Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 85 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 20 Total: 125
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Lingüística Xeral
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Obxectivos da materia
1. Introducir ao alumnado nos principais fundamentos e teorías que sustentan o ensino e aprendizaxe de linguas.
2. Familiarizar ao alumnado coas orientacións do ensino de linguas que emanan das directrices e documentos europeos.
3. Fomentar a colaboración didáctica no ensino e aprendizaxe de linguas.
4. Orientar cara a elaboración de proxectos interlingüísticos para o ensino secundario.
Tema 1. O proceso de adquisición de linguas.
1.1. Linguas primeiras e linguas engadidas.
1.2. A adquisición da L1 fronte á aprendizaxe da L2: semellanzas e diferenzas.
Tema 2. Enfoques e correntes metodolóxicas no ensino de linguas.
2.1. Evolución histórica dos métodos e enfoques no ensino de idiomas.
2.2. Métodos tradicionais: método gramática-tradución, métodos estruturais, método audiolingual ou audiolingüístico.
2.3. Os enfoques comunicativos actuais: o ensino comunicativo da lingua, o ensino baseado en tarefas.
Tema 3. Pautas e instrumentos para o ensino e aprendizaxe de linguas.
3.1.O Marco común europeo de referencia para as linguas. A competencia comunicativa: competencia lingüística, sociolingüística e pragmática. Os niveis de referencia.
3.2. O Portfolio europeo das linguas. Ferramenta para promover o plurilingüismo e a conciencia intercultural.
Tema 4. Desenvolvemento da competencia plurilingüe e intercultural nas aulas de lingua.
4.1. Desenvolvemento da competencia plurilingüe e intercultural nas aulas de lingua.
4.2. Aproximacións plurais á aprendizaxe das linguas. Marco de referencia para as aproximacións plurais (CARAP).
4.3. A didáctica da intercomprensión na educación lingüística. Conceptos e plataformas para o seu desenvolvemento.
4.4. O tratamento integrado das linguas no sistema educativo (CLIL/AICLE). Aspectos lingüísticos e críticos sobre os Proxectos interlingüísticos.
Seminarios interactivos:
Nos seminarios interactivos desenvolveranse actividades e traballos de xeito colaborativo e que recollerán aspectos diversos do programa de contidos, cunha metodoloxía baseada no debate, a interacción e a exposición dos mesmos. Algunas destas actividades realizaranse a través da plataforma do campus virtual da USC.
Para o tema 1: exercicicios cunha selección de textos nos que se expoñan diferentes enfoques sobre a adquisición e aprendizaxe das linguas, así como os conceptos de linguas primeiras e linguas engadidas.
No tema 2: desenvolveranse actividades con materiais didácticos para o ensino de linguas co obxectivo de someter a unha reflexión crítica os diferentes enfoques metodolóxicos empregados nos mesmos.
Para o tema 3: actividades en grupo para a reflexión e exposición sobre diferentes aspectos e apartados do MCER e o Portfolio.
No tema 4: Actividades de reflexión crítica sobre as linguas en contacto nos proxectos interlingüísticos e no tratamento integrado das linguas.
Actividades de búsqueda de recursos en internet sobre os programas AICLE e os enfoques plurilingües, e reflexión conxunta sobre as vantaxes e dificultades da súa implantación.
Bibliografía básica:
Cantero Serena, F. J. (2019): El arte de no enseñar lengua. Octaedro: Barcelona.
Consello de Europa (2001): Marco europeo común de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación. Publicación en liña: http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/Marco_textoI.pdf (Xunta de Galicia, 2006).
Council of Europe (2020): Common European Framework of Reference for languages: learning, teaching, assesment. Companion Volume. Dispoñible en línea: https://rm.coe.int/common-european-framework-of-reference-for-languages…
San Isidro Agrelo, Fco. Xabier (2011): Materiais Plurilingües 3.0: Formación, creación e difusión. Santiago de Compostela: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria . Publicación en liña: http://www.edu.xunta.es/web/node/3383
Bibliografía complementaria:
Andrade, A. I. e Pinho, S (2010): Línguas e Educaçao: práticas e percursos de trabalho colaborativo,Aveiro, Universidade de Aveiro
Baker, C. (1997): Fundamentos de Educación Bilingüe y Bilingüismo. Cátedra: Madrid.
Candelier, M . (cood.) (2012): CARAP. Cadre de Référence pour les Approches Plurielles des Langues et des Cultures, Conseil de l'E urope/Centre Européen pour les Langues Vivants. Dispoñible en liña: https://carap.ecml.at/
Cassany, Daniel (2006): El Portfolio Europeo de las Lenguas y sus aplicaciones en el aula. Madrid: Ministerio de Educación.
Conde, Gisela (2006): “El Portfolio Europeo de las Lenguas: el proyecto europeo y su desarrollo en España”, Carabela 57, pp. 143-154.
Cots, J.M. et al. (2010): Plurilingüismo e interculturalidad en la escuela. Reflexiones y propuestas didácticas. Barcelona: Horsori.
Cummins, J. (2002): Lenguaje, poder y pedagogía. Madrid: Ediciones Morata.
Díaz García, M. Teresa; Mas Álvarez, Inmaculada e Zas Varela, Luz (2009): Diversidade lingüística e cultural no ensino de linguas. A Coruña: tresCtres
Garrote Salazar, M. (2019): Didáctica de segundas lenguas y lenguas extranjeras en Educación infantil y Primaria. Paraninfo: Madrid.
González Piñeiro, M. et al. (2010): Didáctica de las lenguas modernas. Competencia plurilingüe e intercultural. Madrid: Síntesis.
Doughty, C. J. & M. H. Long (2003): The handbook of second language acquisition. Oxford: Blackwell.
Hernández, A. (2007): El trabajo en equipo del profesorado. 14 ideas clave, Barcelona, Graó.
Lomas, Carlos (1999): Cómo enseñar a hacer cosas con las palabras. Teoría y práctica de la educación lingüística. Barcelona: Paidós. 2ª edición correxida
e actualizada.
Lorenzo, F.; Trujillo, F. e Vez, J. M. (2011): Educación bilingüe. Integración de contenidos y segundas lenguas, Madrid, Síntesis.
Martín Peris, E. (2004). “¿Qué significa trabajar en clase con tareas comunicativas?”. redELE, N.º0. Dispoñible en liña:
http://www.mepsyd.es/redele/revista/martin.shtml
Martínez Atienza, M. & A. Zamorano Aguilar (coords.) (2018): Teoría y metodología para la enseñanza de ELE, 4 vols. Madrid: enClave ELE
Ministerio de Educación, Cultura y Deporte (2012): Estudio Europeo de Competencia Lingüística (EECL). Publicación en liña:
http://www.mecd.gob.es/inee/estudios/competencia-linguistica.html
Palacios Martínez, Ignacio M. (2008). “O Portfolio Europeo das Linguas: reflexións e ideas para a súa posta en práctica na aula”, en T. Díaz García, I. Mas
Palacios Martínez, Ignacio M. (dir.) (2007): Diccionario de enseñanza y aprendizaje de lenguas. Madrid. enclave-ELE.
Álvarez e L. Zas Varela (coord.), Integración lingüística e inmigración. Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, pp. 117-136.
Pastor Cesteros, Susana (2004): Aprendizaje de segundas lenguas. Lingüística aplicada a la enseñanza de idiomas. Alicante: Universidad de Alicante.
Richards, J. C. & T. S. Rogers (2001): Enfoques y métodos en la enseñanza de idiomas. Madrid: Cambridge University Press.
Ruiz de Zarobe, Leyre y Yolanda Ruiz de Zarobe (eds.) (2013). Enseñar hoy una lengua extranjera. Valencia: Portal Education.
Sánchez Lobato, J. y Santos Gargallo, I (2004): Vademecum para la formación de profesores. Enseñar Español como segunda lengua (L2)/lengua
extranjera (LE). Madrid. SGEL.
San Isidro Agrelo, Fco. Xabier (2009): CLIL: Integrando linguas “A través” do Currículo. Santiago de Compostela. Consellería de Educación e Ordenación
Universitaria. Publicación en liña: http://www.edu.xunta.es/contidos/rede_linguas/files/CLIL%2009%20WEB.pdf
Trujillo Sáez, Fernando (2005):”En torno a la interculturalidad: reflexiones sobre cultura y comunicación para la didáctica de la lengua”. Porta Linguarum 4, xuño, 2005, pp. 23-39.
Trujillo Sáez, Fernando (2007): “Enseñar nuevas lenguas en la escuela: L1, L2, LE…NL”. Revista de Educación, 343, mayo-agosto, 2007, pp. 71-91. Dispoñible en liña: http://www.revistaeducacion.mec.es/re343/re343_04.pdf
Vez, José Manuel (2000): Fundamentos lingüísticos en la enseñanza de lenguas extranjeras. Barcelona: Ariel.
Vez, José Manuel (2009): "Multilingual education in Europe: policy developments", Porta Linguarum, 12, pp. 7-29
CG2 - Coñecer o corpo de coñecementos didácticos sobre os procesos de ensino e aprendizaxe respectivos.
CG8 - Adquirir estratexias para estimular o esforzo do estudante e promover a súa capacidade para aprender por si mesmo e con outros, desenvolvendo
habilidades de pensamento e decisión que faciliten a autonomía, a confianza e as iniciativas persoais.
CG16 - Traballar en equipo con outros profesionais da educación, enriquecendo a súa formación.
CT1 - Utilizar bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por internet.
CT2 - Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, vías alternativas e identificando erros
lóxicos na toma de decisións.
CT3 - Potenciar a capacidade para o traballo en entornas cooperativas e pluridisciplinarios
CEE4 - Coñecer contextos e situacións nas que se usan en aplican os diversos contidos curriculares.
CEE5 - Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das correspondentes materias
CEE6 - Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo
CEE8 - Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as aportacións dos estudantes
CEE11 - Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
Esta asignatura adopta un enfoque de aprendizaxe reflexivo, que esixe do alumnado unha intensa participación activa en todas as actividades do programa do curso e unha continua relación entre os contidos que se tratan nas sesións e os coñecementos previos do estudante e as súas experiencias de ensino ou aprendizaxe de linguas.
As explicacións dos contidos do programa serán realizados nas sesión expositivas da materia e irán encamiñadas a facilitar a aprendizaxe. A información recibida directamente na clase pódese converter en coñecemento e ser sometida a debate na dinámina das sesións seminario.
Nos seminarios interactivos desenvolveranse actividades e traballos de xeito colaborativo e que recollerán aspectos diversos do programa de contidos, cunha metodoloxía baseada no debate, a interacción e a exposición dos mesmos. Algunas destas actividades realizaranse a través da plataforma do campus virtual da USC.
Será imprescindible sustentar os contidos proporcionados na aula mediante a consulta de fontes bibliográficas específicas para cada tema. A autoaprendizaxe e a lectura selectiva segundo as pautas marcadas para cada apartado dos temas fornece os mecanismos de autoaprendizaxe e reflexión crítica. A posta en práctica dos conceptos é imprescindible para asentar e madurar a preparación na materia mediante a realización dos exercicios propostos.
A avaliación será continua e os seus criterios serán os mesmos tanto na PRIMEIRA OPORTUNIDADE como na SEGUNDA OPORTUNIDADE. Este sistema de avaliación terá en conta a participación, o traballo individual, as actividades grupais e actividades avaliables segundo a seguinte ponderación:
a) Actividades avaliables derivadas da dinámica do traballo no grupo de clases: 70%
b) Proba final individual: 30%
O alumnado debe ter en conta que a asistencia ás clases expositivas e aos seminarios interactivos é obrigatoria. No caso de que as ausencias inxustificadas estean próximas ao 20%, o docente responsable poderá indicar a obriga de realizar algún traballo complementario para poder superar a materia en calquera das dúas oportunidades da convocatoria.
ALUMNADO CON EXENCIÓN OFICIAL DE DOCENCIA E DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE
A avaliación consistirá nunha proba final. Esta proba suporá o 100% da nota e incluirá cuestións teóricas e prácticas sobre os contidos do programa. Este sistema de avaliación será aplicado tanto na primeira como na segunda oportunidade. As actividades de titorización realizaranse presencialmente ou a través de MSTeams.
CONVOCATORIAS POSTERIORES: O sistema de avaliación en convocatorias posteriores para aqueles alumnos que suspendesen a materia será o mesmo que se establece para o alumnado de primeira matrícula.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
DISTRIBUCIÓN DA CARGA ECTS
Sesións expositivas: 15 horas presenciais + 25 non presenciais (total: 40 horas).
Sesións interactivas: 20 horas presenciais + 30 non presenciais (total: 50 horas).
Sesións de titoría: 5 horas presenciais + 5 non presenciais (total: 10 horas).
Sesións de avaliación: 2 horas presenciais + 20 non presenciais (total: 22 horas).
TOTAL: 42 horas presenciais + 80 horas non presenciais (= 122 horas).
Os ritmos de aprendizaxe non son os mesmos en todo o alumnado, e tampouco será idéntico o esforzo que esixan as actividades de traballo autónomo programadas nos distintos temas, pero vai requerirse do estudante o seu compromiso para a asistencia proveitosa ás clases e o traballo constante e continuado.
ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL:
O alumnado que precise algún tipo de adaptación ou apoio específico por NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao docente, pero só se considerarán aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC).
OUTRAS OBRIGAS
Responsabilidade medioambiental: Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación. oImprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvueltos
Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
Outros aspectos: Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai. Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc). Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo. Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia. Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
Maria Luz Zas Varela
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Teléfono
- 881811767
- Correo electrónico
- luz.zas [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Marta Estevez Grossi
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Correo electrónico
- marta.estevez.grossi [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a Distinguido/a
Luns | |||
---|---|---|---|
18:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Martes | |||
17:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Xoves | |||
16:00-18:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 14 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
08.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
24.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |