Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 139.5 Horas de Titorías: 7.5 Clase Interactiva: 3 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade, Edafoloxía e Química Agrícola, Historia da Arte, Botánica, Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física, Didácticas Aplicadas, Pedagoxía e Didáctica, Historia, Filosofía e Antropoloxía, Enxeñaría Agroforestal, Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade, Edafoloxía e Química Agrícola, Historia da Arte, Botánica, Zooloxía, Didáctica da Expresión Corporal, Didáctica da Expresión Musical, Didáctica da Expresión Plástica, Didáctica da Lingua e a Literatura, Didáctica das Ciencias Experimentais, Didáctica das Ciencias Sociais, Teoría e Historia da Educación, Historia Contemporánea, Filosofía Moral, Enxeñaría Agroforestal, Produción Vexetal
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos do Traballo Fin de Máster (TFM) son os seguintes:
• Ser quen de aplicar os coñecementos, capacidades e competencias adquiridos ao longo do Máster á elaboración dun proxecto de investigación sobre un dos temas propostos polo profesorado do Master.
• Ser quen de desenvolver unha investigación centrada nalgún aspecto concreto do tema elixido.
• Ser quen de expor e defender publicamente os resultados do TFM.
1.- Dado que cada alumno/a disporá dun/dunha profesor/a-tutor/a que o/a orientará na elección e realización do seu proxecto fin de master, serán estes/as quenes proporán unha oferta ampla de posibles traballos a deenvolver que, con independencia dos seus obxectivos, metodoloxías e contidos concretos, deberán axustarse formalmente ao modelo xeral de proxecto fin de máster que se desenvolve nesta ficha.
2.- A realización do proxecto fin de master: orientacións de traballo
2.1. Os apartados mínimos serán: introdución, obxectivos, metodoloxía, recursos, plan de traballo, conclusións e referencias bibliográficas
2.2. O traballo presentado debe conter un apartado específico ou ser incluído no contido educativo da proposta.
2.3. A defensa pública do proxecto fin de máster.
Debido a que a temática das diferentes investigacións é moi ampla, a bibliografía específica de cada unha será consensuada con cada titor/a do TFM pero a modo de orientación de cara á elaboración da investigación proponse a seguinte como bibliografía básica e de apoio:
-Acosta Hoyos, L. E. (1972): Guía práctica para la investigación y redacción de informes. Buenos Aires: Paidós.
-Anguera Argilaga, M. T. (1991): Manual de prácticas de observación. México: Trillas.
Bisquerra Alcina, R. (1989): Métodos de investigación educativa: guía práctica, Barcelona: Ceac.
-Campos Arenas, Agustín (2009). Métodos mixtos de investigación: integración de la investigación cuantitativa y la investigación cualitativa. Bogotá: Cooperativa Editorial Magisterio.
-Cardina Moltó, M.C. (2002): Introducción a los métodos de investigación en educación. Madrid: EOS.
-Cohen, L. (2002): Métodos de investigación educativa. Madrid: La Muralla.
-Festinger, L. y Katz, D., comp. (2004): Los Métodos de investigación en las ciencias sociales. Barcelona: Paidós.
-Hammersley, M. (1994): Etnografía: métodos de investigación. Barcelona: Paidós.
-Heinemann, K. (2003): Introducción a la metodología de la investigación empírica en las ciencias del deporte. Barcelona: Paidotribo.
-Mercado. S. (2000): ¿Cómo hacer una tesis?: tesinas, informes, memorias, seminarios de investigación y monografías. México: Limusa.
-Morse, Janice M. (2005): Asuntos críticos en los métodos de investigación cualitativa. Alicante: Universidad de Alicante,
-Ragin, Ch. C. (2007): La construcción de la investigación social: introducción a los métodos y su diversidad. Bogotá: Siglo del Hombre Editores.
-Rogoff, B y otros. (2006): Investigar la diversidad cultural: teoría, conceptos y métodos de investigación para la educación y el desarrollo. México, D.F.: Universidad Iberoamericana.
-Sabirón Sierra, F. (2006): Métodos de investigación etnográfica en ciencias sociales. Zaragoza: Mira Editores.
-Taylor, S.J. (1992): Introducción a los métodos cualitativos de investigación: la búsqueda de significados. Barcelona: Paidós.
4.1- Xerais e básicas:
CG5- Que o alumnado sexa capaz de deseñar programas para a realización de actividades educativas no medio natural, concretamente, saberá deseñar unha actividade educativa orixinal sobre un entorno natural previamente elixido.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que proporcionen unha base ou oportunidade para ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que o alumnado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade para resolver problemas en contornos novos ou pouco coñecidos en contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos baseados nunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar ao público as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e inequívoco
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan seguir estudando dun xeito que será en gran parte autodirixido ou autónomo.
4.2.- Específicas:
CE6 - Que o alumnado sexa capaz de coordinar e dirixir organizacións relacionadas coa educación no medio natural.
CE7 - Que o alumnado sexa capaz de avaliar os resultados das actividades e programas desenvolvidos.
CE8 - Que o alumnado desenvolva a capacidade de valorar a riqueza educativa do medio natural e de construír recursos para a realización de actividades.
CE9 - Que o alumnado teña actitudes e comportamentos positivos en relación coa paisaxe e os elementos naturais primixenios.
CE10 - Que o alumnado teña un coñecemento exhaustivo sobre o que é un medio natural.
CE11 - Que o alumnado adquira habilidades de xestión, toma de decisións e resolución de conflitos e imprevistos que poidan xurdir na organización e desenvolvemento das actividades.
CE12 - Que o alumnado sexa capaz de colaborar e traballar en equipo con outros profesionais e desenvolver a súa capacidade de intercomunicación.
En canto ás ensinanzas teóricas, empregaranse as seguintes estratexias:
- Metodoloxía de ensinanza-aprendizaxe das actividades formativas:
As horas que requiren a presenza do alumnado están orientadas á exposición dos aspectos formais que todos os proxectos finais de máster realizan, independentemente dos seus contidos, obxectivos e metodoloxías específicas (a determinación de cada alumno e a súa/ seu titor), deben respectar. Tamén se presentará o modelo a seguir na defensa oral e pública do TFM, que contará con soporte audiovisual.
- Relación das actividades formativas coas competencias que debe adquirir o alumno:
As actividades incluídas no traballo presencial do alumnado están directamente relacionadas coas competencias CG5, CB8 e CB9.
Dadas as especiais características da materia de TFM, o resto das actividades non presenciais terán unha particular relación co proxecto respectivo que cada alumno/a decida realizar, e de aí que tanto as actividades como a súa relación co proxecto xeral e as competencias específicas variarán en función das características propias de cada proxecto.
Os criterios de avaliación son os seguintes: grao de complexidade do tema, definición do obxecto de estudo, claridade na fixación dos obxectivos, desenvolvemento argumental, grao de cumprimento dos obxectivos, metodoloxía empregada, bibliografía, redacción e estilo, defensa pública, orixinalidade. .
O alumno disporá de 20 minutos para expor os puntos fundamentais do TFM. A continuación, os membros do tribunal formularán cantas observacións e preguntas consideren necesarias, nun tempo máximo de 10 minutos por cada membro do tribunal, que o alumno deberá contestar. Unha vez rematado o acto, o tribunal deliberará en segredo e fará pública a cualificación do TFM.
En caso de plaxio, aplicarase a normativa propia da USC para estes casos.
TRABALLO PRESENCIAL Horas
Clase presencial en grupo completo (Orientacións de traballo para a realización do TFM) 4
Clases prácticas (Orientacións para a defensa oral e pública do TFM) 2
Titorías 1,5
Realización de exercicios escritos ou exames 0,5
Outras tarefas co profesor/a da materia (especificar):
TOTAL horas de traballo presencial à 8
TRABALLO PERSOAL Horas
Estudo autónomo individual ou en grupo (realización da investigación para o TFM) 107
Escritura de exercicios, conclusións ou traballos derivados da materia 25
Lecturas recomendadas e búsquedas bibliográficas 10
Asistencia a actividades recomendadas, como charlas, presentacións de traballos, teses doutorais, etc.
Outras tarefas propostas polo profesor/a da materia (especificar):
TOTAL horas de traballo persoal do alumnado à 142
Este máster céntrase na xestión de grupos e na toma de decisións responsables en relación coas actividades físico-deportivas en medio natural.
É necesario que o alumnado teña actitudes positivas en todas aquelas cuestións que se refiran a calidades persoais que apunten cara ao desenvolvemento desas capacidades e que sexa capaz de relacionar os contidos de diversas áreas de estudo na actividade no medio natural.
Algún aspecto deste programa podería modificarse en razón dos tempos e lugares dispoñibles, ou as necesidades básicas de formación que puidesen presentar os estudantes tras a súa admisión no máster.