Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 25 Total: 25
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado
Áreas: Dereito Administrativo, Dereito Constitucional
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo desta materia é introducir ao estudantado nos principios e regras do Dereito público transnacional relacionados coa protección dos datos de carácter persoal no contexto da sociedade e a economía dixitais, con especial atención os elementos relacionados coa seguridade e a ciberseguridade.
Tamén coñecer o marco normativo, político e de desenvolvemento dos procesos de dixitalización das administracións públicas, así como a xestión e gobernanza de datos por parte das administracións e o marco regulatorio para a prestación de servizos e resolución de procedementos administrativos a través de sistemas intelixentes e automatizados.
As aptitudes e competencias que adquiran os estudantes deben permitirlles desenvolverse profesionalmente no espazo transfronteirizo luso-español, polo que os coñecementos que se impartan deben ter en conta o marco regulatorio portugués e español no contexto internacional e europeo.
- Principios de Dereito público transnacional; Principios de Dereito público transnacional para a economía e a gobernanza dos datos. A gobernanza da internet e da sociedade e a economía dixitais.
- A protección dos dereitos fundamentais no contexto internacional, europeo, portugués e español, con especial referencia á ciberseguridade e á protección da privacidade na sociedade e a economía dixitais; Marco xurídico internacional, europeo, español e portugués da ciberseguridad, xestión de riscos e delitos cibernéticos.
- Dereitos fundamentais e privacidade. Dereito de protección de datos de carácter persoal: o Regulamento Xeral de Protección de Datos da Unión Europea e a normativa nacional de desenvolvemento; Especialidades da protección de datos no ámbito das institucións públicas. Os datos abertos e a reutilización da información do sector público. Libre circulación de datos non persoais.
- Marco xurídico para a o desenvolvemento e a resolución de procedementos administrativos e/ou a prestación de servizos administrativos (como asistentes virtuais) automatizados ou baseados en sistemas intelixentes. O blockchain como ferramenta dixital para a transparencia da administración pública dixital.
- Conceptos tecnolóxicos esenciais da Ciberseguridade. A ciberseguridade nas empresas e nas administracións públicas.
Fernández Rodríguez, José Julio, "Decálogo sobre la nueva normativa de protección de datos", Administración & cidadanía: revista da Escola Galega de Administración Pública, ISSN-e 1887-0279, ISSN 1887-0287, Vol. 13, Nº. 2, 2018.
Arenas Ramiro, Mónica (dir.), Ortega Giménez, Alfonso (dir.), Protección de datos: Comentarios a la Ley Orgánica de Protección de Datos y Garantía de Derechos Digitales (en relación con el RGPD), Sepin Editorial Jurídica, 2019. ISBN 9788417414924.
Fernández Rodríguez, José Julio, Seguridad(es) en un futuro incierto: un estudio jurídico-constitucional, Aranzadi Thomson Reuters, 2020. ISBN 9788413452784.
Fernández Rodríguez, José Julio, Lo público y lo privado en Internet. Intimidad y libertad de expresión en la red, Universidad Nacional Autónoma de México, Ciudad de México, 2004. ISBN: 970-32-1098-8
Disponible en https://biblio.juridicas.unam.mx/bjv/detalle-libro/1167-lo-publico-y-lo…
García Novoa, César y Santiago Iglesias, Diana, 4ª Revolución industrial: impacto de la automatización y la inteligencia artificial en la sociedad y la economía digital, Thomson Reuters - Aranzadi, 2018. ISBN: 9788413090610
Competencias xerais e básicas:
CG1 - Adquirir a capacidade de desenvolver, comprender, analizar, sintetizar, expoñer e argumentar información ou documentos
xurídicos complexos.
CG2 - Adquirir a capacidade de manexar coñecementos, ferramentas e recursos de alto nivel para resolver problemas relacionados co Dereito transnacional da empresa (España e Portugal) e o Dereito das tecnoloxías dixitais que afecte as empresas, desde a perspectiva do Dereito Portugués, Español, Europeo e Internacional.
CG3 - Adquirir a capacidade de dirixir ou traballar eficaz e eficientemente en equipos interdisciplinares, con enfoques complexos
e inclusive multidisciplinares, como experto no Dereito transnacional da empresa (España e Portugal) e do Dereito das
tecnoloxías dixitais.
