Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Ciencia Política e da Administración
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia de Análise de Políticas é de carácter obrigatorio e consta de 3 Créditos ECTS. Segundo figura na memoria do Master en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras a través da mesma perséguese que o alumnado sexa capaz de:
- Analizar a realidade social e propor intervencións públicas para a mellora da mesma.
- Deseñar políticas públicas innovadoras
- Valorar os pros e os contras das diferentes políticas ou alternativas das que se dispoñen para afrontar os problemas sociais e incidir na realidade social.
- Identificar e analizar de forma pormenorizada e sistemática as distintas fases das políticas públicas.
- Implementar políticas, programas e proxectos de forma exitosa.
- Avaliar os resultados e os impactos das políticas públicas xerando e estructurando a información necesaria para poder levar a cabo ditas avaliacións.
Os contidos que se abordarán nesta materia son os seguintes:
- Concepto de política pública.
- Diferentes enfoques para o estudo das políticas públicas.
- As achegas do neoinstitucionalismo e o ciclo das políticas como técnicas de análise das políticas públicas.
- As diferentes fases do ciclo das políticas públicas.
- A confluencia entre as políticas públicas e a xestión pública.
- Os novos instrumentos para o deseño de políticas públicas innovadoras.
Baptiste Harguindéguy, J. (2020). Análisis de políticas públicas. Madrid. Tecnos
Guy Peters, B. and ZittounPhilippe (Ed.) (2016). Contemporary approaches to public policy. Theories, controversies and perspectives.Palgrave Mcmillan
Guy Peters, B. and Fontaine, G. ( Ed.)(2020). Handbook of research methods and aplicationsin comparative policy analysis. Edward Elgar
SUBIRATS, J; Knoepfel, P; Larrue, Corinne; Varone, Frédéric, (2008) Análisis y gestión de políticas públicas, Barcelona: Ariel.
Grau, M. Y Mateos A. ( 2002), Análisis de Políticas Públicas en España: enfoques y casos. Valencia: Tirant lo blanch.
Aguilar Villanueva, L.F. (ed.), El estudiode las políticas, Miguel Angel Porrúa, 2007, México DC
Competencias básicas:
CB1 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB3 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB5 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
Competencias xerais:
CG1. Adquisición de coñecementos, ferramentas e recursos de alto nivel para cubrir as expectativas investigadoras e profesionais do alumnado e da sociedade no relativo á organización do goberno local e as políticas públicas innovadoras.
CG2 - Capacidade de analizar, sintetizar e integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos con información limitada.
CG3 - Capacidade de realizar reflexións e análises críticos sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos no ámbito da xestión das administracións locais.
CG4 - Capacidade para xerar novas ideas e resolver problemas en contornas cambiantes que permita avances no coñecemento da xestión local e as políticas públicas.
CG5 - Habilidade de aplicar os coñecementos adquiridos nun traballo concreto ou nun proceso de investigación orixinal.
CG6 - Habilidade para recuperar e analizar información de fontes que permitan deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos innovadores no ámbito xeral das ciencias sociais.
CG7. Capacidade para abordar situacións complexas, críticas e impredicibles de forma sistemática e creativa, con xuízo crítico, con información incompleta, asumindo riscos, tomando decisións e comunicándoas a calquera tipo de audiencia.
CG8. Actuar de forma autónoma na avaliación dos acontecementos sociopolíticos, prever os seus posibles escenarios de desenvolvemento, e adoptar as medidas pertinentes para aproveitar as oportunidades e sinerxias nas que poida verse inmersa a administración local.
CG9. Xestionar e dirixir proxectos asegurando a implicación dos principais actores implicados.
CG10. Desenvolver un pensamento estratéxico que permita definir problemas, diagnosticar e estruturar obxectivos de análises e de acción nos ámbitos da xestión local, a consultoría e a investigación.
CG11. Detectar e xestionar a influencia dos cambios tecnolóxicos nos servizos en liña, as redes sociais, a comunicación e o márketing de servizos públicos; que permita facer un aproveitamento óptimo dos mesmos na xestión local.
Competencias transversais:
CT1. Comunicación oral e escrita
CT3. Capacidade de razoamento crítico
CT5. Capacidade de traballo nun equipo interdisciplinar
CT6. Sensibilidade cara a problemas sociais e ambientais
CT7. Creatividade e capacidade innovadora
CT8. Competencia para a procura e xestión de información e datos
CT10. Habilidade de aprendizaxe autodirigido e traballo autónomo no campo das ciencias sociais.
Competencias específicas:
CE1. Coñecer e aplicar a metodoloxía e deseño de investigación empírica nas ciencias sociais, así como as súas principais técnicas cualitativas e cuantitativas.
CE3. Capacidade para deseñar e implementar políticas sociais innovadoras, promovendo a economía social, a defensa do medioambiente e a igualdade de xénero, no marco da Axenda 2030.
CE11. Capacidade de deseñar, analizar e avaliar políticas, proxectos e programas innovadores, para promover un goberno e unha xestión pública eficiente e próxima á cidadanía.
Nas clases expositivas (de 9 horas de duración), a docente abordará en detalle os contidos teóricos do programa. Nas clases interactivas (de 12 horas de duración) fomentarase a participación activa do alumnado e a súa inmersión en aspectos máis específicos e prácticos sobre a materia. No marco das sesións interactivas realizaranse traballos individuais e/ou grupais que serán definidos, orientados e supervisados pola docente.
Para superar a materia, o alumnado deberá asistir como mínimo ao 80% das actividades docentes presenciais programadas. Considérase tamén necesaria a participación activa e continua do alumnado, tanto nas clases teóricas como prácticas, pois ademais de ponderarse na nota final, so así se conseguirá os obxectivos da materia.
A avaliación de la materia constará dunha parte de avaliación continúa (50%) e doutra consistente na realización dunha proba final (50%). As actividades de avaliación continúa incluirá presentacións orais das lecturas obrigatorias, debates en clase e presentación de casos prácticos. A proba final terá como obxectivo que o alumnado amose os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos. A estrutura do seu contido será comunicada ao inicio do curso.
En caso de acceder a unha convocatoria extraordinaria, o alumnado poderá superar a materia a través dun exame final na data oficial establecida.
A asignación de horas é a seguinte:
TRABAllO PRESENCIAL NA AULA
- Clases expositivas: 9
- Clases interactivas: 12
- Titorías e tarefas relacionadas co obxeto de estudo: 3
TRABAllO PERSOAL DEL ALUMNADO
- Estudo individual do alumnado: 25
- Preparación de traballos e exposicións: 25
TOTAL HORAS: 75 horas
Aconséllase a asistencia a clase para o seguimento da materia, así como a participación activa nos seminarios e a consulta do material bibliográfico recomendado pola docente.
O alumnado disporá no CAMPUS VIRTUAL da USC da Guía Docente do curso, así como das programaciones das clases expositivas e do material e textos necesarios para desenvolver as clases interactivas. Recoméndase acceder asiduamente á aula virtual da materia durante el desenvolvemento da mesma.
Natalia Paleo Mosquera
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Correo electrónico
- natalia.paleo.mosquera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario 2.2 |
Mércores | |||
18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario 2.2 |
16.01.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario 2.2 |
16.01.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario 2.2 |
17.06.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario 2.2 |
17.06.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario 2.2 |