Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 48
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía, Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional, Ciencia Política e da Administración
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
-Interpretar as cidades como un escenario de experimentación e fondas innovacións no ámbito do goberno e a gobernanza.
-Comprender o carácter complexo da administración local desenvolvida en cidades e espazos de intensa periurbanización
-Observar os diferentes tipos de goberno local, urbano e de canalización da demandas cidadás de participación.
-Achegarse á crise xeral das vellas formas de goberno nos municipios: o goberno local como impulsor de políticas e plans pechados
-Coñecer os sistemas de planificación e gobernanza dos espazos locais en función do seu tamaño e das distintas experiencias territoriais.
-Comprender os trazos básicos do tránsito entre un goberno clásico e centralizado a outros sistemas diversos plurais e que recollen as iniciativas chegadas desde a base.
A partir da intensa renovación temática desenvolvida nos estudos sobre os ámbitos locais de goberno desde as Ciencias Sociais, e mais en concreto a Xeografía, trátase de analizar as problemáticas intrínsecas á administración máis pegada ao territorio e próxima aos cidadáns. A súa capacidade de xerar consenso cidadán, a súa escasa marxe de manobra respecto a determinados intereses privados, e a súa transcendencia na xestión do urbanismo, os servizos sociais e a atención directa ás persoas. As posibilidades de innovación e introdución de modelos participativos nun goberno próximo, sometido a certas limitacións de actuación.
1.- A Administración local desde unha perspectiva xeográfica: o tamaño dos municipios.
2.- As limitacións financeiras e competenciais dos concellos en España e Galiza.
3.- Unha administración próxima ao cidadán: a necesidade de xerar consenso
4.- As formas de goberno tradicionais: o urbanismo e a crise xeral dos plans urbanísticos
5.- As expresións da crise dos gobernos locais: insuficiencias financeiras, territorios inacabados e corrupción
6.- A demanda dun goberno participativo: que queda do movemento dos indignados
7.- As limitacións dos orzamentos participativos e as experiencia do planeamento urbano democrático
8.- O reforzamento do consenso, dos criterios técnicos e dos criterios cidadáns no goberno local
-Agnew, J. (1994). The Territorial Trap: The Geographical Assumptions of International Relations Theory. Review of International Political Economy, 1 (1): 53-80.
-Bevilacqua, C.; Calabró, F. y Dellla Spina, L. (Eds.) (2020): New Metropolitan Perspectives: Knowledge Dynamics, Innovation-driven Policies Towards the Territories’ Attractiveness. Chan (Suiza): Springer,
-Blanco, I. & Subirats, J. (2012). “Políticas urbanas en España: dinámicas de
transformación y retos ante la crisis.” Geopolitica(s), 3 (1), 15-33. Retrieved from
http://revistas.ucm.es/index.php/GEOP/article/view/39304
-Blanco, I. y Oriol Nel.lo (2018): Barrios y crisis: crisis económica, segregación urbana e innovación social en Cataluña. Valencia: Tirant lo Blanch.
-Brandis, D; Chumillas, I.; Del Río, I.; Morales, G. (2014). Territorios inconclusos y
sociedades rotas. XIII Coloquio y Trabajos de Campo del Grupo de Geografía Urbana.
- Brenner, N. (2004) New state spaces, Oxford: Oxford University Press.
-Fanstein, S. (2010). The Just City. Ithaca, NY: Cornell University Press.
- González Pérez, J.M.; Lois-González, R.C. e Piñeira-Mantñán, Mª.J. (2016): The economic crisis and vulnerability in the Spanish cities: urban governance challenges
Procedia-Social and Behavioral Sciences 223, 160-166
-Harvey, D. (2005) A brief history of neoliberalism, Oxford: Oxford University Press.
- Iglesias M. Martí-Costa M., Subirats J. and Tomás M. (Eds) Políticas urbanas en España, p. 442. Icaria editorial 201–228, Barcelona
-Méndez, R., Abad, L. D. & Echaves, C. (2015). “Atlas de la crisis. Impactos socioeconómicos y territorios vulnerables en España.” Valencia: Tirant lo Blanch
-Nel.lo, O. (2015): La ciudad en movimiento: crisis social y respuesta ciudadana. Madrid: Díaz & Pons.
-Peck, J, (2004) ‘Geography and public policy: constructions of neoliberalism’, Progress in Human Geography, 28, 392–405.
-Piñeira-Mantñán, Mª.J.; Lois-González, R.C. e González Pérez, J.M. (2019):
New models of urban governance in Spain during the post-crisis period: the fight against vulnerability on a local scale. Territory, Politics, Governance 7 (3), 336-364
-Romero, J. & Farinós, J. (2011). “Redescubriendo la gobernanza más allá del buen
gobierno. Democracia como base, desarrollo territorial como resultado.” Boletín de la
Asociación de Geógrafos Españoles, 56, 295-319. http://www.agegeografia. es/ojs/index.php/bage/article/view/1354
-Salom, J. e Farinós, J. (Eds.). (2014) Identity and Territorial Character. Re-Interpreting Local-Spatial Development. Valencia: Universidad de Valencia.
-Soja, E. (2014). En busca de la justicia espacial. Valencia: Tirant Humanidades.
-Subirats J. (2011) Otra sociedad ¿Otra política? Del no nos representan a la democracia de lo común.Icaria, Barcelona.
Competencias Xerais
• Transmisión de coñecementos, ferramentas e recursos de alto nivel para cubrir as expectativas investigadoras e profesionais do alumnado no relativo á organización do goberno local e as políticas públicas innovadoras.
• Capacidade de análise e reflexión sobre os problemas públicos locais e as responsabilidades sociais e éticas no ámbito da xestión das administracións locais.
• Capacidade de xeración de novas ideas e resolución de problemas en contornas cambiantes que permitan avances no coñecemento da xestión local e as políticas públicas.
• Aplicación de coñecementos orientados adquiridos á práctica profesional ou a investigación sobre o ámbito local.
• Capacidade de recuperación e análise de información que permita deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos innovadores no ámbito da xestión pública local e das ciencias sociais en xeral.
• Desenvolvemento dun pensamento estratéxico que permita definir problemas, diagnosticar e estruturar obxectivos de análise e de acción nos ámbitos da xestión local, a consultoría e a investigación.
Competencias Específicas
• Adquisición de coñecementos para poder elaborar estudos e informes de carácter técnico, de consultoría e científicos no ámbito da Administración Local e da innovación democrática.
• Coñecemento dos principais paradigmas, enfoques teóricos e técnicas de dirección e xestión pública desde unha perspectiva interdisciplinar.
• Xestión e dirección de equipos de persoas.
• Xestión do conflito.
• Capacidade para o deseño e xestión de plans estratéxicos participativos, programas, proxectos e servizos relacionados coa xestión e a innovación no espazo urbano.
Para abordar o programa utilizaremos como método didáctico básico a clase expositiva, que ten coma obxectivo a explicación sistemática e ordenada do contido dos temas e epígrafes descritos con anterioridade. As clases expositivss desenvolverán inicialmente os contidos e os temas a abordar. Xunto con isto, faranse diferentes clases prácticas nos que se require tanto da participación activa do alumno de xeito individual e o traballo en grupo. Nestas clases prácticas realizaranse comentarios de textos e outro material, debates e todo tipo de traballos prácticos orientados ao diagnóstico e resolución de problemas
Para a superación da materia considérase necesaria a participación activa e continua do alumno, tanto nas clases teóricas coma prácticas, pois ademais de ponderarse na nota final, só así conseguirá acadar os obxectivos da materia.
A avaliación continua complétase co traballo e as exposicións dos alumnos/as nas aulas. Ademais da entrega dun traballo de curso, que se poderá realizar de xeito individual ou en grupo.
As prácticas interactivas suporán o 40%da nota e o traballo final o 60%.
Só no caso de que o alumno non acade a cualificación suficiente para superar a materia a través da avaliación continua, realizarase un exame final, segundo os epígrafes do programa.
A materia ten unha carga de traballo persoal de 75 horas (3 ECTS), entre clases presenciais e actividades non presenciais.
Esta materia implica un traballo continuado de seguimento das aulas e dos artigos cuxas lecturas se vaian propondo e, sobre todo, un esforzo intenso dedicado á elaboración do artigo. Alén das aulas, recoméndase facer uso das titorías para un adecuado seguimento da materia. Asemade, agárdase do alumno unha aprendizaxe autónoma mediante a lectura de capítulos de libros e artigos de revistas especializadas ás cales a USC está subscrita.
Valorarase de xeito especial a actitude activo do alumnado nas clases, a súa participación e aportes críticos.
Marta Irene Lois Gonzalez
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Teléfono
- 881815191
- Correo electrónico
- martairene.lois [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Rubén Camilo Lois González
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Teléfono
- 881812635
- Correo electrónico
- rubencamilo.lois [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario 2.2 |
Xoves | |||
16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario 2.2 |
14.01.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario 2.2 |
14.01.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario 2.2 |
13.06.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario 2.2 |
13.06.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario 2.2 |