Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Latina
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Ao tratarse dun programa no que pode darse a posibilidade de que conflúan alumnos de diferentes titulacións, non será considerado de especial relevo o dominio das linguas grega e latina.
Nesta materia o obxectivo é que os alumnos e alumnas adquiran destreza no emprego dos novísimos recursos electrónicos para ensino de Lingua Latina,Lingua Grega e Cultura Clásica en Ensino Secundario e de Bacharelato. Grazas ao traballo dos nosos colegas de IES, a rama dos Estudos Clásicos é unha das grandes beneficiarias do desenvolvemento dos recursos electrónicos para a docencia. Este curso persegue introducir aos alumnos nun campo cuxa amplitude é inabarcable.
Así mesmo, será obxecto de atención a lexislación vixente respecto ao Ensino Secundario e de Bacharelato que, como a nosa experiencia indícanos, adoita ser un gran enigma para os estudantes de máster e doutoramento
Tema 1: Rudimentos para a presentación de material docente de Lingua Latina e Lingua Grega
Tema 2: Localización de temas en textos gregos e latinos. Ferramentas auxiliares en soporte magnético e electrónico
Tema 3: Axudantes de tradución
Tema 4: Exercicios interactivos para o ensino de Latín e Grego
Tema 5: Plataformas de aulas virtuales
Tema 6: Traballar con imaxes e videos
Tema 7: Elaboración de tutoriais
Non se traballa con bibiografía en soporte papel nin tampouco con bibliografía, en sentido estrito, en soporte electrónico.
Como se indicou, os enlaces ás aplicacións, ferramentas e recursos dixitais que serán obxecto de estudo atópanse na aula virtual Moodle desta materia.
-BÁSICAS:
-CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de
ideas, a miúdo nun contexto de investigación
-CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de
ser en gran medida autodirigido ou autónomo
-XENERAIS:
-CG3 - Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias dos respectivos ensinos, atendendo ao nivel e formación previa dos estudantes, así como
á orientación dos mesmos, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro
-CG4 - Buscar, obter, procesar e comunicar información (oral, impresa, audiovisual, dixital ou multimedia), transformala en coñecemento
e aplicala aos procesos de ensino e aprendizaxe nas materias propias da especialización cursadas.
-CG8 - Adquirir estratexias para estimular o esforzo do estudante e promover a súa capacidade para aprender por si mesmo e con outros, e desenvolver habilidades de pensamento e de decisión que faciliten a autonomía, a confianza e iniciativas persoais
O plantexamento será fundamentalmente práctico. A totalidade das sesións docentes impartiranse na aula de informática. Absolutamente todos os recursos, aplicacións e ferramentas coas que se traballará están organizadas temáticamente na aula virtual de Moodle desta materia que cumple, así, as funcións de exhaustivo repositorio dixital.
Semanalmente no aula virtual sinalaranse unha serie de tarefas relacionadas cos contidos vistos nas sesións presenciais. A súa realización esixirá un total de 150 horas. A profesora señalará semanalmente as tarefas que deberán estar realizadas para a primeira sesión da semana seguinte. Esto é condición indispensable para superar a asignatura.
Avaliación continua coas seguintes especificaciones:
-Asistencia a clase: un 50% da cualificación.
-Exercicios prácticos: un 25% da cualificación
-Dominio da teoría: un 25% da cualificación
No caso de que o alumno ou alumna deba presentarse a convocatoria de xullo, terá que superar un exame teórico-práctico dos contidos explicados durante o curso.
Si por algunha razón, algún alumno/-a ten unha dispensa de asistencia ou no lle é posible asistir a clase por existir coincidencia horaria con outra materia, será esencial que se poña en contacto coa profesora a principio de curso (en ningún caso cando o curso estea xa avanzado). Ela indicaralle o modo deproceder.
A circunstancia de dispensa posibilitará que ao alumno ou alumna non se lle teña en conta negativamente a non asistencia a clase. En ningún caso, nembargantes, o eximirá da realización do exame final, de carácter teórico-práctico, na data oficial marcada para tal fin. A non asistencia a clase non será motivo para que sufra menoscabo a cualificación obtida.
Na segunda oportunidade, os criterios de avaliación serán os mesmos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
2 ou 3 horas a semana
-Responsabilidade mediambiental: procurarase:
Evitar a entrega de traballos en soporte papel
Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
-Perspectiva de xénero: recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/es/servizos/oix/documentacion.html
-Lémbrase:
Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos. Cf. https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Cecilia Criado Boado
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Latina
- Teléfono
- 881811887
- Correo electrónico
- cecilia.criado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 04 - MÚSICA |
Xoves | |||
16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 04 - MÚSICA |
22.05.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 14 |
30.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 33 |