Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 148.7 Horas de Titorías: 1 Clase Interactiva: 0.3 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Adquirir unha formación integral complementando a aprendizaxe teórica e práctica.
· Adquirir o coñecemento da metodoloxía de traballo adecuada á realidade profesional, contrastando e aplicando os coñecementos adquiridos nas materias do máster.
· Desenvolver competencias técnicas, metodolóxicas, persoais e participativas.
· Obter unha experiencia práctica que facilite a inserción no mercado de traballo e mellore a súa empregabilidade futura.
· Favorecer os valores da innovación, a creatividade e o emprendemento.
· Valorar as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
· Dirixir e xestionar todo tipo de procesos, sistemas e servizos relacionados coa área financeiro-contable
· Aplicar a lexislación e as técnicas ou ferramentas de análise e decisión que sexan necesarias en relación co ámbito concreto das prácticas.
· desenvolver a capacidade de expresarse correctamente na terminoloxía propia da dirección e xestión contable e financeira.
A diversidade das tarefas das que pode ocuparse un xestor contable-financeiro e o elevado número de convenios existentes provocan que sexa difícil sintetizar os contidos das prácticas que realizará cada alumno. Os contidos en cada práctica poderán ser tan diversos como os contidos do propio Máster. Procurarase atender as preferencias do alumnado en relación co perfil máis puramente contable ou financeiro das tarefas a realizar en cada entidade.
Non procede
BÁSICAS E XERAIS
G1 - capacidade para a toma de decisións de xestión no ámbito financeiro e contable da empresa, en situacións de incerteza que emulen a realidade, así como para xestionar a información.
G2 - capacidade para elaborar e defender argumentos sobre cuestións especializadas e resolver problemas sobre estas cuestións, facendo uso do coñecemento adquirido sobre a realidade financeira e contable da empresa, as teorías, os modelos e os métodos adecuados.
G3 - capacidade para comunicar información, ideas, problemas de xestión financeira e contable e propostas de solución, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrita como de técnicas de presentación, a públicos especializados e non especializados.
G4 - capacidade de traballo en equipo e desenvolvemento de habilidades directivas. A toma de decisións conleva determinados riscos que é fundamental tomar de forma consciente. Esta toma de decisións require a integración da información aportada por persoas con distintos puntos de vista e información que pode resultar dispar ou responder a obxectivos diferentes. O alumnado deberá ser capaz de integrar estes puntos de vista distintos, desenvolvendo as habilidades sociais para interactuar como membro de un equipo de traballo.
G5 - capacidade crítica e autocrítica. O alumnado debe ser capaz de formarse un criterio propio, integrando os coñecementos adquiridos, para determinar as bases sobre as que asentar os seus posicionamentos.
G6 - capacidade de aprendizaxe autónomo para que o alumno poida seguir actualizándose constantemente no ámbito financeiro e contable, no que xurden continuamente novas teorías e prácticas.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir de unha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación doa seus coñecementos e xuízos
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados de un modo claro e sen ambigüidades
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando de un modo que debera ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
TRANSVERSAIS
T1 - Organización e planificación
T2 - coñecementos de tecnoloxía da información relativos ao ámbito de estudo.
T3 - traballo en equipo
T4 - Sentido ético
T5 - Iniciativa e espírito emprendedor
O/a alumno/na contará con un titor na entidade receptora (titor externo) e un titor membro do equipo docente do Máster (profesor/a-titor/a).
O profesor/a-titor/a encargarase de supervisar o cumprimento dos termos das prácticas tanto por parte da entidade receptora como por parte do alumnado, mediar na solución de calquera tipo de problema que poida xurdir, e orientar ao alumnado na elaboración da memoria de prácticas. O alumnado terá que procurar aplicar os coñecementos adquiridos no transcurso do Máster no cumprimento das tarefas que se lle encomenden na entidade receptora. Ao remate das prácticas, deberá redactar unha memoria de prácticas segundo o formato acordado pola Comisión Académica do Máster.
As prácticas iniciaranse no segundo semestre tras finalizar a impartición das materias obrigatorias e optativas asignadas a dito semestre. No primeiro semestre solicitarase ao alumnado que cubra un formulario consensuado pola Comisión Académica d Máster a través do que expresen as súas preferencias en relación co tipo de entidade na que desexarían ser recibidos e o tipo de tarefas a desenvolver durante o período de prácticas. A Comisión Académica do Máster encargarase de asignar ao alumnado as entidades que oferten prácticas tendo en conta as preferencias de uns e outros. Contémplase a posibilidade de que o alumnado en activo poida realizar as prácticas na mesma empresa na que traballan, en cuxo caso será necesario vixiar que as tarefas a desenvolver baixo as prácticas están suficientemente diferenciadas das que o estudante viña desenvolvendo na empresa
Esta materia conta cunha Guía docente na aula virtual
Memoria de prácticas: 40%
Informe titor/a externo (Prácticas en empresa): 40%
Informe profesorado/titor/a: 20%
Realización de prácticas en empresas 140 h.
Elaboración da memoria de prácticas 10 h.
Recomendacións e requisitos previos: é recomendable que o alumnado teña superado todas as demais materias, obrigatorias e optativas, que configuran o programa do Máster (a excepción do traballo Fin de Máster), antes de iniciar o período de prácticas.