como referencia os contidos da materia e o dossier.
Para aprobar a materia é condición imprescindible superar cada un dos apartados de avaliación.
Exención oficial de docencia e dispensa de asistencia
O alumnado excepcionalmente dispensado de asistencia, segundo a Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral da Universidade de Santiago de Compostela (https://minerva.usc.es/xmlui/handle/10347/15644) deberá realizar as seguintes tarefas de avaliación:
A) PROBA ESPECÍFICA DE AVALIACIÓN (60%) que tomará en conta todos os contidos impartidos na materia e a lectura do dossier de textos. O alumnado poderá elixir entre as dúas modalidades descritas anteriormente.
B) PRÁCTICAS OBRIGATORIAS (40%). Desenvolvemento individual das prácticas obrigatorias indicadas polo/a docente para todos os/as alumnos/as que cursan a materia.
Para aprobar a materia é condición imprescindible superar cada un dos apartados de avaliación.
O alumnado con exención oficial de docencia e/ou dispensa de asistencia deberá presentarse - obrigatoriamente- a unha titoría para informar sobre a súa condición en canto reciba o documento oficial que acredita a súa situación. O/A docente da materia só considerará exentos/as de docencia e dispensados/as de asistencia a aqueles/as alumnos/ as que lle informaran oficialmente sobre esta circunstancia.
Convocatorias posteriores
As condicións de avaliación expresadas neste documento manteranse vixentes por un curso académico.
Seguindo as indicacións recollidas na memoria do Máster, estímase que cada crédito cursado nesta materia require dezasete horas de estudo e traballo persoal por parte das e dos estudantes, seis horas de docencia presencial e dúas horas de titorías grupais e/ou individuais.
Aconséllase un traballo continuado na materia, recomendándose prioritariamente:
- Unha lectura detida, reflexiva e crítica do Programa da materia.
- Manter unha vinculación continuada cos ritmos que se deriven dos procesos de ensino e aprendizaxe promovidos na materia, e nas diferentes modalidades de sesións de traballo.
- Ter en conta unha adecuada organización do tempo, compatibilizando os requirimentos desta materia coas demais do Máster.
- Realizar lecturas de libros e publicacións integradas na bibliografía da materia e doutras recomendadas polo profesorado.
- Facer uso das titorías como un dereito do alumnado.
1. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
2. Responsabilidade medioambiental. No caso de ser solicitada a entrega en papel, deben cumprise os seguintes requisitos:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
- Imprimir a dúas caras en calidade "aforro de tinta".
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
3. Perspectiva de xénero.
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/igualdade/cultura-institucional
4. Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai. Calquera circunstancia persoal que poida alterar o seguimento da materia por parte do alumnado deberá ser comunicada ao profesorado para a súa oportuna e adecuada consideración, mediante o correo electrónico da USC (@rai.usc.es)
5. Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
6. Utilización do móbil na aula. Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo profesorado, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
7. Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado; enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre a/o docente e o estudantado matriculado na materia.
8. Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/institucional/goberno/area/normativa/proteccion-…
9. Normas para a realización de traballos. Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas da American Psychological Association (APA), 7ª edición.
Maria Do Carmen Cambeiro Lourido
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Correo electrónico
- mariadocarmen.cambeiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a laboral fixo/a
German Vargas Callejas
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813820
- Correo electrónico
- german.vargas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor