Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas, Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica da Expresión Corporal, Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Que os estudantes sexan capaces de planificar con criterio actividades sobre o medio natural en equipamentos para a educación ambiental
2. Que os estudantes sexan capaces de organizar, desenvolver e avaliar actividades de educación ambiental
- Equipamentos para a educación ambiental: antecedentes, características e tipoloxías.
- Características dos equipamentos galegos para a educación ambiental.
- Procesos de calidade para os equipamentos.
- Deseño e planificación de actividades na natureza desde os equipamentos.
- Deseño e elaboración de recursos e itinerarios para o desenvolvemento de actividades en equipamentos.
- Interpretación do patrimonio.
- Avaliación de actividades e recursos.
- Estudo de casos de organización, deseño e desenvolvemento de actividades educativas na natureza e ao aire libre.
Básica
Blanca Giménez, Vicente (2011). Instalaciones y equipamientos en espacios naturales. Valencia: Editorial de la Universidad Politécnica. (CD)
Blázquez Llamas, María Ángeles (2008). Equipamientos de educación ambiental: situación actual y propuesta reguladora. Madrid: Organismo Autónomo Parques Nacionales.
Bouzada Fernández, Xan (2001). Escuela, cultura y territorio: lógicas sociales de la implantación y producción de los equipamientos educativos y socioculturales. Madrid: Universidad Complutense. (CD)
Complementaria
Chiavenato, I. (2007). Administración de Recursos Humanos. México: McGraw Hill.
Coordinadora Infantil y Juvenil de Tiempo Libre de Vallecas (2011). Campamentos de verano: diseño y organización. Madrid: Editorial Popular.
Gortázar, Luis (1997). Guía canaria de equipamientos en la naturaleza. Las Palmas de Gran Canaria: Viceconsejería de Medio Ambiente.
Gutierrez Pérez, José (1995). Evaluación de la calidad educativa de los equipamientos ambientales. Madrid: Ministerio de Obras Públicas, Transportes y Medio Ambiente.
Hidalgo Tuñón, Alberto (1999). La teoría de la organización ante el fenómeno de las asociaciones juveniles. Oviedo: Panquea.
Hodge, B.J. (2003). Teoría de la organización: un enfoque estratégico. Madrid: Pearson Prentice Hall.
Pascual, José Antonio (2007). La gestión del uso público en espacios naturales. Madrid: Miraguana.
Serantes, Araceli (2010). Proxecto Fénix. Equipamentos de educación ambiental en Galicia. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia-CEIDA.
Ventosa Pérez, Víctor Juan (2001). Desarrollo y evaluación de proyectos socioculturales. Madrid: CCS.
Ventosa Pérez, Víctor Juan (2011). Ámbitos, equipamientos y recursos de intervención socioeducativa. Madrid: CCS.
Serantes, Araceli (2005). Guía de equipamentos para a Educación Ambiental na Galiza e outras instalacións para a divulgación do patrimonio. A Coruña: CEIDA
Ortega Roig, Juanjo (2006). Evaluación del papel que cumplen los equipamientos de uso público en los espacios naturales protegidos. Madrid: Fundación Fernando González Bernáldez
Paxinas web de interese:
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) http://www.ceida.org/
Centro Nacional de Educación Ambiental:
http://www.magrama.gob.es/es/ceneam/quienes-somos/
Fundación Félix Rodríguez de la Fuente. Bosquescuela learning in nature.
http://bosquescuela.com/p1800/quienes-somos/
Lekendo, T.: Camping and Hiking Unit Plan:
http://www.cwu.edu/~jefferis/unitplans/campinghiking/index.html
Sociedade Galega de Educación Ambiental
http://www.sgea.org/
Stanford Outdoor Education
http://outdoored.stanford.edu/
Wilderness Watch:
http://wildernesswatch.org/index.html
Básicas e Xerais:
- CG5: Que os estudantes sexan capaces de deseñar programas para a realización de actividades educativas en contornas naturais, en concreto saberán deseñar unha actividade educativa orixinal sobre unha contorna natural previamente elixido.
Específicas:
- CE7: Que os estudantes sexan capaces de avaliar os resultados das actividades e programas desenvolvidos.
- CE6: Que os estudantes sexan capaces de coordinar e dirixir organizacións relacionadas coa educación en contornas naturais.
Metodoloxía de ensino-aprendizaxe das actividades formativas:
Traballo presencial:
- Ofrecerase unha síntese actualizada sobre os equipamentos para a educación ambiental, actividades no medio natural e interpretación patrimonial (9 horas).
- Presentaranse actividades prácticas para realizar en grupo (9 horas)
- Realizaranse saídas para analizar os equipamento nunha contorna natural, no que o alumnado poderá comprobar na práctica os elementos expostos nas sesións teórico-prácticas. Para cada saída detallarase o material específico e necesario que será responsabilidade do alumnado dispoñer do mesmo durante a saída (8 horas).
Traballo non presencial:
As lecturas obrigatorias son varios textos escollidos e curtos (10 horas de lectura e traballo), artigos científicos con información actualizada (12 horas de lectura e traballo) e visionado de documentais e vídeos sobre actividades e equipamentos de educación ambiental (3 horas).
A partir destas actividades as e os estudantes realizarán en grupo unha avaliación dun equipamento, e das actividades e recursos cos que conta (8 horas), complementada coa asistencia a outras actividades externas recomendadas (12 horas).
O alumnado será atendido en grupos reducidos en titoría para orientar os seus traballos (2 horas).
Un exercicio establecerá un diagnóstico sobre os logros alcanzados (2 horas).
As competencias básicas avaliaranse a través dos grupos de traballo na aula, a visita ao equipamento e coa presentación de traballos escritos que deben estar presentados conforme ás normas que establece a USC.
A avaliación é continua e escalar. Toda a actividade é avaliada: asistencia e participación nas clases teóricas e prácticas (saídas de carácter obrigatorio), resolución de cuestións expostas nas sesións prácticas e de exercicios de traballo non presencial, conclusións sobre a asistencia ás actividades externas recomendadas, exercicio de análise sobre a visita ao equipamento mediante procedementos establecidos previamente, comentarios e conclusións derivados das lecturas e os documentais visionados, e exercicio escrito final en grupo, no que as e os estudantes mostrarán suficiencia na adquisición das competencias establecidas.
A asistencia a clase é obrigatoria segundo a normativa da USC, salvo concesión de dispensa oficial, e fíxase no 80% como mínimo de asistencia a todas as sesións.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
Criterios de avaliación:
- Probas obxectivas: 30%
- Presentación de informes orais e/o escritos: 50%
x Traballo grupal do módulo 4: (10%)
x Informes das saídas: (40%)
- Asistencia e participación: 20%
Cada un dos diferentes apartados terá que ser superado de forma independente, se non, será cualificado como NP e manterase a nota dos apartados que estean superados, só nas convocatorias do presente curso académico.
SEGUNDA OPORTUNIDADE E SUCESIVAS:
- No caso de que sexa no mesmo curso académico, manteranse as cualificacións superadas e non será obrigatorio superar os apartados de forma independente para superar a materia.
En sucesivas oportunidades, se non coincide co curso académico da primeira oportunidade, terase que realizar a avaliación como se indica no devandito curso académico.
DISPENSA DE ASISTENCIA:
Os estudantes que teñan concedida dispensa de asistencia terán que aterse ao disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral. Neses casos, para aprobar esta materia é obrigatoria a participación nas actividades prácticas (saídas) que están sinaladas no horario de clases e programadas na Guía docente, así como presentar un traballo académico que supla a parte non presencial autorizada e que será acordado de maneira individual co profesor.
As porcentaxes dos criterios de avaliación en caso de dispensa osifica serán:
- Probas obxectivas: 35%
- Presentación de informes orais e/o escritos: 50%
x Traballo grupal do módulo 4: (10%)
x Informes das saídas: (40%)
- Asistencia e participación: 15%
Alumnado con diversidade funcional:
Calquera tipo de diversidade funcional ou dificultade para un seguimento diario normal da materia, sexa esa dificultade permanente ou temporal, debería xustificar a súa situación a través dun documento expedido polo servizo acreditado pola USC (Servizo de Participación e Integración Universitaria (SPIU) da USC) para estes efectos e informar do seu caso ao docente dentro das dúas primeiras semanas do semestre correspondente ou cando a incidencia suceda, a fin de que poidan acordar o máis axiña posible o plan de traballo da/do estudante na materia e, se é preciso, as adaptacións curriculares e/o avaliativas necesarias.
Se algunha persoa incorrese nunha falsificación ou outro tipo de fraude e a mesma fose descuberta, será cualificada con "suspenso" nas convocatorias correspondentes ao ano académico na cal sucedese o incidente e as actuacións do profesorado rexeranse, en todo caso, pola Normativa de avaliación e rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011 (DOG 21 de xullo de 2011) e modificada pola Resolución do 5 de abril de 2017 (DOG, 8 de maio).
Horas presenciais (27 horas):
Clase presencial en grupo completo: 8
Clases prácticas: 8
Titorías: 2
Realización de exercicios escritos ou exames: 2
Outras tarefas (excursións etc.)/ etc.): 7
Horas non presenciais (48):
Estudo autónomo: 9
Escritura de exercicios, conclusións ou traballo derivados da materia: 4
Lecturas recomendadas e procuras bibliográficas: 15
Asistencia a actividades recomendadas: 12
Outras tarefas propostas polo/a docente: 8
É conveniente que o alumnado adquira o costume de visitar equipamentos e instalacións que teñan relación coa súa formación, así como apuntar nun caderno todas as observacións que lle suxiran os espazos susceptibles de desenvolver actividades educativas na natureza.
Ademais dun bo equipo de excursionista, cada estudante debe recoller imaxes de instalacións, equipamentos e contornas de especial interese para a realización de actividades educativas, e exercitarse na súa análise.
A materia ten un desenvolvemento na USC virtual e información adicional na páxina do máster http://www.masterdaen.es/inicio.html
Comunicación
Toda comunicación realizarase a través da contas oficiais da USC e a través do campus virtual
Elaboración e confección de documentación
Utilizaranse as ferramentas institucionais para a confección de calquera informe, documentación ou traballo que sexa necesario presentar.
Entrega de documentación
Todos os traballos entregaranse en formato electrónico na plataforma virtual, non admitíndose ningún en formato papel.
Na sesión de presentación da materia informarase sobre o equipamento (roupa, calzado, equipo técnico etc.)/ etc.) máis adecuado para desenvolver as saídas.
Perspectiva de xénero
En atención aos criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso dunha linguaxe non sexista tanto no traballo cotián da aula como nos traballos académicos. Pódese obter máis información respecto diso na ligazón:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
Protección de datos
Aplicarase a política e normativa da USC respecto diso, dispoñible en https://www.usc.gal/es/politica-privacidade-proteccion-datos
Miguel Cons Ferreiro
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Corporal
- Teléfono
- 982821062
- Correo electrónico
- miguel.cons [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Leticia Lopez Castro
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 982821052
- Correo electrónico
- leticia.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Ruben Navarro Paton
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Corporal
- Teléfono
- 982821033
- Correo electrónico
- ruben.navarro.paton [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Venres | |||
---|---|---|---|
16:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 30 |
17.01.2025 18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 30 |
03.07.2025 10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 30 |