Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 10 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Patoloxía Animal
Áreas: Sanidade Animal
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecer a metodoloxía e a tecnoloxía empregada no diagnóstico molecular de patóxenos que afectan aos animais domésticos e silvestres.
Coñecer as principais aplicacións da epidemioloxía molecular no estudo de brotes de enfermidades.
PROGRAMA TEÓRICO
TEMA 1. Métodos e ferramentas en epidemioloxía molecular utilizados en Veterinaria (2 horas).
TEMA 2. Identificación dos axentes causais de brotes de enfermidades, determinación de factores de risco e dinámica de transmisión (2 horas).
TEMA 3. Epidemioloxía ambiental mediante a utilización de técnicas de bioloxía molecular, aplicacións actuais (2 horas).
TEMA 4. Determinación do potencial zoonótico por métodos moleculares (2 horas).
TEMA 5. Bases moleculares da resistencia a antibióticos e antiparasitarios e aplicación no actual contexto de diminución de utilización de medicamentos (2 horas).
PROGRAMA PRÁCTICO
a) Sesións interactivas
-Análise xenotípica e subtípica de illados de Cryptosporidium spp. procedentes de ruminantes domésticos e determinación do seu potencial zoonótico (2,5 horas).
-Análise filoxenética de illados de virus da enfermidade aleutiana do visón e interpretación epidemiolóxica (2,5 horas).
b) Seminarios
- Importancia e aspectos prácticos relacionados coa resistencia a antibióticos e antiparasitarios, mecanismos moleculares máis frecuentes, e aplicación no actual contexto de diminución de utilización de medicamentos (7 horas).
Bibliografía básica
Cacciò, S.M.; Ryan, U. (2008). Molecular epidemiology of giardiosis. Mol. Biochem. Parasitol, 160, 75-80.
De Filippis, I; McKee M.L. (2013). Molecular typing in bacterial infections. Ed Springer.
Morand, S.; Beaudeau, F.; Cabaret, J. (2011). New frontiers of molecular epidemiology of infectious diseases. Springer Science & Business Media
Riley, L.W. (2004). Molecular epidemiology of infectious diseases. Principles and practices. Washington, DC: ASM Press.
Xiao, L. (2009) Molecular epidemiology of cryptosporidiosis: an update. Exp. Parasitol. 124, 80-89.
Zadoks, R.N.; Schukken, Y.H. (2006). Use of molecular epidemiology in veterinary practice. Vet. Clin. Food. Anim., 226-261.
Bibliografía complementaria:
Díaz, P., Navarro, E., Prieto, A., Pérez-Creo, M., Viña, J.M., Díaz-Cao, J.M., López, C.M., Panadero, R., Fernández, G., Díez-Baños, P., Morrondo, P. 2018. Cryptosporidium species in post-weaned and adult sheep ands goats from N.W. Spain: public and animal health significance. Vet. Parasitol. 254, 1-5.
Diaz, P., Arnal, J.L., Remesar, S.; Pérez-Creo, A. Venzal, J.M., Vázquez-López, M.E., Prieto, A., Fernández, F., López, C.M., Panadero R., Benito, A., Díez-Baños, P., Morrondo, P. 2017. Molecular identification of Borrelia spirochetes in questing Ixodes ricinus from north-western Spain. Parasites and Vectors. 10: 615, 1-7.
Prieto, A., Fernández-Antonio, R., Díaz-Cao, J.M., López, G., Díaz, P., Alonso, J.M., Morrondo, P., Fernández, G. 2017. Distribution of Aleutian mink disease virus contamination in the environment of infected mink farms. Vet. Microbiol. 204, 59-63.
Prieto, A., Díaz-Cao, J.M., Fernández-Antonio, R., Panadero, R., Díaz, P., López, C., Morrondo, P., Díez-Baños, P., Fernández, G. 2014. Application of real time PCR to detect Aleutian Mink Disease Virus on environmental farm sources. Vet. Microbiology. 173, 355-359.
Básicas e xerais
CG01 - Capacidade para organizar e planificar o estudo e a experimentación nas áreas de coñecemento que interveñen.
CG02 - Integrar o coñecemento e afrontar a toma de decisións con base na información científica e técnica.
CG03 - Transmitir os resultados do estudo e investigación a públicos especializados, académicos e xeneralistas.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que proporcionan unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e / ou aplicación das ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os alumnos saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolver problemas en ambientes novos ou descoñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB9 - Que os alumnos saiban comunicar as súas conclusións eo coñecemento e os motivos fundamentais que o sustentan ao público especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
Específicas:
CE01 - Comprender a relación entre Xenómica e Xenética e saúde humana, animal e vegetal, necesaria para o desenvolvemento das diversas funcións dun profesional orientado ao avance da saúde.
CE04 - Poder realizar a rastrexabilidade do material xenético para a detección de mutacións e o control de riscos e identificación de puntos críticos, en saúde, produción, manipulación e procesamento.
Transversais:
CT06 - Capacidade para a xestión da información, resolución de problemas e toma de decisións.
CT07 - Capacidade para elaborar, expoñer e discutir un texto científico-técnico organizado e comprensible.
Seminarios e sesións teóricas
Ambas se desenvolverán na aula a grupo completo coas medidas hixiénicas e/ou de distanciamento establecidas pola USC e terán unha duración aproximada de 50 minutos. Levaranse a cabo en base a presentacións multimedia, proxectándose contidos orixinais escritos e material gráfico. As clases teóricas abordarán os contidos do programa, mentres que nos seminarios analizaranse, de maneira crítica, casos reais. O alumno terá acceso a un resumo dos contidos destas sesións a través do campus virtual, que se proporcionará previamente.
Titorías personalizadas:
Realizaranse dúas titorías en grupo, programadas no calendario oficial, que se levarán a cabo de forma presencial na aula coas medidas hixiénicas e/ou de distanciamento establecidas pola USC e de 50 minutos de duración. Permitirán expor as dúbidas xurdidas durante as sesións teóricas e prácticas, así como nos seminarios. Tamén se realizarán titorías individuais, a demanda do alumnado nos horarios establecidos, nas que os alumnos terán a oportunidade de resolver e consultar todas as dúbidas xurdidas; tamén se dedicarán á supervisión de traballos e/ou tarefas propostas. Ademais, o alumnado dispoñerá dun servizo de titorías virtuais para realizar consultas e formular preguntas ou realizar comentarios.
Sesións interactivas:
As sesións interactivas realizaranse nas aulas de informática con grupos de 20 alumnos, cada un cun computador. Nelas os alumnos aprenderán, mediante o emprego de diferentes programas e aplicacións informáticas, a identificar diferentes patóxenos víricos, bacterianos e parasitarios en base aos resultados moleculares e a determinar o seu potencial zoonótico.
• Proba escrita: permitirá determinar a adquisición dos principais conceptos teóricos por parte do alumnado (50% da cualificación da materia)
• Proba práctica: basearase na resolución de cuestións e problemas relacionados co exposto nos seminarios e nas clases interactivas e permitirá avaliar os coñecementos adquiridos nesas sesións (20% da cualificación da materia). Os estudantes deberán realizar esta proba durante o seu tempo de traballo persoal, e deberán entregala por escrito, tendo aproximadamente unha semana para realizala.
• Avaliación continua: asistencia, participación e actitude do alumno nas sesións teóricas e prácticas. Exposición dun traballo académico, que se realizará durante as últimas 2 horas de seminarios; avaliarase a claridade e a defensa (30% da cualificación da materia).
Os resultados obtidos na proba práctica e na avaliación continua gardaranse os cursos académicos, aínda que os estudantes poderán repetilas se queren subir nota.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Non procede a dispensa a clase en ningunha actividade.
A materia “Epidemioloxía molecular de enfermidades animais” consta de 3 créditos ECTS, correspondendo cada crédito ECTS a 25 horas. Por tanto, o total da materia será de 75 horas repartidas entre traballo presencial e traballo autónomo.
-Horas presenciais: 24
Leccións teóricas (expositivas): 10 h
Prácticas: 5 h
Interactivas seminarios: 7 h
Titorías personalizadas: 2 h
-Traballo persoal do alumno: 51 horas
Estudo individual: 31 h
Elaboración de seminarios: 12 h
Resolución de casos prácticos: 5 h
Presentacións orais: 1 h
Realización de exames: 2 h
Débese participar de forma activa nas actividades que se propoñan, polo que é fundamental que o alumno interaccione cos profesores para aclarar calquera dúbida durante a súa realización. Os alumnos que non teñan estudos sobre enfermidades dos animais deberán utilizar as titorías para realizar unha revisión dos aspectos máis importantes sobre a epidemioloxía destas enfermidades.
Alberto Prieto Lago
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Sanidade Animal
- Correo electrónico
- alberto.prieto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Pablo Díaz Fernández
Coordinador/a- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Sanidade Animal
- Correo electrónico
- pablo.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade