Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Máster Universitario en Igualdade, Xénero e Educación

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Ámbito de coñecemento
Ciencias de la educación.
Centro(s)
Facultade de Ciencias da Educación
Rúa Prof. Vicente Fráiz Andón, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881813717 (Conserxaría)
881813879 (Decanato)
educacion.decanato@usc.gal
Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte)
Avda. Xoan XXIII, 15782
Santiago de Compostela
881812016
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Jorge Garcia Marin
Contacto
jorge.marin@usc.es

Este máster ten como finalidade a formación de profesionais que poidan impulsar a implementación de accións favorecedoras da igualdade de xénero, a chamada perspectiva de xénero, en todas as esferas sociais, políticas, económicas e laborais, de acordo coa normativa.

  • Duración: 2 anos académicos
    Código RUCT: 4315428
    Número de ECTS: 90
    Número prazas: 40

    Decano/a ou director/a do centro:
    MARIA DEL MAR LORENZO MOLEDO

    Coordinador-a do título:
    Jorge Garcia Marin
    jorge.marin@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    4/06/2015 (DOG do 17/10/2015)

    Data de publicación no BOE:
    18/03/2016

    Data da última acreditación:
    30/04/2015

    Un dos propósitos específicos deste proxecto académico-docente consiste nunha formación de profesionais que poidan impulsar a institucionalización de materias escolares singulares sobre a problemática das relacións de xénero nos distintos niveles da Educación Primaria e Secundaria, así como en outros niveis da intervención, avaliación e atención social, política, administrativa, laboral, educativa e socioeducativa, tema fundamental para conseguir, en efecto, unha meirande igualdade entre os xéneros, así como a transformación das estruturas androcéntricas aínda existentes nas sociedades actuais nas que todos os temas social e politicamente relevantes -a temática dunhas relacións de xénero realmente igualitarias entre mulleres e homes o é- contan cun altísimo grao de institucionalización e organización explícita. Desde un ángulo epistemolóxico-crítico cabe sinalar que un de dos propósitos específicos deste proxecto académico-docente consiste nunha formación de profesionais que poidan impulsar a implementación de accións favorecedoras da igualdade de xénero, isto é, da así chamada “perspectivas de xénero”, isto é, una perspectiva feminista, das mulleres e de xénero, nas esferas sociais, políticas económicas e laborais.

    Particularmente perséguese a institucionalización de temáticas educativas e formativas singulares sobre a problemática da igualdade e de as relacións de xénero nos distintos niveles da educación e formación humana nun sentido amplo, tema fundamental para poder lograr, en efecto, unha maior igualdade entre os xéneros, así como unha transformación das estruturas androcéntricas aínda existentes, nas sociedades actuais nas cales todo os temas sociais e politicamente relevantes -a temática dunhas relacións de xénero realmente igualitarias entre mulleres e homes- contan cun altísimo grado de institucionalización e organización explícita.

  • Obrigatorias: 60
    Prácticas externas obrigatorias: 15
    Traballo fin de máster: 15
    Total: 60

    Non se contemplan

  • Este máster ten como finalidade a formación de profesionais que poidan impulsar a implementación de accións favorecedoras da igualdade de xénero, a chamada perspectiva de xénero, en todas as esferas sociais, políticas, económicas e laborais, de acordo coa normativa.

  • Un propósito específico do mestrado consiste na formación de profesionais que poidan impulsar accións en prol da igualdade das mulleres, a implantación da perspectiva de xénero (“mainstreaming”) e a institucionalización de contidos e medidas. Este labor profesional refírese tanto ao contexto educativo propiamente dito como á Administración, ás empresas e todas as institucións e organizacións sociais, culturais, económicas e políticas.

    Outros dos propósitos consiste unha formación de investigadoras e investigadores que poidan contribuír á construción dun coñecemento novo acerca das relacións e roles sociais entre mulleres e homes dende unha perspectiva feminista e de xénero multidisiciplinaria.

    A formación académica e profesional que se oferta ten como obxectivo global a preparación de universitarias e universitarios que poida desenvolver todas as actuacións necesarias como axentes e investigadores de igualdade previstas na actual lexislación internacional, estatal e autonómica ao respecto.

  • Mobilidade

    A súa planificación e xestión desenvólvese a través da Vicerreitoría de Relacións Institucionais e do Servizo de Relacións Exteriores da Universidade, en coordinación coa Facultade a través da “Unidade de apoio á xestión de centros e departamentos” (UAGCD) e do vicedecano/a responsable de programas de intercambio.
    As facultades, ademais dos responsables citados arriba, conta coa colaboración de varios profesores/as que actúan como coordinadores académicos, e cuxa función é titorizar e asistir nas súas decisións académicas aos estudantes propios e de acolleita.
    A selección das candidatas e os candidatos lévase a cabo, para cada convocatoria ou programa, por unha Comisión de Selección, composta polo decano ou decana, o vicedecano ou vicedecana responsable de programas de intercambio, o/a responsable da UAGCD e os/as coordinadores académicos, de acordo con criterios de baremación, previamente establecidos, que teñen en conta o expediente académico, unha memoria e, no seu caso, as competencias en idiomas que esixe a Universidade de destino.
    A Universidade, a través da Oficina de Relacións Exteriores, mantén un sistema de información permanente a través da web, que se complementa con campañas e accións informativas específicas de promoción das convocatorias. Ademais, conta con recursos de apoio para os estudantes de acolleita, tales como a reserva de prazas nas Residencias Universitarias, ou o Programa de Acompañamento de Estudantes Estranxeiros (PAE) da Vicerreitoría de Relacións Institucionais, a través da cal voluntarios/as da USC realizan tarefas de acompañamento dirixidas á integración na cidade e na Universidade dos estudantes de acolleita.
    En canto aos\/as estudantes de acolleita, organízase unha sesión de recepción, ao comezo de cada cuadrimestre, na que se lles informa e orienta sobre a Facultade e os estudos, á vez que se lles pon en contacto cos coordinadores académicos, que actuarán como titores, e o persoal do Centro implicado na súa atención.
    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
    Portal Internacional

    Prácticas

    O alumnado realizará, baixo a supervisión e tutela do profesorado e especialistas do mundo laboral, tarefas vinculadas con o/os ámbitos profesionais da titulación con vistas ás competencias establecidas. Os convenios existentes permiten optar entre diferentes ámbitos nos que aplicar os coñecementos adquiridos de cara a impulsar accións a favor da igualdade das mulleres, a implantación da perspectiva de xénero e a institucionalización de contidos e medidas referidas á igualdade de xénero (discapacidade, prostitución, minorías étnicas, acción humanitaria, solidariedade, benestar social, menores, familias problemáticas, educación, mocidade, agricultura...).
    As diferentes actividades levadas a cabo durante o período de prácticas polo alumnado poden agruparse en oito eixes principais: familiarización co funcionamento da institución; recopilación /actualización de datos; formación; deseño, desenvolvemento e avaliación de proxectos; intervención; información /asesoramento/acompañamento; elaboración de materiais e actividades de divulgación.
    As prácticas estarán vinculadas a diversas institucións sociais, educativoformativas e político-administrativo-sociais de organismos públicos e privados e asociacións de mulleres que traballan profesionalmente no campo das mulleres e do xénero e da educación e formación humana, nun sentido amplo, así como con diversos proxectos de investigación vixentes, preferentemente do persoal docente e investigador que se fai cargo da docencia do master. As prácticas relacionaranse coa elaboración do TFM.
    Entre os requisitos/esixencias dos alumnos está:
    1.- A participación en tarefas profesionais diversas vinculadas aos centros ou organismos correspondentes que teñan por obxecto a atención ás mulleres e a promoción da igualdade de xénero así como a planificación social e política de proxectos de intervención socioeducativa no ámbito das mulleres e do xénero.
    2.- A participación activa en tarefas de investigación diversas vinculadas a proxectos de investigación vixentes no ámbito das mulleres e do xénero.
    3.- Tamén se confeccionará un Diario de Prácticas que se entregará á coordinadora da materia cunha extensión aproximada/máxima de 10 páxinas.
    O período de tempo para a realización das mesmas desenvolverase dentro do primeiro semestre do segundo ano, sempre adaptándose ao calendario oficial da USC. A Comisión Académica do master aprobará ao comezo do ano académico o calendario específico para o desenvolvemento das prácticas así como para o proceso de avaliación das mesmas.

  • O TFM constará de 15 créditos ECTS, con carácter obrigatorio e desenvolverase no primeiro semestre do segundo ano do master. O TFM pode desenvolverse utilizando como base específica a experiencia en relación coas prácticas realizadas, ou ben, en conexión coas mesmas. Como norma xeral asignarase de forma individual unha directora ou director para o TFM.
    Trátase dun traballo científico final de master que ten que ser defendido ante un tribunal nomeado para ese efecto e composto por profesorado do master. Ao alumnado ofreceráselle unha formación específica a través dun Seminario de Elaboración de TFM e titorías individuais e en grupo. A metodoloxía segue un enfoque interactivo co acento posto na participación e elaboración práctica do alumnado. Este aplicará os coñecementos teórico-prácticos adquiridos ao longo da propia formación do master en Igualdade, Xénero e Educación.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.04.2022.