Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 3 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer as bases moleculares e principios da regulación metabólica
- Coñecer as bases bioquímicas dalgunhas adaptacións metabólicas en diferentes especies animais
- Coñecer as bases bioquímicas dalgunhas patoloxías metabólicas
1. Mecanismos de regulación dos procesos metabólicos
2. Bases bioquímicas dalgunhas adaptacións metabólicas en animais
3. Bases bioquímicas dalgunhas patoloxías metabólicas en animais
• TEMAS
UNIDADE DIDÁCTICA 1. REGULACIÓN ENZIMÁTICA
Tema 1. Modulación da actividade enzimática por metabolito. Inhibición e inactivación. Alosterismo e modulación alostérica.
Tema 2. Modulación da actividade enzimática por modificación covalente. Fosforilación reversible. ADP- ribosilación. Adenilación. Farnesilación. Hidroxilación. Proteolise.
Tema 3. Modulación da actividade enzimática mediante cambios na expresión xénica. Isoenzimas. Fases da expresión xénica.
UNIDADE DIDÁCTICA 2. BASES BIOQUÍMICAS DALGUNHAS ADAPTACIÓNS METABÓLICAS
Tema 3. Papel da glucoquinase na regulación da glicemia en animais. Estrutura e función da glucoquinase. Regulación da actividade glucoquinase. Expresión tisular da glucoquinase. Diferenzas na regulación da glicemia en animais monogástricos e ruminantes.
Tema 4. Papel da alfa-lactoalbumina no proceso de lactación. Síntese de lactosa na glándula mamaria. Relación entre a síntese de lactosa e a produción de leite. Estrutura e función da alfa-lactoalbumina. Expresión da alfa-lactoalbumina na glándula mamaria.
Tema 5. Hemoglobina e transporte de O2. Papel do 2,3-bisfosfoglicerato na regulación da afinidade da hemoglobina por O2. Diferenzas moleculares entre a hemoglobina materna e fetal.
UNIDADE DIDÁCTICA 3. BASES BIOQUÍMICAS DALGUNHAS PATOLOXÍAS METABÓLICAS
Tema 7. Bases moleculares dalgunhas patoloxías asociadas ao metabolismo de glícidos. Rutas de síntese e degradación do glicóxeno. Glicoxenoses hepáticas e musculares. Glicoxenose tipo I: enfermidade de von Gierke. Glicoxenose tipo VII: enfermidade de Tarui.
Tema 8.- Bases moleculares dalgunhas patoloxías asociadas ao metabolismo de lípidos. Metabolismo das lipoproteínas. Transporte de colesterol no sangue. ApoB100 e ApoB48. Estructura do receptor LDL. Bases bioquímicas da hipercolesterolemia familar: mutacións no receptor LDL.
Tema 9. Bases moleculares dalgunhas patoloxías metabólicas asociadas ao metabolismo de aminoácidos. Metabolismo de aminoácidos. Metabolismo da fenilalanina. Fenilcetonuria: epidemioloxía, historia e clasificación clínica. Bases bioquímicas da fenilcetonuria.
Bibliografía básica:
- Mckee, T. & Mckee, J.R. Bioquímica: las bases moleculares de la vida. 7ª ed., Ed. McGRawHill Interamericana, México, 2020 (versión electrónica)
- Feduchi, E., Romero,C.S., Yáñez, E. & García Hoz, J., Bioquímica: Conceptos esenciales, 3ª ed. Ed. Médica Panamericana. Madrid, 2021 (versión electrónica)
- Nelson, D.L. & Cox, M.M., 2018. Lehninger: Principios de Bioquímica ,7ª ed., Omega, Barcelona.
- Stryer, L., Berg, J.M. & Tymoczko, J.L., 2013. Bioquímicacon aplicaciones clínicas. Ed. Reverté; Barcelona, 2013 (versión electrónica).
- Baynes J.W., Dominiczak M.H., 2019. Bioquímica médica. 5ª ed., Elsevier, Barcelona.
- Liebermans M., Marks A., Peet A. 2018. Bioquímica Médica Básica: un enfoque clínico. 5ª ed., Lippincott.
Bibliografía complementaria:
- Engelkin L.R., 2015. Textbook of Veterinary Physiological Chemistry, 3rd ed., Academic Press, San Diego (versión electrónica).
- Kaneko,J.J, Harvey J.W., Bruss M.L. (eds.). 2007. Clinical biochemistry of domestic animals. 6th ed, Academic Pres, San Diego.
- Rosenthal, M.D. & Glew, R.H., 2009. Medical biochemistry. Human metabolism in health and disease. 1rst ed., Wiley & Sons.
- Alberts, B. et al., 2016. Biología Molecular de la Célula, 6ª ed. Omega, Barcelona.
- Almodóvar-Payá, A. (2020) Preclinical Research in Glycogen Storage Diseases: A Comprehensive Review of Current Animal Models. Int J Mol sci, 21, 9621
- Gabcova-Balaziova, D. et al. (2015) Molecular-genetic aspects of familial hypercholesterolemia. Endocrine Regulations, 49, 164-181
- Gabcova-Balaziova, D. et al. (2015) Molecular-genetic aspects of familial hypercholesterolemia. Endocrine Regulations, 49, 164-181
- Kamar, A. et al. (2021) The Digenic Causality in Familial Hypercholesterolemia: Revising the Genotype–Phenotype Correlations of the Disease. Frontiers in genetics, 11, 1-20
Competencias Básicas:
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedade.
Competencias Xerais:
CG01 - Capacidade de organización e planificación do estudo e a experimentación nas áreas de coñecemento implicadas.
CG02 - Integrar coñecemeentos e enfrontarse á toma de decisións a partir de información científica e técnica.
CG03 - Transmitir os resultados do estudo e a investigación a públicos especializados, académicos e xeralistas.
Competencias Específicas:
CE03 - Desenvolver as destrezas e habilidades no análise xenómico e xenético, e en consello xenético.
CE05 - Adquirir coñecemeentos e habilidades no desenvolvemento do traballo científico nas ciencias da vida, alomenos unha das seguintes áreas de coñecemento: Xenética, Fisioloxía, Anatomía Patolóxica, Medicina Legal e Forense, Produción Animal, Produción Vexetal.
Competencias Transversais:
CT04 - Capacidade para a aprendizaxe e a integración no traballo en equipos multidisciplinares, a cooperación e o compañeirismo, incluíndo o ámbito internacional.
CT07 - Capacidade para elaborar, expoñer e discutir un texto científico-técnico organizado e comprensible.
Tanto as clases expositivas como os seminarios e as titorías individuais impartiranse de xeito presencial para o alumnado do Campus de Lugo; para o alumnado doutros Campus todas as clases impartiranse on-line a través dalgunha plataforma virtual institucional (MS Teams). Para un mellor seguimento das clases o alumnado poderá dispor previamente de material didáctico de apoio, específico para cada tema, a través da aula virtual.
O alumnado deberá realizar, en horas de traballo individual non presencial, un traballo académico sobre un determinado tema proposto polo profesorado da materia, relacionado cos contidos da materia, que será entregado a través da aula virtual para a súa avaliación.
A avaliación farase do seguinte xeito:
1. Avaliación continua: valoración do traballo académico elaborado polo alumno/a sobre un tema proposto polo profesorado da materia (40% da cualificación global).
Valorarase: (1) a calidade do traballo e o rigor da información aportada (fontes bibliográficas empregadas); (2) a claridade e a presentación do texto escrito.
2. Exame final (60% da cualificación global)
Valorarase a capacidade para relacionar, integrar e aplicar os coñecementos adquiridos mediante unha proba escrita con preguntas de resposta aberta. O exame realizarase de forma presencial.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
TEMPO TOTAL DE TRABALLO PARA O ALUMNO/A: 75 horas
1. Clases presenciais e exames: 24 horas, distribuidas do seguinte xeito:
- 16 h clases expositivas
- 3 h seminarios
- 3 h titorías
- 2 h exame
2. Tempo de estudo e traballo persoal: 51 horas, distribuidas do seguinte xeito:
– Estudo individual: 35 horas
– Elaboración de traballos: 16 horas
Jose Antonio Villamarin Cid
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- antonio.villamarin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria De Izaskun Ibarguren Ariceta
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 982822209
- Correo electrónico
- mdeizaskun.ibarguren [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade