Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego, Francés, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Francesa
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Xerais
-Afondar no valor, lugar e papel do ensino/aprendizaxe das linguas estranxeiras no currículo do ensino secundario e no espazo ocupado nesa área polas súas literaturas.
-Reflexionar sobre os valores educativos e os contidos vinculados ao ensino/aprendizaxe das linguas estranxeiras e as súas literaturas na educación secundaria e, por extensión, na formación en linguas estranxeiras para persoas adultas (EOI e Centros de Linguas).
Conceptuais
-Definir e valorar o ensino/aprendizaxe das linguas estranxeiras e das súas literaturas como
saberes educativos imbricados vinculados a outros saberes educativos.
-Relacionar as competencias literaria e estética coa adquisición de competencias comunicativas (lingüística, pragmática, sociolingüística e intercultural) no proceso de aprendizaxe de linguas estranxeiras e segundas.
-Identificar as variedades textuais e discursivas como referentes lingüísticos válidos para o
ensino/aprendizaxe da LE e a práctica de aula.
Procedementais
-Aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos e as consecuentes reflexións a situacións e casos concretos de aula.
-Analizar e interpretar materiais de base (manuais, propostas de actividades, páxinas web, etc.) para o ensino das linguas estranxeiras e identificar o lugar que asignan ás competencias estética/literaria e cultural/intercultural.
-Coñecer e manexar ferramentas básicas de busca de información relacionadas coa materia.
-Desenvolver hábitos de reflexión, de estudo, de análise crítica e de discusión de argumentos que promovan a construción de coñecementos.
-Crear propostas propias de actividades integradoras orientadas á aula.
Actitudinais
-Valorar os contidos non exclusivamente lingüísticos integrados no ensino/aprendizaxe de linguas estranxeiras
-Tomar parte activa no debate e construción de contidos diversos da aula e para as aulas.
-Adquirir o hábito de cuestionar e seleccionar o material e documentos de uso didáctico.
-Ser conscientes da importancia para o ensino/aprendizaxe de linguas estranxeiras das competencias intercultural e literaria e dos vínculos entre elas e a competencia comunicativa.
A materia realiza unha observación, análise e ponderación dos valores do ensino/aprendizaxe das linguas estranxeiras e as súas literaturas como saberes educativos. Os seus contidos céntranse na comuñón das competencias comunicativa, literaria/estética e cultural/intercultural a través dos seguintes bloques de contidos:
1. Significado social e educativo da lingua estranxeira e a súa literatura.
2. Teorías lingüísticas e literarias: utilidades e achegas á contorna educativa.
3. As linguas estranxeiras e as súas literaturas como materias curriculares no ensino
secundario: senso e finalidade.
4. Competencias comunicativas: a competencia intercultural e a competencia literaria no ensino/aprendizaxe de linguas e literaturas estranxeiras.
5. O texto literario na aula de lingua estranxeira en secundaria : variantes discursivas e relevancia dos soportes textuais.
Bibliografía básica
Abril Villalba, M. (2004) Enseñar lengua y literatura. Comprensión y producción de textos. Aljibe.
Carrillo García, Mª E. e Cascales Martínez, A. (2020) El aprendizaje de lenguas extranjeras a través de la literatura juvenil. Revista Dilemas contemporáneos. Año VII, Publicación #3, Mayo de 2020 https://doi.org/10.46377/dilemas.v36i1.2321
Fernández Fernández, R. (2008) El uso de la literatura en la enseñanza del inglés como lengua extranjera. Abecedario.
Godard, A. (dir.) (2018) La littérature dans l’enseignement du FLE. Didier
Jurado Morales, J. (2002) La literatura en la enseñanza del español como lengua extranjera: propuesta metodológica y aplicación. Servicio de Publicaciones de la Universidad de Cádiz.
Mendoza Fillola, Antonio (2010) La competencia literaria entre las competencias. Lenguaje y Textos. (Núm. 32), 21-33. SEDLL.
http://www.sedll.org/sites/default/files/journal/la_competencia_literar…
Nuñez, P. e Rienda, J. (2014) Aproximación didáctica a la lengua y la literatura. Síntesis.
Bibliografía complementaria
A anterior bibliografía básica de referencia completarase con artigos recuperables en internet e referenciados ou incluídos para cada tema no espazo da materia no campus virtual da USC.
Competencias xerais:
CX1 – Coñecer os contidos curriculares da materia no ensino secundario.
CX4 – Buscar, obter, procesar e comunicar información (oral, impresa, audiovisual, dixital ou multimedia), transformala en coñecemento e aplicala aos procesos de ensino/aprendizaxe.
CX17 – Desenvolver hábitos e actitudes para aprender a aprender.
Competencias específicas da materia :
CE-E1 – coñecer o valor formativo e cultural das linguas estranxeiras e as súas literaturas.
CE-E2 – coñecer os contidos cursados no ensino secundario.
CE-E3 – coñecer a historia e desenvolvementos recentes da materia e as súas perspectivas.
CE-E4 – coñecer contextos e situacións nos que se usan ou aplican os contidos curriculares da materia.
Competencias básicas:
CB1 – posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral.
CB2 – aplicar os coñecementos ao traballo ou vocación de xeito profesional e posuír as competencias que adoita amosarse a través da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 – reunir e interpretar datos relevantes (normalmente na súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 – transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 – desenvolver aquelas habilidades de aprendizaxe precisas para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias transversais:
CT-1 – Empregar bibliografía e ferramentas de busca de recursos xerais e específicos.
CT-2 – Xestionar axeitadamente os tempos de traballo e organizar o recursos dispoñibles.
CT-3 – Potenciar a capacidade para traballar en contornas cooperativas e pluridisciplinares.
En función da concentración horaria da materia, cada sesión de clase incluirá e alternará secuencias expositivas e interactivas:
-As secuencias expositivas aportarán o marco teórico, conceptual e metodolóxico con espazos para as propostas do alumnado, a análise e reflexión crítica, o debate e a posta en común.
-As secuencias interactivas, baixo forma de dinámicas e actividades de grupo e individuais, reforzarán todos os aspectos de práctica a partir de supostos concretos e de materiais reais presentados sobre diferentes soportes comunicativos.
A docencia será de carácter presencial cun apoio importante sobre os materias e tarefas aloxadas no espazo reservado para a materia no campus virtual da USC.
As clases impartiranse de preferencia en galego.
As tarefas do alumnado orientaranse á reflexión teórica sobre as temáticas abordadas e á resolución ou proposta de casos concretos de aula e serán atendidas nas clases e nas sesións de titoría (individual ou grupal).
As sesións de titoría poderán realizarse eventualmente por vídeo-conferencia a través da aula virtual habilitada para a materia na plataforma Microsoft Teams.
O campus virtual da USC é soporte imprescindible das aulas.
Nos cartafoles dos temas en que se estrutura a materia, incluíranse documentos de distinta natureza (resumos dos contidos teóricos, materiais complementarios e bibliografía de apoio). O campus albergará igualmente a descrición e realización das tarefas e actividades prácticas que non requiran da presencia do alumnado nas aulas.
Este espazo virtual reforzarase con outro creado na plataforma Teams co fin de facilitar as titorías virtuais.
A avaliación será continua.
Valorarase o seguimento activo das clases e a participación nos debates e tarefas prácticas nelas realizados.
Para ser avaliado positivamente nesta materia, o alumnado deberá igualmente realizar varias tarefas específicas individuais programadas e un exercicio que consistirá nunha proposta didáctica teórico/práctica (individual ou colectiva) que terá opción a presentación e defensa.
Porcentaxes estimadas de parámetros avaliables :
-seguimento das clases e participación activa (20%)
-realización de tarefas específicas programadas (35%)
-proposta didáctica teórico/práctica (45%)
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios e tarefas programadas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos e das estudantes e de revisión de cualificacións.
Avaliación en segunda oportunidade
O alumnado que non supere a materia segundo os parámetros de avaliación descritos, contará coa posibilidade de presentarse á segunda edición ordinaria coa parte que teña suspensa (tarefas específicas e/o proba final) o á través dun traballo titorizado acordado previamente coa persoa coordinadora da materia.
Alumnado en segunda matrícula
As persoas que estean matriculadas nesta materia por segunda vez deberán consultar coa profesora responsable as condicións para a súa avaliación.
Dispensa de asistencia a clase
O alumnado que precise dunha dispensa de asistencia ás aulas presenciais (ou telemáticas se a situación así o require) deberá presentar esta petición oficialmente e tal dispensa deberá ser aprobada pola Comisión Académica do Máster. As persoas con dispensa de asistencia a clase aprobada:
* Con data anterior ao inicio das clases, deberán fixar e acordar coa profesora da materia as horas de titoría necesarias para un seguimento da progresión da materia (en presencial ou en liña).
* Serán avaliadas segundo as porcentaxes estimadas que seguen:
-realización de tarefas específicas programadas (40%)
-realización dun traballo teórico/práctico de proposta de aula (60%)
Alumnado con diversidade funcional
O alumnado que presente calquera tipo de diversidade funcional ou dificultade temporal deberá xustificar a súa situación a través dun documento expedido polo ‘Servizo de promoción e integración universitaria’ da USC e informar á/ao docente da materia durante as dúas primeiras semanas do semestre para que sexan aplicadas as adaptacións curriculares e/ou avaliativas pertinentes.
Traballo presencial: 25 h
Clases expositivas: 10 h
Clases interactivas: 10h
Titorías: 5 h
Traballo persoal: 51h
Estudo autónomo ou en grupo.
Busca de información.
Actividades en biblioteca e na web, busca de bibliografía e outros materias, lecturas recomendadas.
Preparación de debates, sesións orais.
Elaboración e exposición de traballos.
Tanto nas secuencias interactivas como nas expositivas, será necesaria a participación e implicación do alumnado para a correcta progresión e a superación da materia.
O campus virtual da USC é o soporte de documentos de distinta natureza que completan os contidos das aulas. A consulta e seguimento deste espazo serán necesarios para acceder aos resumos dos contidos teóricos de cada bloque temático, a materiais de apoio, a bibliografía complementaria e á descrición e orientación para realizar as tarefas esixidas. Este espazo virtual reforzarase con outro creado na plataforma Microsoft Teams.
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto na seguinte ligazón: http://www.usc.es/es/servizos/oix/modules/news/news_0009.html.
Requírese igualmente no ámbito do desenvolvemento das aulas desta materia unha responsabilidade medioambiental. A entrega de traballos realizarase en formato dixital a través do campus virtual onde o alumnado poderá recuperar tamén os documentos da materia. Solicítase do alumnado unha actitude neste senso que inclúe xestos cotiás como os que se citan a seguir: evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios, sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación, imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”, non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes e evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado daquel. - Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre a docente e o alumnado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Veronica Rodriguez Ferreiro
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Francesa
- Correo electrónico
- veronica.rodriguez.ferreiro0 [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Francés | Aula 25 |
Xoves | |||
16:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Francés | Aula 25 |
Venres | |||
16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Francés | Aula 25 |
16.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 27 |
30.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 27 |