Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 25 Total: 25
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo desta unidade curricular é introducir aos estudantes en diversos aspectos de actualidade de carácter xurídico, laboral e económico, relacionados coa sociedade e a economía dixitais, co fin de achegarlles competencias útiles para o seu futuro desempeño profesional.
As aptitudes e competencias que adquiran os estudantes deben permitirlles desenvolverse profesionalmente no espazo transfronteirizo portugués e español, polo que os coñecementos que se impartan deben ter en conta o marco regulatorio portugués e español no contexto internacional e europeo.
Aínda que algunhas materias ofrecerán formación en fundamentos tecnolóxicos para compreder o funcionamento e desenvolvemento das tecnoloxías ou procesos dixitais, como unha forma plausible de comprender como afectan o ordenamento xurídico e como este debe adaptarse, así como de coñecer como as devanditas tecnoloxías e procesos poden empregarse no exercicio profesional, esta materia poderá incorporar temas que reforcen o obxectivo descrito.
- Últimos desenvolvementos da Administración electrónica.
- Fintech e Insurtech.
- Economía circular no marco da economía dixital.
- O teletraballo e as relacións laborais na economía dixital.
- Igualdade de xénero na economía e sociedade dixitais.
- Smart cities e smart territories.
- Sociedade 5.0.
- Transhumanismo.
· Economía de plataformas.
· Seminarios.
- AA.VV.: La actualización de la Administración electrónica, Marcos Almeida Cerreda y Luis Miguez Macho (Directores), 2ª edición, Andavira Editora, Santiago de Compostela, 2018.
- AA.VV.: 4ª Revolución industrial: impacto de la automatización y la inteligencia artificial en la sociedad y la economía digital, César García Novoa y Diana Santiago Iglesias (Directores), Thomson Reuters-Aranzadi, Cizur Menor, 2018.
- Fernández Rodríguez, José Julio, Seguridad(es) en un futuro incierto: un estudio jurídico-constitucional, Aranzadi Thomson Reuters, 2020. ISBN 9788413452784.
- Fernández Rodríguez, José Julio, Decálogo sobre los retos de los derechos fundamentales, Aranzadi, Cizur Menor, 2021.
BÁSICAS E XERAIS:
CG2 - Adquirir a capacidade de desenvolver, comprender, analizar, sintetizar, expoñer e argumentar información ou documentos xurídicos complexos.
CG3 - Adquirir a capacidade de manexar coñecementos, ferramentas e recursos de alto nivel para resolver problemas relacionados co Dereito transnacional da empresa (España e Portugal) e o Dereito das tecnoloxías dixitais que afecte as empresas, desde a perspectiva do Dereito Portugués, Español, Europeo e Internacional.
CG4 - Adquirir a capacidade de dirixir ou traballar eficaz e eficientemente en equipos interdisciplinares, con enfoques complexos e inclusive multidisciplinares, como experto no Dereito transnacional da empresa (España e Portugal) e do Dereito das tecnoloxías dixitais.
TRANSVERSAIS:
CT3 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero
CT4 - Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social
CT5 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade e da economía.
ESPECÍFICAS:
CE15 - Capacidade de definir escenarios e propoñer medidas profesionalmente sobre aspectos emerxentes con relevancia xurídica no espazo transfronteirizo portugués-español..
CE16 - Capacidade de analizar e entender os aspectos emerxentes con relevancia xurídica que afectan a contorna profesional (autónomo, da empresa ou das administracións públicas), relacionados cos produtos, sistemas ou procesos da dixitalización e a automatización.
- Clases teóricas e teórico-prácticas dedicadas á apreciación/discusión dun tema. Desenvólvese unha exposición directa por parte do profesor ou dos conferenciantes externos que impartan un seminario.
- Desenvolveranse estudos de casos, resolución de problemas e debates sobre temas ou problemas relacionados coas materias.
- Exposicións de traballos de investigación de cuestións relacionadas cos contidos teóricos e prácticos da materia. Pódense desenvolver individualmente ou en grupo.
- Titorías consistentes en entrevistas de carácter formativo coa finalidade de guiar, orientar e asesorar ao alumno no desenvolvemento da súa actividade formativa, coa finalidade de asegurar a aprendizaxe e a adquisición de competencias.
- Sesións semipresenciais, cun compoñente de ensino presencial e un compoñente de aprendizaxe a distancia a través de medios dixitais.
- Probas de evaluacion de coñecementos competencias: ata o 80% da cualificación final.
- Traballo escrito individual: 60% da cualificación final.
- Valoración de participación en clase e aproveitamento das clases prácticas: 20% da cualificación final.
- Valoración da presentación oral do traballo escrito individual: 20% da cualificación final.
A proba de avaliación de coñecementos e competencias só se desenvolverá no caso de que o alumno non aprobase a materia en base ao Traballo escrito individual, á Valoración de participación en clase e aproveitamento das clases prácticas e a Valoración da presentación oral do traballo escrito individual.
Para os efectos do previsto no artigo 5.2 da Normativa sobre permanencia nas titulacións de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, nesta materia só se considera actividade académica avaliable o exame final, polo que ós alumnos que non concorran a ningunha das dúas oportunidades oficiais do mesmo se lles fará constar na acta a mención de "Non presentado".
Os alumnos que teñan concedida exención de docencia poderán suplir a falta de asistencia e participación nas clases interactivas coa elaboración e presentación dunha memoria de prácticas de acordo coas instruccións que lles imparta o profesor nas correspondentes titorías.
Actividade en liña asíncrona:
- Análise dos materiais docentes facilitados polo profesor.
- Discusión asíncrona co grupo de compañeiros (chat a través da plataforma) ou asíncrona (a través do foro) sobre lecturas, materiais, vídeos, software e aplicacións utilizadas.
- Talleres e seminarios: Organizados ad hoc, entrevistas a expertos ou asíncronos (Visualización e audición das sesións gravadas ou de vídeos seleccionados polo profesor que incentiven as competencias da materia).
Total: 20 horas.
Traballo persoal do alumno e outras actividades: 85 horas.
- Asistir a clase regularmente.
- Participar activamente nas clases de natureza práctica.
- Recorrer ás titorías para calquera dúbida sobre a materia.
- Estudar con tempo e regularmente.
- Estudar tendo presentes as bases normativas sobre as as cales se desenvolven os contidos teóricos.
- Seguir as orientacións bibliográficas facilitadas polo profesor.
- Completar o ensino cos recursos da biblioteca.