Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física de Partículas, Matemáticas
Áreas: Física da Materia Condensada, Álxebra
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecer e reflexionar sobre a natureza e estrutura da ciencia e sobre o traballo científico.
• Evolución histórica das ciencias da vida, da natureza e das matemáticas. Grandes ideas: A Ciencia na Grecia clásica. A hexemonía árabe. s. XVII, Galileo, Descartes, Newton y Leibniz.
• Obstáculos e erros xurdidos no desenvolvemento da ciencia: Medición do meridiano e Lei de Gravitación. O estudo da calor: do floxisto á teoría mecánica.
• Método científico: Orixe do método científico. O método científico aplicado ás ciencias experimentais.
• Ciencia, sociedade e tecnoloxía: Ciencia como institución social. Controversias político-científicas. Ciencia e ética.
Bibliografía básica
• Bunch, B.H. & Hellemans, A. (2004). The history of science and technology: a browser's guide to the great discoveries, inventions, and the people who made them, from the dawn of time to today. Houghton Mifflin.
• Derry, G.N. (1999). What science is and how it works. Princeton University Press.
• Mak, D.K., Mak, A.T. & Mak, A. B. (2009). Solving everyday problems with scientific method. World Scientific Publishing Co.
Bibliografía complementaria
• Boyer, C.B. (1991). A History of Mathematics. John Wiley & Sons.
• Bunch, B.H. (2004). The history of science and technology. Houghton Mifflin.
• Fernández Rañada, A. (1995). Los muchos rostros de la ciencia. Nobel, D.L.
• MacGinn, R.E. (1991). Science, technology and society. Prentice Hall.
• Newman, J.R. (1962). ¿Qué es la ciencia?. Aguilar.
• Pledge, H. T. (1996). Science since 1500: a short history of mathematics, physics, chemistry, biology. Her Majesty's Stationery Office.
• Riveros, H.G. & Rosas, L. (1982). El método científico aplicado a las ciencias experimentales. Trillas.
• Rosas, L. & Riveros, H.G. (1985). Iniciación al método científico experimental. Trillas.
• Sánchez Ron, J.M. (1999). Cincel, martillo y piedra: historia de la ciencia en España (siglos XIX y XX). Taurus.
• Schlager, N (Ed.). (2000). Science and its times: Understanding the social significance of scientific discovery. The Gale Group.
(CG4) Buscar, obter, procesar e comunicar información (oral, impresa, audiovisual, dixital ou multimedia), transformala en coñecemento e aplicala aos procesos de ensino e aprendizaxe nas materias propias da especialización cursadas.
(CG16) Traballar en equipo con outros profesionais da educación, enriquecendo a súa formación.
(CG17) Desenvolver hábitos e actitudes para aprender a aprender ao longo do seu posterior desenvolvemento profesional.
(CT-1) Utilizar bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
(CT-3) Potenciar a capacidade para o traballo en contornos cooperativos e pluridisciplinares.
(CE-G13) Coñecer e aplicar recursos e estratexias de educación no respecto e valor da diversidade lingüística e as súas implicacións educativas.
(CE-E1) Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
(CE-E3) Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.
(CE-E8) Fomentar un clima que facilite o aprendizaxe e poña en valor as achegas do alumnado.
(CE-E9) Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
O traballo na aula nas clases expositivas consiste, fundamentalmente, en docencia impartida polo profesorado. As veces, o modelo achegarase ao da lección maxistral, as veces procurarase a implicación de todo o alumnado na discusión das cuestións suscitadas. Na docencia presencial nas clases interactivas preténdese unha maior participación activa do alumnado. Poderá ter formatos diversos, ás veces abordaranse cuestións preparadas polo alumnado, non explicadas previamente; ás veces adicarase á discusión monográfica de cuestións de difícil comprensión. En xeral, terá unha orientación máis práctica que as sesións expositivas. Eventualmente, demandarase a entrega por escrito dalgunhas actividades, ou do resumo ou comentario dalgunha lectura proposta. Todas as tarefas do alumnado (estudos, traballos, uso de plataformas, proxectos, lecturas, exposicións,...) serán orientadas polo profesorado.
Os profesores farán chegar a información sobre os temas tratados, as actividades a realizar e as cualificacións a través da aula virtual.
As titorías da materia poderán ser, para todo o alumnado, presenciais ou a través da aplicación Teams. Estas titorías organizaranse a petición de cada alumno en horarios predeterminados e consistirán na presentación de dúbidas por parte do alumnado que se resolverán de forma colaborativa co profesor e/ou outros alumnos. As titorías non son obrigatorias.
Primeira oportunidade:
A avaliación realizarase:
- Mediante proba escrita, ao final do cuadrimestre, sobre os contidos da parte teórica e práctica (60% da cualificación).
- Avaliación continua (40% da cualificación). 1. Un traballo escrito que será exposto e discutido sobre algún tema concreto do bloque: Evolución histórica das ciencias da vida, da natureza e das matemáticas, no que se valorarán a presentación, os contidos, a exposición e a defensa (ata 3 puntos). 2. Asistencia e participación nas clases interactivas (ata 1 punto). Estas actividades realizaranse en grupo.
- No caso do alumnado que teña dispensa de asistencia a clase (instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral da USC), a avaliación realizarase mediante unha proba escrita na data oficial (75% da cualificación) e a realización de un traballo escrito sobre algún tema concreto do bloque: Evolución histórica das ciencias da vida, da natureza e das matemáticas (25% da cualificación).
Segunda oportunidade:
Para a avaliación da segunda oportunidade realizarase un exame escrito. A calificación calcularase do mesmo modo descrito para a primeira oportunidade
Para o cómputo da cualificación final (F), terase en conta a avaliación continua (C) e a cualificación do exame (E) e aplicaranse as seguintes fórmulas:
- Alumnado que asiste a clase: F=max (E, 0.4*C+0.6*E).
- Alumnado con dispensa: F=max (E, 0.25*C+0.75*E)
A puntuación mínima para superar a materia será un 5 (sobre un máximo de 10).
Segunda Oportunidade:
Consérvase a puntuación (C) obtida na avaliación continua da primeira convocatoria e realizarase unha nova proba final (E).
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
Clases expositivas: 9 h
Clases interactivas: 12 h
Total horas traballo presencial: 21
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO
Estudo autónomo individual ou en grupo: 21 h
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos derivados da materia: 10 h
Preparación de debates, presentacións orais ou similar: 5 h
Actividades en biblioteca, lecturas recomendadas, buscas bibliográficas: 15 h.
Total horas traballo persoal: 51
Asistencia a clase e participación nas actividades propostas.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, por medios telemáticos.
- RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutllados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo de aula como nos traballos académicos encomendados.
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Leovigildo Alonso Tarrio
- Departamento
- Matemáticas
- Área
- Álxebra
- Teléfono
- 881813159
- Correo electrónico
- leo.alonso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Carolina Torron Casal
Coordinador/a- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física da Materia Condensada
- Teléfono
- 881814023
- Correo electrónico
- carolina.torron [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Martes | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Xoves | |||
18:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
17.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
24.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |