Créditos ECTS Créditos ECTS: 8
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 188 Horas de Titorías: 9 Clase Interactiva: 3 Total: 200
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía, Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía, Pedagoxía e Didáctica, Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Psicobioloxía, Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Metodoloxía das Ciencias do Comportamento, Teoría e Historia da Educación, Psiquiatría
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
-Desenvolver a capacidade para elaborar, presentar e defender ante unha comisión de expertos un traballo académico con formato de informe científico que sintetice o conxunto de competencias
desenvolvidas no Máster a través dun traballo específico tutorizado por algún especialista-profesor/a do Máster.
-Desenvolver a habilidade para documentarse, deseñar unha investigación, informar dos resultados dunha intervención e comunicar axeitadamente esta información a unha comisión formada por profesores especialistas do propio do Máster.
Os estudantes consensuarán co titor o tópico ou tema a tratar no seu Traballo de Fin de Máster dentro do seu ámbito disciplinar e temático.
Existen diferentes modalidades de TFM:
-Deseño, Desenvolvemento e Avaliación dun Programa de Intervención orixinal e propio, implementar no centro de Prácticas, e que se diferencia do reflectido no Informe de Prácticas.
-Traballo de Investigación. Realización de actividades de investigación dentro das liñas de investigación ofertadas e tuteladas por algún dos profesores que participan no Programa.
-Deseño dun Programa de Intervención orixinal e propio.
-Proxecto de Investigación.
O TFM preséntase en sesión pública e é avaliado por unha Comisión composta por tres profesores do programa entre os que non se atopa o titor do estudante.
A bibliografía específica de acordo co tema elixido.
BÁSICAS E XERAIS
CG8 - Saber aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problema a ámbitos novos ou pouco coñecidos
dentro dos contextos interdisciplinares relacionados coa Psicogerontología.
CG6 - Saber identificar e formular problemas de investigación no contexto do seu exercicio profesional, e contribuír ao seu
abordaxe de acordo cos métodos, técnicas e procedementos de investigación propios das ciencias da saúde, sociais, e do
comportamento.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos
novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos
especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
TRANSVERSAIS
CT1 - Saber obter, analizar e sintetizar información especializada.
CT3 - Desenvolver as habilidades en manexo de tecnoloxías da información e comunicación.
CT4 - Desenvolver a capacidade de traballo autónomo con capacidade autocrítica.
ESPECÍFICAS
CE2 - Ser capaz de planificar e desenvolver unha avaliación utilizando os instrumentos e técnicas máis convenientes.
CE3 - Ser capaz de interpretar os resultados dunha avaliación e de facer un diagnóstico sobre as persoas e/ou situacións
avaliadas.
CE4 - Saber elaborar informes e comunicar os resultados das avaliacións con diferentes propósitos e para diferentes
destinatarios.
CE5 - Saber planificar e desenvolver programas de intervención seleccionando os obxectivos, os procedementos e os instrumentos
máis apropiados en función das características do problema e do contexto.
CE6 - Saber deseñar e desenvolver programas específicos relacionados coas trastornos psicolóxicos e os problemas sociais máis
frecuentes en persoas maiores.
CE7 - Saber asesorar e intervir no ámbito familiar das persoas maiores tanto sas coma enfermas
CE8 - Saber deseñar e planificar programas de intervención ambiental e social que axuden a mellorar a calidade de vida das
persoas maiores
CE9 - Coñecer os recursos e a organización do sistema de atención sociosanitaria ás persoas maiores.
CE10 - Saber adecuar as actuacións ao marco legal e administrativo correspondente e promover os cambios que se consideren
nesarios para mellorar a atención ás persoas maiores.
CE11 - Saber identificar e formular problemas de investigación e participar no deseño e desenvolvemento de proxectos de investigación
en Psicogerontología.
CE12 - Coñecer, aplicar e interpretar análise de datos aplicada ao estudo do envellecemento.
CE1 - Saber aplicar as teorías sobre o envellecemento na conceptualización dos casos e situacións concretos
Titorías individuais ou en grupo.
Traballo autónomo do alumnado.
A avaliación constará de duas cualificacións:
1) Informe do titor/titora: Ponderación 30% da cualificación final.
2) Cualificación da Comisión Avaliadora: Ponderación 70% da cualificación final.
A Comisión avaliadora terá en conta para a súa cualificación a seguinte ponderación:
A) Presentación escrita ou en soporte electrónico do Traballo Fin de Máster. Ponderación mínima 30% e máxima 60%.
B) Presentación oral do Traballo Fin de Máster. Ponderación mínima 20% e máxima 40%.
1. Análise de fontes documentais: actividades que implican a utilización de documentos audiovisuais e/ou escritos para adquirir coñecemento e elaborar revisións críticas.
Horas de traballo autónomo: 50
2. Preparación de presentacións orais e debate: por medio destas actividades promóvese a organización e elaboración do coñecemento necesario para facer comprensible a información a terceiras persoas dentro do marco xeral dunha interacción comunicativa.
Horas de traballo autónomo: 10
3. Discusión tutorizada individual ou en grupo
Horas presenciais: 15
4. Elaboración do Traballo Fin de Máster
Horas de traballo autónomo: 125
O Traballo Fin de Master debe estar conectado, na medida do posible, cos contidos desenvoltos nas Prácticas Externas
As titorías acordaranse de xeito individualizado entre o alumnado e o profesor/a titor/a académico.