CG4 - Adquirir a capacidade de asistir, asesorar ou dirixir estratexias orientadas a resolver problemas xurídicos no exercicio
profesional autónomo, en despachos, empresas ou administracións.
Competencias transversais:
CT1 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio
da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
CT2 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a
perspectiva de xénero.
Competencias específicas:
CE.1 - Capacidade de comprender e manexar os principios e normas do Dereito público transnacional e do Dereito
administrativo español e portugués, aplicables á protección de datos de carácter persoal, á ciberseguridad e á dixitalización das administracións públicas no contexto da sociedade e a economía dixitais.
CE.2 - Capacidade de comprender e manexar os principios e normas da economía de datos e os aspectos xurídicos da
seguridade e a ciberseguridad na empresa
Clases teóricas e teórico-prácticas dedicadas á apreciación/discusión dun tema. Desenvólvese unha exposición directa por parte
do profesor ou dos conferenciantes externos que impartan un seminario.
Desenvolveranse estudos de casos, resolución de problemas e debates sobre temas ou problemas relacionados coas materias.
Exposicións de traballos de investigación de cuestións relacionadas cos contidos teóricos e prácticos da materia. Pódense
desenvolver individualmente ou en grupo.
Titorías consistentes en entrevistas de carácter formativo coa finalidade de guiar, orientar e asesorar ao alumno no desenvolvemento da súa actividade formativa, coa finalidade de asegurar a aprendizaxe e a adquisición de competencias.
Sesións semipresenciais, cun compoñente de ensino presencial e un compoñente de aprendizaxe a distancia a través de medios
dixitais.
Clases síncronas: serán clases teóricas en directo, aínda que poderán gravarse para que queden ao dispor dos alumnos.
Sesións prácticas síncronas: - Seminarios organizados ad hoc, con conferencias de profesores externos. Sesións interactivas:
Análise dos casos e materiais docentes facilitados polo profesor - Exposicións de traballos de investigación de cuestións
relacionadas cos contidos teóricos e prácticos da materia.
Actividade en liña asíncrona: - Análise dos materiais docentes facilitados polo profesor. - Discusión asíncrona co grupo de compañeiros (chat a través da plataforma) ou asíncrona (a través do foro) sobre lecturas, materiais, vídeos, software e aplicacións utilizadas. - Talleres e seminarios: Organizados ad hoc, entrevistas a expertos ou asíncronos (Visualización e audición das sesións gravadas de ou vídeos seleccionados polo profesor que incentiven as competencias da materia).
Probas de avaliación de coñecementos e competencias, entre 0 e 8
Traballo escrito individual, entre 4 e 6
Valoración de participación en clase e aproveitamento das clases practicas, entre 1 e 3
Valoración da presentación oral do traballo escrito individual, entre 1 e 3
En relación co sistema de avaliación, a proba de avaliación de coñecementos e competencias ( EXA) só se desenvolverá no caso de que o alumno non aprobase a materia en base ao Traballo escrito individual ( TRA), á Valoración de participación en clase e aproveitamento das clases practicas ( CLA) e a Valoración da presentación oral do traballo escrito individual ( EXP).
Para os efectos do previsto no artigo 5.2 da Normativa sobre permanencia nas titulacións de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, nesta materia só se considera actividade académica avaliable o exame final, polo que ós alumnos que non concorran a ningunha das dúas oportunidades oficiais do mesmo se lles fará constar na acta a mención de "Non presentado".
Os alumnos que teñan concedida exención de docencia poderán suplir a falta de asistencia e participación nas clases interactivas coa elaboración e presentación dunha memoria de prácticas de acordo coas instruccións que lles imparta o profesor nas correspondentes titorías.
Traballo persoal para o alumno: 85 horas
Facer un seguimento continuado da marcha da asignatura, por medio das clases síncronas e a actividade asíncrona.
Jose Julio Fernandez Rodriguez
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Constitucional
- Teléfono
- 881814723
- Correo electrónico
- josejul.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Andrea Garrido Juncal
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Administrativo
- Teléfono
- 881814696
- Correo electrónico
- andrea.garrido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor