Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Lingua e a Literatura
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia proponse que o alumnado logre un coñecemento teórico sobre a representación da natureza na literatura, dunha parte, e doutra que adquira as destrezas necesarias para a planificación e aplicación de actividades de contido literario en espazos urbanos e na natureza.
Propóñense os seguintes obxectivos:
a) Familiarizar aos futuros profesionais no campo das actividades educativas relacionadas co tempo de lecer, o aire libre e o contacto coa natureza, coa importancia que a representación literaria da paisaxe ten para modular a percepción e a experiencia estética.
b) Dotar ao alumnado dos materiais e textos literarios que no futuro poderán servirlles
para espertar o interese e a sensibilidade na contorna natural de persoas que participen en actividades educativas na natureza.
c) Interpretar textos literarios da tradición universal nos que desempeñe un papel relevante a paisaxe.
d) Coñecer autores ou, de forma xenérica, tendencias e escolas e as diferentes actitudes cara ao medio natural.
e) Identificar motivos, temas e tópicos relacionados coa natureza.
g) Coñecer textos da literatura infantil e xuvenil enfocados ao traballo dos valores estéticos do medio e, en xeral, ecolóxicos.
i) Coñece-los mecanismos para planificar e desenvolver roteiros literarios.
Bloque I
1. A presenza da natureza nas obras literarias: percorrido histórico.
2. A interpretación literaria de motivos e temas:
2.1.Aproximación aos topoi: locus amoenus, hortus amoenus e beatus ille.
2.2.Valores estilísticos da natureza na tradición literaria.
3. Aproximación ao tratamento da natureza na literatura contemporánea
3.1. A literatura infantil e xuvenil
3.1.1. Os libros de ficción para nenas e mozos
3.1.2. Os libros informativos infantís e xuvenís
3.2. A literatura para público adulto
Bloque II
4. Planificación de actividades educativas de contido literario na natureza: sendas encantadas
BÁSICA
Carson, R. (2018). O sentido do abraio. Vigo: Catroventos.
Fernández de la Vega, C. (1958). Abrente e solpor da paisaxe. En VVAA, Homenaxe a Ramón Otero Pedrayo (pp. 103-128). Vigo: Editorial Galaxia.
Flys Junquera, C.; Marrero Henríquez, J.; Barella Vigal, J. (2010). Ecocríticas. Literatura y medio ambiente. Madrid: Iberoamericana/ Vervuert.
COMPLEMENTARIA
Douglas, V. (2014). Feminist ecocriticism: enviroment, women and literature. Lanham: Lexinton Books.
Garralón, A. (2013). Leer y saber leer. Los libros informativos para niños. Madrid: Tarambana.
López Sández, M. (2008). Paisaxe e Nación. A creación discursiva do territorio. Vigo: Ed. Galaxia.
López Silvestre, F. (2005). El discurso del paisaje. Historia cultural de una idea estética en Galicia (1723-1931). Santiago de Compostela: Servizo de Publicaciöns e Intercambio Científico.
Mato Fondo, M. (1998). A escrita da terra. Configuración do espacio natural na literatura galega. A Coruña: Espiral Maior.
Thion Soriano-Mollá, D. (2011). La Naturaleza en la Literatura Española. Vigo: Editorial Academia del Hispanismo.
Westling, L. (1996). The Green Breast of the New World. Landscape, Gender, and American Fiction. Athens and London: University of Giorgia Press.
BÁSICAS
- Que os estudantes sexan quen de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á
aplicación dos seus coñecentos e xuízos.
- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos
especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
ESPECÍFICAS
- Que os estudantes desenvolvan a capacidade de valorar a riqueza educativa do medio natural e construír recursos para a
realización de actividades.
- Que os estudantes teñan actitudes e comportamentos positivos en relación coa paisaxe e os elementos naturais
primixenios.
As clases expositivas ofrecerán unha visión global sobre os tópicos e temas relacionados coa natureza na literatura, xenericamente a universal, e de forma particular a española e a galega. Ofreceranse lecturas, tanto teóricas sobre os asuntos propostos como exemplos literarios específicos, para o seu comentario na aula. Fixaranse os elementos de construción dunha actividade educativa na natureza. Nas clases interactivas a atención centrarase na planificación, deseño e elaboración de diferentes actividades. As sesións complementaranse con titorías individuais ou grupais, que se poderán realizar presencial ou telematicamente, para resolver dúbidas ou profundizar nos conceptos apuntados.
Algunhas das sesións desenvolveranse fóra da aula. Estas saídas están motivadas polo peso que a planificación das actividades posúe tanto no temario fixado como no desenvolvemento nas sesións prácticas.
O traballo relacionado co desenvolvemento dunha actividade educativa na natureza poderá levarse a cabo de forma coordinada con outras materias do módulo.
É fundamental, dado que a avaliación é continua, a participación activa e a asistencia. Avaliarase:
1. Asistencia e participación activa en clases e actividades. Prácticas de aula con diversos materiais: 20%
2. Planificación e desenvolvemento de actividades educativas: 50%
3. Exposicións orais: 30%
O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá que recuperar, na segunda, as actividades suspensas.
A avaliación ten en conta a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011 (DOG ,21 de xullo de 2011) e modificada pola Resolución do 5 de abril de 2017 (DOG, 8 de maio). Os estudantes que teñan dispensa de asistencia por calquera das casuísticas fixadas pola normativa oficial terán que respectar o fixado pola Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral. Neses casos, para aprobar esta materia é obrigatoria a asistencia ás actividades prácticas ao aire libre que están sinaladas no horario de clases e programadas na Guía docente.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
TRABALLO PRESENCIAL
Clase presencial en grupo completo: 8h
Clases prácticas: 8h
Titorías: 7h
Total horas de traballo presencial: 23h
TRABALLO AUTÓNOMO
Total: 52 horas.
É fundamental amosar unha actitude aberta e participativa, coa axeitada sensibilidade e respecto cara ás diversas manifestacións literarias e a súa relación coa natureza, así como reflectir a adecuada pulcritude lingüística tanto nos traballos escritos como nas exposicións orais.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación co traballo persoal ou grupal que se realiza para a materia, deben terse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar cubertas plásticas innecesarias ou outras envolturas externas.
- Sempre que sexa posible, usar grampas no canto de espirais.
- Impresión a dobre cara con calidade de "aforro de tinta".
- Non usar follas en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar os arquivos adxuntos que non teñen referencia directa aos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
No que respecta aos criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase empregar a linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá na aula coma nos traballos académicos encomendados.
EMPREGO DO TELÉFONO MÓBIL NA AULA
O uso de teléfonos móbiles na aula limítase ao seu emprego como ferramenta de traballo seguindo as instrucións dadas pola profesora, o que fai aos estudantes responsables das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse do se uso inapropiado.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
Para todas as comunicacións académicas será obrigatorio o emprego da conta rai, así como das demais ferramentas tecnolóxicas institucionais (Campus Virtual, Ms Teams, Microsoft Office 365, etc.)
PROTECCIÓN DE DATOS
En todas as actuacións relacionadas coa materia respectaranse as normas de protección de datos da USC: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
PLAXIO
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Noelia Estevez Rionegro
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Teléfono
- 982821036
- Correo electrónico
- noelia.rionegro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Maria Del Rocio Garcia Pedreira
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Teléfono
- 982821014
- Correo electrónico
- mariadelrocio.garcia.pedreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 30 |
15.01.2025 18:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 30 |
30.06.2025 12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 30 |