Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 138.5 Horas de Titorías: 8 Clase Interactiva: 3.5 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade, Economía Aplicada
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade, Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
· Aprender a metodoloxía a seguir para desenvolver un traballo orixinal: búsqueda bibliográfica, planificación e desenvolvemento de tarefas, análises de datos, propostas de mellora e conclusións do traballo.
· Aplicar a lexislación e as técnicas ou ferramentas de análise e decisión que sexan necesarias en relación co ámbito concreto de estudio.
· Desenvolver a capacidade de facer crítica dos éxitos, os erros e resultados propios, e de responsabilizarse en adquirir e transmitir coñecementos.
· Desenvolver a capacidade de expresarse correctamente na terminoloxía propia da dirección e xestión contable e financeira.
· Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas desenvolvida ao longo do máster en entornos novos ou pouco coñecidos ou dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados co ámbito do TFM.
O traballo Fin de Máster consistirá na elaboración, por parte do alumnado, de un traballo orixinal no que se acrediten os coñecementos e destrezas adquiridas durante o transcurso do máster. Incluirá, como mínimo, tarefas de búsqueda e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de información relevante, redacción e presentación e defensa. Os contidos do TFM estarán dentro do ámbito profesional do director ou xestor contable e financeiro.
Establecerase en función do tipo de traballo a realizar.
BÁSICAS E XERAIS
G1 - capacidade para a toma de decisións de xestión no ámbito financeiro e contable da empresa, en situacións de incerteza que emulen a realidade, así como para xestionar a información.
G2 - capacidade para elaborar e defender argumentos sobre cuestións especializadas e resolver problemas sobre estas cuestións, facendo uso do coñecemento adquirido sobre a realidade financeira e contable da empresa, as teorías, os modelos e os métodos axeitados.
G3 - capacidade para comunicar información, ideas, problemas de xestión financeira e contable e propostas de solución, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrita como de técnicas de presentación, a públicos especializados e non especializados.
G4 - capacidade de traballo en equipo e desenvolvemento de habilidades directivas. A toma de decisións contén determinados riscos que é fundamental tomar de forma consciente. Esta toma de decisións require a integración da información aportada por persoas con distintos puntos de vista e información que pode resultar dispar ou responder a obxectivos diferentes. O alumnado deberá ser capaz de integrar estes puntos de vista distintos, desenvolvendo as habilidades sociais para interactuar como membro de un equipo de traballo.
G5 - capacidade crítica e autocrítica. O alumnado ten que ser capaz de formarse un criterio propio, integrando os coñecementos adquiridos, para determinar as bases sobre as que asentar os seus posicionamentos.
G6 - capacidade de aprendizaxe autónoma para que o alumno poida seguir actualizándose constantemente no ámbito financeiro e contable, no que xorden continuamente novas teorías e prácticas.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudio
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partires de unha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados de un modo claro e sen ambigüidades
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando de un modo que haberá de ser en gran medida autodirixido o autónomo.
TRANSVERSALES
T1 - Organización e planificación
T2 - coñecementos de tecnoloxía da información relativos ao ámbito de estudio.
T4 - Sentido ético
T5 - Iniciativa e espírito emprendedor
T6 - Creatividade e capacidade innovadora
No primeiro semestre solicitarase ao alumnado que indiquen as súas preferencias sobre a área de estudio no seu TFM, de cara a asignar a cada un un/unha titor/ra. A Comisión Académica do Máster será a encargada de asignar a cada estudante un titor/ra, que será quen oriente e asesore ao estudante na realización d TFM. Para avaliar a pertinencia de unha determinada temática a desenvolver como TFM, o estudante deberá presentar unha proposta seguindo un formulario normalizado diante da Comisión Académica do Máster. Unha vez obtida a aprobación da proposta, o TFM poderá ser elaborado, e presentado para a súa defensa cando o alumnado teña superado as restantes materias do máster, tal e como establece a Normativa de Matrícula, Elaboración e Defensa dos traballos de fin de grao e fin de máster na USC, aprobada polo Consello de Goberno de 2 de maio de 2013.
O titor ou titora programará sesións de traballo cos estudantes, nas que establecerá a programación das tarefas a realizar e orientará o traballo. Será responsable de expoñer a cada estudante as características do traballo, de orientalo no seu desenvolvemento e de velar polo cumprimento dos obxectivos fixados, así como de realizar o seguimento e emitir o preceptivo informe confidencial sobre este seguimento antes da defensa do traballo e para os efectos de que se teña en conta polo tribunal avaliador. As actividades de traballo persoal do alumnado inclúen, ademais do tempo dedicado á redacción do TFM, a búsqueda, lectura e síntese de material bibliográfico relacionado co tema obxecto de estudio e a preparación da defensa do TFM ante un tribunal universitario.
Esta materia conta cunha Guía docente na aula virtual
Informe do tribunal (TFM) 60% da nota
Informe do titor/a (TFM) 40% da nota
A Defensa do TFM será de forma presencial
Titorías individuais: horas presenciais: 14
Búsqueda e consulta de información (TFM) 20h
Elaboración do traballo Fin de Máster 100h
Preparación da defensa pública do traballo Fin de Máster 15h
Avaliación (defensa do TFM) 1h
Recomendacións e requisitos previos: o alumnado deberá ter superado todas as materias, obrigatorias e optativas, que configuran o programa do Máster (a excepción do propio TFM), para poder presentar e defender o seu traballo Fin de Máster. Existe a posibilidade de que, no caso do alumnado que realice prácticas, a temática do TFM poida vincularse ao desenvolvemento das mesmas, de xeito tal que o estudante aproveite o seu período de prácticas para deseñar, aplicar e documentar algún tipo de mellora na xestión financiero-contable da entidade na que se encontre.
Utilización do campus virtual