Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo da materia é ofrecer unha visión integral dos procesos de planificación e valoración, tanto a nivel de proxecto empresarial como de unha empresa xa constituída. Buscarase a aplicación práctica dos coñecementos adquiridos a través do traballo con modelos financeiros, facendo constar a inexistencia de regras máxicas, e todo isto con unha especial atención ao entorno habitual no que se han de desenvolver os alumnos, caracterizado por pequenas e medianas empresas.
Estratexia empresarial, planificación e creación de valor
A elaboración de plans financeiros a medio y longo prazo
Valoración de proxectos
Valoración de empresas
Valoración en situacións especiais
BÁSICA:
- RODRIGUEZ SANDIÁS, A., Modelos de Planificación y Valoración de Empresas, Andavira, 2015
- RODRIGUEZ SANDIÁS, A., Modelos de Análisis y Valoración de Proyectos de Inversión, Andavira, 2013
- RODRIGUEZ SANDIÁS, A., Estrategias de Planificación Financiera Aplicada, Andavira, 2014
- RODRIGUEZ SANDIÁS, A., Análisis, Planificación y Valoración. El modelo APV, Andavira, 2021
COMPLEMENTARIA:
BENNINGA, S., Principles of Finance with Excel, Oxford University Press, 2011
DAMODARAN, A., The Dark Side of Valuation, 3ª ed., Pearson, 2018
FERNÁNDEZ, P., Valoración de Empresas, Gestión 2000, Barcelona, 2004.
KOLLER, GOEDHART, WESSELS: Valuation: Measuring and Managing the Value of Companies, Wiley & Sons, New York, 6ª Ed., 2015
PENMAN, S., Financial Statement Analysis and security valuation, 5º ed. Mcgraw-Hill, 2013
PRATT, S.: Valuing a business. The analysis and appraisal of closely held companies, 5ª ed., McGraw-Hill, 2008
RAPPAPORT, A., La Creación de Valor para el Accionista. Una guía para inversores y directivos, 2ª edición, Ed. Deusto, Bilbao, 1998
ROJO, A., Manual de Valoración de Empresas, Garceta, 2023
Xerais
• Capacidade para identificar as relacións existentes entre estratexia e competitividade podendo alegar en cada caso, elementos de xuízo para a determinación das mellores opcións posibles.
• Capacidade para integrar a ética na xestión como valor recollido nos Códigos de Conduta, co obxectivo financeiro da empresa e a capacidade de xerar valor de unha forma sostible.
• Capacidade para identificar e analizar a estrutura de custes e os procesos operativos e financeiros fundamentais na empresa, combinando datos cuantitativos e aspectos cualitativos da realidade analizada.
• Capacidade para analizar a inter-relación existente entre as alternativas de inversión financiamento na empresa, integrando coñecementos financeiros e contables.
• Capacidade para determinar a adecuación, en termos de rendibilidade e risco, dos activos que se negocian nos mercados financeiros ao perfil do inversor ou ben, para poder establecer puntos de referencia para a valoración de proxectos empresariais de inversión e financiamento.
• Coñecemento e comprensión do papel da información contable como mecanismo para a avaliación e o control.
• Capacidade para comprender e aplicar os conceptos e métodos empregados para a valoración e a xestión do risco financeiro.
• Organización e planificación
• Coñecementos de tecnoloxía da información relativos ao ámbito de estudo.
• Traballo en equipo
• Sentido ético
• Iniciativa e espírito emprendedor
• Creatividade e capacidade innovadora
Específicas
• Saber cuantificar a creación de valor na empresa e analizar os seus determinantes, así como o papel das finanzas e do departamento de finanzas no proceso de creación de valor da empresa.
• Saber realizar a planificación e presupostación a curto, medio longo prazo na empresa.
• Realizar modelos de simulación informatizados para resolver problemas financeiros e planificar as consecuencias económico financeiras das decisións empresariais.
• Coñecer e saber aplicar as técnicas de valoración de empresas, proxectos e estratexias.
Materia obrigatoria de 6 créditos, distribuídos en 22,5 horas de clases expositivas e 22,5 horas de clases interactivas. Todas as sesións impartiranse con acceso a ordenadores, alternando a exposiciòn dos contidos teóricos coa inmediata aplicación dos mesmos.
As sesións dedicadas a cuestións de índole teórica teñen como obxectivo a introdución e explicación dos aspectos básicos de cada tema proporcionando ao alumno a información adicional necesaria que permita un axeitado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe. Nas mesams explicaranse os conceptos básicos de cada tema así como as implicacións para a súa posta en práctica.
As sesións de caracter máis práctico e interactivo están encamiñadas a por en práctica o aprendido con anterioridade mediante a elaboración e uso de modelos específicos. Trátase de por en práctica e en valor os coñocementos adquiridos nas sesións expositivas. Nas sesións, e seguindo as instrucciones e explicacións do profesor, os alumnos, nalguns casos, construirán os modelos financeiros en folla de cálculo necesarios, e noutros casos traballarán con modelos previamente elaborados por o profesor e postos a disposición dos alumnos. Este sistema de traballo permite reforzar as cuestións teóricas dos diferentes temas, previamente abordados nas sesións expositivas, necesarias para levar a cabo a elaboración dos diferentes modelos, así como incidir na aplicabilidade de ditos coñocementos teóricos e na destreza do alumno na súa elaboración e manexo.
Os alumnos recibirán o apoio do campus virtual da USC, a través da páxina do curso na que se ofrecerá a programación periódica das sesións e o material de apoio correspondente, tanto para as sesións expositivas como interactivas.
Manexarase a versión de Excel máis actual dispoñible na Universidade. Todos os modelos que se van a usar poden realizarse noutros programas de folla de cálculo distintos a Excel (non obstante desenvolveronse en Excel).
O sistema de avaliación estará formado por dous elementos, e supeditado a unha asistencia participativa de polo menos o 80% das horas de docencia da materia.
a) Tres probas teórico-prácticas (TP) a realizar en español ou galego, que supoñerán o 60% da nota final (6 puntos: TP1: 15%, TP2: 15%, TP3: 30%). Requirirase neste apartado un mínimo de 3 puntos (50% sobre 6) para poder superar a materia.
b) Dúas probas en folla de cálculo (HC) que supoñerán o 40% da nota final (4 puntos: HC1 20% e HC2: 20%).
As probas TP1, TP2 e HC1 iranse realizando ao longo do curso. Na data oficial de exame, na primeira convocatoria, realizaranse TP3 e HC2. Na segunda convocatoria, na data oficial, realizaranse de novo todas as probas.
Aqueles alumnos con dispensa a asistencia a clase realizarán un único examen específico sobre 10 puntos en cada convocatoria na data oficial.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudiantes e de revisión de calificacións.
Horas de docencia presencial (45)
Traballo individualizado do alumno (90)
O alumno debería adicar de forma individual o seguiente número de horas para un axeitado aproveitamento da materia:
Lectura da bibliografía básica recomendada: 33 horas
Análisie e estudo dos modelos financeiros utilizados: 35
Preparación de probas: 20
Realización de probas (fora de horario de clase): 2 horas
Recomendase a asistencia e participación activa nas sesións e a utilización das tutorías. Resulta importante ir fixando os coñocementos a medida que se imparten debido o carácter continuo da materia e a estreita relación entre os distintos temas. Desta forma obterase un maior rendemento e proveito dos contidos teóricos e prácticos.
Dada la importancia que o uso da folla de cálculo ten no desenvolvemento da materia elaborouse unha monografía, Fundamentos de Excel para Finanzas, que se pon a disposición dos alumnos a través do campus virtual.
A bibliografía básica está en castelán, pero un bon coñocemento do inglés permitirá o alumno acudir a outras fontes, citadas na bibliografía complementaria.
Para garantir a identidade das comunicacións, todos os contactos entre o alumnado e o profesorado que se fagan con medios telemáticos deben realizarse mediante o correo electrónico asignado pola USC.
Alfonso Rodriguez Sandias
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 881811607
- Correo electrónico
- alfonso.rodriguez.sandias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
17:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 25 |
17.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 25 |
17.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 25 |
25.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 25 |
25.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 25 |